Faite cliente

Seguro de Negocios

Teñas o negocio que teñas, xeraremos un seguro personalizado. Sexas autónomo, pemes ou comercio, protexemos os teus bens, empregados e clientes ante calquera sinistro.

Personalizado

Ofrecémosche un seguro totalmente personalizado e recomendámosche as coberturas que precisas asegurar.

Defensa xurídica

Asistencia legal ilimitada con avogados designados pola compañía para cobertura de danos ou impagos.

Axuda á dixitalización

Con este seguro asesorámoste e axudámoste coa adaptación dixital do teu negocio.

Coberturas ON-OFF

Acende ou apaga as coberturas de Viaxes ou Accidentes desde a App só cando as uses.
Que cobre este seguro de negocios?

Xa sexas un autónomo, unha peme ou un comercio, necesitas un seguro para protexer os teus bens, empregados e clientes ante calquera prexuízo ou sinistro. Así terás a tranquilidade de que o teu negocio poderá seguir funcionando pase o que pase.

Este seguro é completamente personalizable, polo que poderás escoller unha por unha as coberturas que mellor se adapten a ti.


Coberturas XeraisNegocios
Danos básicos: incendio; explosión; fume; fenómenos atmosféricos; inundación; rotura de lúas, cristais e rótulos; danos eléctricos e estéticos…Incluida
Danos por auga: goteiras, escapes, rebentóns, filtracións, roturas, atascos, omisión de peche de chaves ou billas…Incluida
Responsabilidade civil básica: inmobiliaria, locativa e de explotaciónIncluida
Defensa xurídica básica e asistencia xurídica telefónica 24/7Incluida
Asistencia básica: urxencias, vixilancia do negocio, servizo “Manitas”, asistencia informática, axuda á dixitalización, protección dixital…Incluida
Coberturas personalizadas por Actividade*
Danos nos xardínsIncluida
Reposición de arquivosIncluida
Derramo de líquidos distintos á augaIncluida
Bens no campo (equipos de rega)Incluida
Asistencia informáticaIncluida
Avaría equipos electrónicosOpcional
Avaría de maquinariaOpcional
Bens refrixeradosOpcional
Vehículos no garaxeOpcional
Bens en terrazaOpcional
Protección de pagamentos para autónomosOpcional
Coberturas Adicionais
Roubo de mobiliario e obxectos asegurados, danos, roubo de efectivo…Opcional
Responsabilidade civil adicional: patronal, traballos fóra do recinto…Opcional
Protección financeira en caso de paralización da actividade ou desaloxo forzosoOpcional
Defensa xurídica PlusOpcional
Agro: morte, roubo e responsabilidade civil do gando)Opcional
Coberturas ON-OFF
Asistencia en viaxesOpcional
AccidentesOpcional

*Estas coberturas estarán dispoñibles en función da actividade seleccionada.

Acende e apaga coberturas

Poderás apagar e acender algunhas das coberturas complementarias, que vos protexen tanto a ti como aos teus empregados, desde a app de ABANCA, en calquera parte do mundo e para que as teñas dispoñibles só cando realmente as necesites.

  • Asistencia en viaxes. Este seguro cubre as viaxes fóra de España. Inclúe gastos médicos, repatriación por enfermidade, accidente ou falecemento, entre outros.
  • Accidentes. Este seguro cubre o falecemento ou incapacidade a causa dun accidente sufrido durante o desempeño do traballo.
Un seguro de negocios personalizado

Tes dúbidas? Nós respondemos

Dúbidas

Documentación