CONTA CLARA: INDICADOR DE RISCO
1/6
Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Conta Xove Sen Nómina e Sen Comisións

Todo o que necesitas, nunha única conta (e gratis)
A Conta Xove Sen Nómina 100% dixital e sen comisións. Leva a tarxeta NX gratis para sacar cartos en todo o mundo e paga co móbil ou con Bizum. Ábrea en minutos e viaxa sen límites!

A conta dixital para estudantes e mozos viaxeiros

Esta conta está deseñada para estudantes e para mozos de entre 18 e 34 anos que aínda non teñen unha nómina. Sen comisións e con todo o que precisas para xestionar os teus cartos e as túas viaxes!

banner-joven-sin-nomina-0tae-gl

Sen comisións
Sen preocupacións

Por ser cliente dixital1 non che cobramos comisión de mantemento nin administración. (0% TAE)

Para as túas viaxes

Tes unha tarxeta de débito Tú NX sen comisión de emisión nin mantemento ata que cumpras 35 anos.

Poderás sacar cartos onde queiras, ata cinco retiradas a débito ao mes en calquera caixeiro do mundo, sen comisións de ABANCA.

Lembra que algúns bancos si poderían cobrarche polo uso do caixeiro.

Paga en calquera parte do mundo, ¡sen comisión por cambio de divisa!

Si, tamén tes Bizum

Actívao na app en segundos e comeza a enviar ou recibir diñeiro en España. Tamén poderás enviar ou recibir diñeiro a Portugal, Italia ou Andorra. Todo desde o teu móbil.

Solicita a túa Conta Xove Sen Nómina en só 10 minutos

O teu DNI ou NIE

E se estás traballando, tamén a túa nómina.

O teu móbil

Enviarémosche notificacións ao teu móbil para completar o proceso de contratación da conta e así poder validalo.

Un vídeo selfie

Ten a cámara activada e listo.

Compartir conta,
duplicar vantaxes

Aquí podedes abrir a conta xuntos, xestionar os cartos a medias e levar as vosas finanzas dunha maneira sinxela.

Descubre todas as nosas contas bancarias

Elixe a conta de ABANCA que mellor se adapta a ti.

Seguridade para o teu diñeiro

O teu diñeiro está onde debe estar: protexido, seguro e baixo o teu control. A nosa tecnoloxía Chave ABANCA engade capas extra de seguridade a cada operación desde a túa app.

Cales son as vantaxes de contratar unha Conta Xove Sen Nómina con ABANCA?

Contratar a Conta Xove Online de ABANCA sen nómina é a opción ideal se buscas xestionar as túas finanzas con total liberdade. É unha boa opción para estudantes, opositores ou mozos que están a dar os seus primeiros pasos no mundo do aforro e queren un banco que lles facilite o camiño.

1. Sen comisións e sen condicións: como funciona?

O principal beneficio desta conta é que ten 0 € de gastos de mantemento e administración sempre que manteñas unha xestión 100% dixital. - É perfecta para o perfil mozo (1834 anos) que aínda non ten unha nómina fixa, pero necesita unha conta operativa en España para recibir transferencias dos seus pais, xestionar os seus aforros ou realizar compras en liña con total seguridade. - Só precisas o teu móbil e conexión a internet para ter o control total, sen necesidade de ir a unha oficina.

2. Tarxeta NX gratis: A túa mellor compañeira de viaxe

A tarxeta NX de débito é, sen dúbida, a vantaxe estrela da Conta Moza.

Podes retirar diñeiro sen comisións en calquera caixeiro de ABANCA e ata 5 retiradas gratis ao mes en calquera caixeiro do mundo (fóra de España). Se vas de Erasmus ou de vacacións a un país con outra moeda, non pagarás nin un euro de comisión por cambio de divisa ao pagar coa túa tarxeta en comercios. É a ferramenta ideal para evitar sorpresas no teu orzamento de viaxe.

Lembra que algúns bancos si poderían cobrarche polo uso do caixeiro.

3. Todo desde o teu móbil con Bizum e pagos NFC

Leva o teu banco no peto cunha das aplicacións mellor valoradas do sector. - Pagos áxiles: Activa Bizum para enviar cartos aos teus amigos ao instante (ideal para pagar ceas a medias ou agasallos compartidos) e paga con total comodidade usando o móbil a través de Apple Pay ou Google Pay. - Xestión de contratos: ¿Precisas contratar un produto adicional? Podes facelo mediante sinatura dixital desde a mesma App, con validez legal.

4. Transferencias bancarias estándar gratuítas

Realiza transferencias SEPA online non urxentes, dentro da zona euro, sen pagar comisións.

Poderás mover o teu diñeiro entre contas ou pagar o alugueiro do teu piso compartido de forma doada, rápida e segura desde a banca electrónica ou a App, programando incluso pagos periódicos para que non esquezas ningunha data clave.

5. Produtos e servizos asociados para o teu futuro

Ser cliente da Conta Moza Sen Nómina ábreche as portas a outros beneficios de ABANCA: - Seguros para mozos: Acceso a seguros antifraude gratuítos, para protexerte en caso de uso malicioso da túa tarxeta. - Onde nos necesites: Se nalgún momento precisas dar un paso máis (como pedir o teu primeiro préstamo), podes acudir ás nosas máis de 900 oficinas para recibir atención personalizada.

¿Tes preguntas? Nós respostas

Dúbidas

Documentación

No blog

Para poder contratar a Conta Online Xove só tes que ser maior de idade, vivir en España e ser menor de 35 anos. Se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA.

(1) Como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica. Se vemos que vas ás nosas oficinas a realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer dende os nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis dende a túa app) durante dous meses seguidos, a túa Conta Online Xove pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si ten comisións de administración e mantemento, e terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.

Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén cho explicamos. ¿E cando cumpras os 35? Todo seguirá igual, simplemente a túa tarxeta xa non será a Tú NX, terás outras opcións.

No pack da Conta Online Xove tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo en 12 mensualidades idénticas, sen intereses nin comisións (TIN 0%, 0% TAE). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa tarifa plana seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Polo tanto, o importe total adebedado sería 420€. Sen comisións, TIN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGGVer ficheiro PDF .