Que é unha conta bancaria
Quen é o titular dunha conta bancaria?
O titular dunha conta bancaria é a persoa que contrata o produto coa entidade bancaria e que accede aos dereitos e asume as responsabilidades da conta. Pode dispor do diñeiro, realizar ingresos, transferencias e outras operacións. Unha conta pode ter un ou varios titulares, que comparten a xestión dos fondos e dispoñen deles segundo a forma de disposición elixida.
Que é un cotitular e cales son as súas diferenzas co titular?
Un apoderado nunha conta bancaria é a persoa á que un ou varios titulares lle outorgan un poder notarial ao seu favor para realizar certas xestións no seu nome. Porén, non é propietario do diñeiro da conta e as súas facultades están limitadas segundo o establecido polos titulares no poder.
Que é o IBAN e para que se utiliza?
O IBAN é un código formado por 4 caracteres iniciais seguido do número de conta. Utilízase para identificar as contas bancarias a nivel internacional, facilitando as transferencias bancarias entre todos os países da Unión Europea, ademais de Liechtenstein, Noruega, San Marino, Islandia e Suíza. Partes dun IBAN:
- CÓDIGO DO PAÍS: dous números que identifican o país
- DÍXITO DE CONTROL: dous números destinados á validación
- CÓDIGO DE CONTA: inclúe o código do banco, código da sucursal, un código nacional e o número da conta bancaria.
Que son os intereses nunha conta bancaria e como funcionan?
Os intereses nunha conta bancaria son o beneficio que obtés por depositar o teu diñeiro no banco. Calcúlanse aplicando unha porcentaxe ao saldo da túa conta, xerando ganancias periódicas segundo as condicións do contrato.
Que son as comisións bancarias e como afectan á túa conta?
As comisións corresponden ao que che cobra un banco polos servizos que che presta relacionados coa túa conta bancaria. En ABANCA ofrécese a posibilidade de non pagar as principais comisións. Se queres coñecer os requisitos para non pagar esas comisións, consulta o noso Programa Servizos ABANCA.
Cal é a diferenza entre saldo dispoñible e saldo contable?
O saldo dispoñible é o diñeiro que tes na túa conta e que podes utilizar de forma inmediata, mentres que o saldo contable inclúe operacións pendentes de facerse efectivas, como compras ou transferencias.
Que son as transferencias bancarias e como se realizan?
As transferencias bancarias permítenche enviar diñeiro entre contas de distintos bancos. En ABANCA, podes realizalas desde a banca móbil, electrónica ou telefónica. Selecciona a conta, introduce os datos da conta á que queres enviar o diñeiro, os datos do destinatario, o importe e xa poderás realizar a operación.
Que son as domiciliacións e como funcionan?
As domiciliacións son autorizacións para que unha empresa poida presentar ao cobro o custo dun servizo que che estea prestando. Adoitan ser pagos recorrentes, como por exemplo facturas de luz, ximnasio ou internet. En ABANCA, podes xestionalas desde a banca electrónica na lapela Pagos/Domiciliacións ou desde a app de ABANCA en ‘Operar’ > ‘Domiciliacións’.
Que é un descuberto bancario e cales son os seus riscos?
Os descubertos bancarios son aquelas situacións nas que quedas sen diñeiro suficiente na conta e o banco adiántache o diñeiro, coñecido tradicionalmente como “quedar en números vermellos”. Nestes casos, como o banco che permitiu dispor dun diñeiro que non había na conta, poden xerar algúns custos e comisións; o xuro de demora pola cantidade que está en descuberto, e durante o período que permaneza así.
Tamén se adoita cobrar unha comisión por estar en descuberto, e se tardas máis en ingresar o diñeiro e poñer a conta en saldo positivo, cobrarémosche os gastos que se teñan producido intentando recuperar o diñeiro adiantado.
Que é o código BIC/SWIFT e para que serve?
O BIC/SWIFT é o código que nos identifica como entidade ante todos os demais bancos e entidades financeiras do mundo. É un código que deberás facilitar se che van facer unha transferencia desde o estranxeiro. No caso de ABANCA, o código BIC/SWIFT é CAGLESMMXXXSerás redirixido a outro sitio web.
Que é o Fondo de Garantía de Depósitos e como protexe aos clientes?
O Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) garante os depósitos bancarios e os depósitos en valores negociables e instrumentos financeiros, ata un importe máximo de 100.000 euros por titular e entidade.
Se tes máis depósitos, súmanse e o total está suxeito a este límite.