A túa hipoteca a tipo fixo, durante os primeiros 5 anos
Esquécete de se os xuros soben ou baixan durante os primeiros 5 anos da túa hipoteca coa Hipoteca Mixta de ABANCA. E sempre cun xestor persoal ao teu carón. Simula agora a cotaSerás redirixido a outro sitio web.
Sen | |
|---|---|
| Característica | Porcentaje |
| 5 primeiros anos TXN | 3,05% |
| Resto de periodos Euríbor a un ano* | +1,60% |
| TAEVariable | 4,69% |
| A 25 anos | |
Máxima | |
|---|---|
| Característica | Porcentaje |
| 5 primeiros anos TXN | 2,05% |
| Resto de periodos Euríbor a un ano* | +0,60% |
| TAEVariable | 5,35% |
| A 25 anos | |
*Euríbor a un ano revisable anualmente.
Características da Hipoteca Mixta de ABANCA
Queres mellorar as condicións da túa Hipoteca Mixta?
Unha hipoteca adoita vincular unha persoa co seu banco durante moitos anos, por iso a nosa Hipoteca Mixta ten diferentes prezos en función dos produtos que contrates de forma combinada. Se tes máis produtos de ABANCA, poderemos ofrecerche un mellor prezo.
O tipo de xuro inicial desta hipoteca mixta, sen ningunha bonificación, é fixo durante os primeiros 5 anos e variable o resto da vida do contrato: TIN 3,05 % os 5 primeiros anos ¦ Euríbor a un ano +1,60% o resto ¦ TAEVariable 4,69%.

Pero podes rebaixar o tipo de xuro da hipoteca ata un 1 % a partir do mes 12, se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que o bonifican: TIN 2,05 % 5 primeiros anos ¦ Euríbor a un ano +0,60% resto ¦ TAEVariable 5,35%.
Non é obrigatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos pola hipoteca.
A bonificación máxima é do 1%, polo que poderás escoller entre os seguintes produtos:
Dependendo da cantidade que ingreses terás unha bonificación distinta:
- Por ingreso recorrente de 800 € ao mes ou máis e ata 2500 € (nun único apuntamento), ou se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do 0,20%.
- Por ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do 0,40%. Tamén poderás obter esta bonificación se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo) e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € na conta.
- Por ingreso recorrente superior a 800 € ao mes (nun único apuntamento) e contratación dun seguro de protección de pagamentos comercializado a través de ABANCA, polo saldo do que che resta do préstamo, terás unha bonificación do 0,40%. Ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e unha prima anual a partir do ano 6 de 720€.
Comercializados a través de ABANCA a nome dos titulares que garantan o 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión: bonificación do 0,30%. O importe desta prima única calculouse para un prestatario de 30 anos e un capital de 150.000€. Será de 3.355,12€ e o custo estimado da prima de renovación anual será de 350,66 €.
Se contratas un seguro de fogar todo risco construción comercializado a través de ABANCA asociado á hipoteca e que teña unha cobertura polo menos igual ao maior dos valores de taxación para os efectos do seguro, manterás unha bonificación del 0,20%. Prima anual de 314€ cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido (no caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).
Se realizas 36 compras ao ano ou mercas con ela por un importe de, polo menos, 3000 € ao ano terás unha bonificación do 0,10%. A comisión de mantemento anual da tarxeta é de 43 € e o primeiro ano é gratuíta. A concesión desta tarxeta está suxeita á análise de riscos de ABANCA.
Por achegas / traspaso de polo menos 1500€ nos últimos 12 meses naturais a Plans de Pensións individuais comercializados en ABANCA ou por dereitos consolidados de polo menos 5000€, manterás unha bonificación do 0,10%
Se contratas Fondos de investimento comercializados a través de ABANCA cun valor liquidativo igual ou superior a 100 000 €, manterás unha bonificación do 0,10%.
Pola contratación dun sistema de alarma comercializado a través de ABANCA con domiciliación das cotas nunha conta da Entidade, manterás unha bonificación do 0,10%.
Lembra que revisaremos anualmente o cumprimento das bonificacións e que a partir do sexto ano o tipo de xuro da túa hipoteca variará en función das oscilacións do euríbor a un ano. Debes ter en conta que no caso dos seguros de pagamentos protexidos ou de vida que che poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca, existen limitacións de idade. Podes atopar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina; tamén podes revisar as Condicións Xerais do contrato.
| Produto / Servizo | Condición para a bonificación | Bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nómina o Seguros Sociais | Domicilia un ingreso recorrente de entre 800 € e 2.500 €/mes (apuntamentos único) ou domicilia Seguros Sociais sen importe mínimo. | 0,20% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ingresos | Domicilia un ingreso único de +2.500 €/mes ou de +3.500 €/mes (en varios apuntamentos). | 0,40% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ingreso recorrente + Protección | Domicilia un ingreso de +800 €/mes e un Seguro de Protección de Pagos comercializado a través de ABANCA polo saldo restante do préstamo. | 0,40% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguros Sociais | Domicilia os teus seguros sociais (sen importe mínimo) e mantén un saldo medio anual de 2.000 € na túa conta. | 0,40% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguro de Vida | Contrata un seguro de vida Comercializado por ABANCA con cobertura del 100% del saldo pendiente. | 0,30% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguro de Fogar | Contrata un seguro de fogar ou todo risco construción comercializado a través de ABANCA asociado á hipoteca e que teña unha cobertura polo menos igual ao maior dos valores de taxación a efectos do seguro. | 0,20% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarxeta de Crédito | Realiza 36 compras anuais ou un gasto de 3.000 €/ano. A concesión desta tarxeta está suxeita á análise de riscos de ABANCA. | 0,10% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Plans de Pensións | Aporta ou traspasa polo menos 1.500 € nos últimos 12 meses naturais a plans de pensións individuais comercializados a través de ABANCA ou dereitos consolidados de polo menos 5.000 €. | 0,10% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fondos de Inversión | Mantén un valor liquidativo igual ou superior a 100.000 € en fondos comercializados a través d'ABANCA. | 0,10% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sistema de Alarma | Contrata un servizo de alarma comercializado a través de ABANCA con cotas domiciliadas na entidade. | 0,10% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Financia ata o 80% da hipoteca, ata en 30 anos
Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores:
- o valor de taxación da vivenda que se vai hipotecar
- o prezo da compravenda
Por exemplo, se a vivenda che custa 200.000 € pero o valor de taxación actualizado é de 187.500 €, só poderás solicitar como máximo o 80% deste segundo valor, por ser o menor. Ou sexa, ata 150.000€.

O prazo máximo é de 30 anos se tes menos de 45 anos. Se a túa idade é superior, o prazo terá que ser máis curto porque deberás acabar de pagar a hipoteca antes de faceres os 75 anos. Se queres terminar de pagar a hipoteca antes do prazo pactado, poderás amortizala total ou parcialmente.
Comisión de apertura, modificación e reembolso anticipado
Con esta hipoteca mixta, non pagarás comisión de apertura nin por modificación contractual. Do único do que te tes que preocupar é de elixir a túa nova casa e de seleccionar os prazos nos que queres pagala. E se queres rematar de pagar a túa hipoteca antes do prazo pactado, poderás amortizala total ou parcialmente cun custo máximo do 2% do capital reembolsado durante os 5 primeiros anos (só no caso de que exista perda financeira para a entidade e, en ningún caso, dita comisión poderá exceder o importe desa perda).
Amosámosche un exemplo representativo do que che correspondería pagar.
Fixemos as contas por ti, amosámosche o que che correspondería pagar cunha Hipoteca Mixta e as diferenzas entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Lembra que estas tarifas só son válidas ata o 30 de novembro e se pides cita a través desta web.
| Exemplo representativo Hipoteca mixta | Sen bonificar | Máxima bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Importe | 150.000€ | 150.000€ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Prazo | 25 anos | 25 anos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| TAEVariable aplicable ao empréstito | 4,69% (2) | 5,35% (1) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo de xuro inicial 12 meses | 3,05 % | 2,05 % | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cota durante os 12 primeiros meses | 715,22€(2)(3) | 639,44€(1)(3) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo de xuro resto prazo | 4,84 % (Euríbor a un ano + 1,60 %) | 3,84 % (Euríbor a un año + 0,60 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cota a partir del mes 12 | 835,89 €(2)(3) | 751,76 € (1)(3) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Última cota | 836,98 €(2)(3) | 750,66 (1)(3) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xuros | 93.527,89 € | 68.787,70 € | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Comisiones y gastos | 12.186,38 € | 51.381,12 € | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Custo total do empréstito en termos absolutos | 255.714,27 € (2) | 270.168,82 € (1) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Importe total adeudado | 105.714,27 € (2) | 120.168,82 €(1) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(1) Para calcular a TAEVariable, o importe das cotas, o custo total do préstamo e o importe total adebedado, calculáronse baixo o suposto de formalización da hipoteca o primeiro día do mes de entrega da presente documentación, e tendo en conta o tipo fixo inicial dos primeiros cinco anos do 2,05% e o tipo do 3,84% para o resto dos períodos (suma do Euribor a un ano (3,239% segundo referencia publicada no BOE de data 04-11-2026) + a marxe do 0,60%, ao non ser o tipo fixo inicial superior ao do período variable. (3) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante). A cota mensual (C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula: C= P*(i/(1-(1+ i)-n)). Onde "P" é o capital pendente do préstamo; "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o tipo de xuro anual (TIN) entre 12 (número de cotas ao ano); e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo. O importe da cota arredóndase ao segundo decimal. A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver). Para calcular os xuros "I" de cada cota utilízase a seguinte fórmula: I = P * i. Onde "P" é o capital pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TIN) entre 12 (número de cotas ao ano). O importe dos xuros arredóndase ao segundo decimal. Para calcular o importe que corresponde á amortización de capital "A", teremos que restar á cota "C", o importe dos xuros "I"; coa fórmula: A = C - I. Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Queres saber como calculamos a TAEVariable nestes exemplos representativos?
Para el cálculo de la TAEVariable sen e con bonificación incluíronse os custes a cargo de prestameiro e os compromisos que mostramos na seguinte táboa. Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os productos indicados.
| Comisións, compromisos e gastos incluídos na TAEVariable | Sen bonificar | Máxima bonificación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Comisión de mantemento da conta asociada | 40€ trimestrais | 40€ trimestrais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Taxación (inclúe IVE, 21%) | 318,23 € | 318,23 € | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nota simple (inclúe IVE, 21%) | 18,15€ | 18,15€ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguro de danos (4) Seguro de fogar en máxima bonificación(5) | 314€ | 314€ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nómina domiciliada | - | mínimo 800€/mes nun apunte (6) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguro de Proteción de Pagos (7) | - | 5 primeiros anos 3.260,72€ prima única A partir do ano 6, 720€ prima anual | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Alarma | - | coste de instalación 49€ y cuota mensual de 42,90€ (8) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Seguro de vida | - | Prima única 10 anos 3.355,12 €. Renovación anual350,66 € (9) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(4) Como ABANCA non comercializa seguros de danos que só cubran os riscos indicados pola normativa do mercado hipotecario, para calcular o custo do devandito produto simulouse un seguro de fogar (que é o máis similar ao de danos, pero incluíndo maiores coberturas). O devandito importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a subscrición durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. Non é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo cunha compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do diferencial se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca. (5) Seguro de fogar do inmoble hipotecado cuns capitais de 150.000€ de continente e 12.000€ de contido (en caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben). (6) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina aplicarase tamén a calquera ingreso recorrente, sempre e cando se respecten os importes mínimos esixidos. (7) Contratación dun seguro de protección de pagamentos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 66 anos e 6 meses). Os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única os 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata o vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e para efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagamentos de prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e a partir do ano 6 con renovación anual cunha prima de 720€. (8) Contratación e mantemento dun sistema de Alarma comercializado a través da ENTIDADE e cuxo prestador de servizos sexa Sector Alarm, sempre e cando as cotas que se vaian pagar por ese servizo estean domiciliadas (e non sexan devoltas) nalgunha conta aberta na ENTIDADE a nome dalgún dos prestatarios.. (9) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA, (sendo a idade máxima de contratación de 65 anos e 6 meses para a modalidade de prima anual e estando limitada a contratación da modalidade de prima única a que o prestatario non supere ao termo desta os 70 anos, establecéndose para ambas as modalidades a idade máxima de renovación nos 69 anos e 6 meses.) asociado ao préstamo (bonificación do 0,30%) que cubra o 100% do saldo pendente. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i) renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8, ou 10 anos. Para efectos informativos, simúlase un seguro de vida de prima única 10 anos e renovación anual, para un prestatario de 30 anos de idade, e a cal permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar o custo do seguro en cada renovación, con motivo de que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…). O custo desta prima única, calculado para un capital de 150 000 €, será de 3.355,12 € (prazo hipoteca 25 anos), e de 3.484,54 € (prazo hipoteca 30 anos), e o custo da prima de renovación anual estimada será de 350,66€ Se o prestatario non puidese contratar os seguros indicados ou, durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados, poderá alcanzar a máxima bonificación mediante a contratación de produtos alternativos anteriormente indicados, que compensen a redución do tipo de xuro non aplicada polos seguros. A TAE Variable verase modificada respecto da simulada, xa que non se terán en conta os custos das primas dos seguros non contratados nin a bonificación aplicable aos devanditos seguros, senón os custos e bonificacións correspondentes aos produtos substitutivos elixidos. O Prestatario deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada a este na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagamentos aos que veña obrigado, derivados do devandito contrato. A TAEVariable sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que a ENTIDADE e o Prestatario cumprirán as súas obrigas nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatario poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo, e (v) os índices de referencia non varían; polo tanto, esta TAEVariable variará coas revisións do tipo de xuro. A TAEVariable con bonificación, ademais, tamén poderá variar por aplicación das bonificacións. Para obter a bonificación indicada, os seguros teñen que ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA Mediación, Operador de Banca-Seguros Vinculado, S.L., (NIF B70049630, Avenida da Mariña 1, 4ª planta, A Coruña). Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña (tomo 3321, folio 64, inscrición 29ª, folla C-38698) e no rexistro da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (OV-0044). Cumpre coa normativa de seguros e dispón de seguro de responsabilidade civil. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros de abanca.com. Non se incluíron no cálculo da TAEVariable os seguintes custos a cargo de ABANCA: (i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría, (ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade, (iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente, (iv) o pagamento do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pagamento do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando o devandito gasto deba ser asumido con base na normativa. Todo o anterior non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca mixta. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras. Ademais, ten en conta, por favor, que as condicións deste produto son só válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonio en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas, pesos mexicanos, coroas suecas, coroas norueguesas ou coroas danesas declarados no momento do estudo do préstamo. Ademais o importe dos devanditos ingresos para un único titular debe ser superior a 2.000€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente) e se son dous titulares, o importe mínimo de 3.200€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente); sempre e cando a contratación sexa a través desta web. Se o que estás buscando é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Preguntas frecuentes sobre a Hipoteca Mixta de ABANCA
Dúbidas
É un préstamo hipotecario que se divide en dous tramos:
- Tramo fixo (5 primeiros anos): protexiéndote dos cambios do Euríbor a un ano. A partir do mes 12 revísanse e aplícanse, se é o caso, bonificacións.
- Tramo variable (resto do prazo): o xuro da túa hipoteca calcúlase sumando un diferencial fixo a un índice de referencia (normalmente o Euríbor a un ano). Nesta fase, a túa cota pode subir ou baixar anualmente segundo evolucione este indicador.
É unha boa opción se buscas protexerte das subidas de tipos ao principio do teu préstamo, pero queres optar a posibles baixadas no futuro (asumindo que neste tramo existe risco de posibles subidas). Ademais, en ABANCA ofrecémosche a posibilidade de reducir o tipo de xuro ata nun 1% se, por exemplo, domicilias a túa nómina ou contratas outros servizos con nós.
Combina a certeza dun xuro fixo os primeiros 5 anos coa flexibilidade posterior do tipo variable. A partir do mes 12 podes obter unha bonificación de ata o 1% no diferencial do teu tipo de xuro seleccionando os produtos que mellor se adapten a ti, como seguros ou domiciliación de ingresos. Ten en conta que a contratación destes produtos é opcional e conleva un custo que afectará á TAE da túa hipoteca. Non aplicamos comisión de apertura.
Podes facelo de tres formas: a través da nosa web, en calquera oficina ABANCA ou chamándonos directamente por teléfono.
Coa Hipoteca Mixta de ABANCA, dispós dun tipo fixo durante os 5 primeiros anos.
Na Hipoteca Mixta , pódense chegar a aplicar bonificacións para reducir o tipo de xuro a partir dos 12 primeiros meses se contratas con ABANCA determinados produtos ou servizos.
En ABANCA traballamos para darche unha resposta sobre a viabilidade da túa Hipoteca Mixta coa maior brevidade. Unha vez recibida toda a documentación necesaria, solemos emitir unha análise de riscos inicial nun prazo estimado de entre 10 e 15 días hábiles. O prazo final de formalización dependerá da complexidade da operación e dos trámites externos necesarios (como a taxación).
Esta modalidade está deseñada para solicitantes que valoran a planificación financeira. Soido encaixar con persoas que:
- Prefiren certidume a curto prazo: Buscan unha cota fixa sen variacións durante os primeiros 5 anos.
- Contan cunha base de aforro: Dispoñen de aproximadamente o 30% do valor do inmoble para cubrir a entrada (20% non financiado) e os gastos de formalización e impostos (10% estimado).
- Aceptan a variabilidade futura: Entenden que, tras o período fixo, a súa cota axustarase á evolución do mercado.
Coa Hipoteca Mixta , planificas a túa economía a curto prazo cun xuro fixo durante os primeiros 5 anos. Finalizado este período, o préstamo actualízase a tipo variable (Euríbor a un ano + diferencial). Esta estrutura ofréceche previsibilidade inicial e a posibilidade de seguir a evolución do mercado no futuro, asumindo tanto as baixadas como as subas que experimente o Euríbor.

