Pensa nos que máis pensan en ti
O noso seguro de vida está feito á medida, calculamos o capital recomendado tendo en conta todas as futuras necesidades e proxectos da túa familia. Ademais, ti decides se necesitas un extra de protección en caso de accidentes, poderás acender e apagar esta cobertura cando queiras. Porque queremos axudarche a protexer os que máis pensan en ti.
Estarás protexido ante unha enfermidade grave ou unha incapacidade permanente absoluta, e axudarémosche a manter o nivel de vida ou facerlles fronte aos gastos necesarios para que a túa nova situación sexa máis levadía.
E, en caso de falecemento, a túa familia, ou o beneficiario que elixas, poderá seguir levando a cabo todos aqueles plans que fixo: estudos dos teus fillos, pagamento das débedas…

Todo o que necesitas no teu seguro de vida e máis coberturas opcionais
Nosos Seguro de vida de ABANCA permíteche elixir as opcións que máis se adaptan ás túas necesidades e ás dos que máis queres:
Básicas
- Falecemento por calquera causa
- Anticipo do capital por falecemento para a liquidación do imposto de sucesións
- Cancelación das cotas pendentes da Tarifa Plana, saldos das tarxetas de crédito e descubertos. Ata 3000€
- Segunda opinión e xestión médica
Opcionais
- Falecemento por accidente
- Incapacidade permanente e absoluta
- Incapacidade permanente e absoluta por accidente
- Enfermidades graves
- Cancro de mama
- Falecemento accidental
Que capital deberías asegurar?
Axudarémosche a calcular o capital que deberías asegurar para a tranquilidade da túa familia. Variará en función da túa situación actual e dalgunhas variables coma se tes fillos estudando, ti xeras a maior parte de ingresos a familiares, ou se tes algún tipo de préstamo persoal. Un dos nosos xestores especializados, estarache a esperar na túa oficina ABANCA máis próxima para estudar cal é a mellor solución para ti. Ademais, cuantos máis anos contrates o teu seguro, poderémosche ofrecer un prezo máis competitivo.

Tes fillos estudando

Xeras a maior parte dos ingresos familiares

Tes unha hipoteca ou algún préstamo persoal
Contrata agora o seguro e levate 30€
Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2025 ou 2026 e contratas o teu Seguro de Vida ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2026, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!

Paga o teu seguro mes a mes
Agrupa o pagamento dos seguros nun único recibo coa Tarifa Plana Seguros. Aínda que teñas un ou varios, poderalos pagar mes a mes sen xuros nin comisións (0% TAE, 0% TIN).
Por exemplo, se as primas anuais dos teus seguros suman 1500 €, pagarás doce cotas mensuais de 125 €. O importe total debido serían 1500 €. Poderás aforrar ata un 7% e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagamentos ao ano.

Este é un seguro como ti o farías
Todos os seguros de ABANCA Seguros son así, coma se cada persoa fixese o seu propio. Para que atopes xusto o seguro que necesitas.

Suxeito ás condicións de subscrición da entidade aseguradora.
En canto á cobertura ON-OFF, poderás activala e desactivala segundo a necesites. O custo non se imputará cando a teñas apagada. Pódese activar e desactivar desde a túa app de ABANCA. Paga só polos días nos que o seguro estea activado, con facturación mensual.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Aseguradora: ABANCA VIDA E PENSIÓNS DE SEGUROS E REASEGUROS S.A. (SOCIEDADE UNIPERSONAL) CIF: A-15140387. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 607 do arquivo, libro 335, sección 3ª, folio 123, folla 3694, inscrición 1ª. Domicilio social: Avenida da Mariña 1, 3ª planta, 15001, A Coruña.
O mediador conta con Seguro de Responsabilidade Civil e a Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Podes consultar as condicións xerais do seguro aquíVer ficheiro PDF ou en calquera oficina de ABANCA.
Sobre a Tarifa Plana Seguros. Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente comercializados por ABANCA pertencentes ás seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizadas con ABANCA nin os seguros de protección de pagos. Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana SegurosVer ficheiro PDF. Aseguradora: ABANCA VIDA E PENSIÓNS DE SEGUROS E REASEGUROS S.A. (SOCIEDADE UNIPERSONAL) CIF: A-15140387. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 607 do arquivo, libro 335, sección 39, folio 123, folla 3694, inscrición 19. Domicilio social: Avenida da Mariña 1, 32 planta, 15001, A Coruña.
Detalles da promoción Promoción válida para as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026. Aceptación de ingreso na conta asociada á Tarifa Plana por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2025 e 2026 que contraten un novo seguro das modalidades Fogar non combinado, Saúde, Coche, Vida risco non combinado, Decesos prima periódica, Accidentes e Seguro de Negocios e o domicilien na Tarifa Plana Seguros. É necesario que o tomador sexa persoa física, residente en España, e que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, se é o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Solicita a promoción en calquera das nosas 700 oficinas.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Dúbidas
Se a persoa falecida tiña contratado un dos nosos Seguros de Vida, debes presentarnos:
- DNI do falecido.
- DNI dos beneficiarios.
- Fe de vida, se hai un segundo asegurado.
- Libro de Familia.
- No caso de falecemento por enfermidade: historia clínica que recolla as causas do falecemento, a data de diagnóstico da enfermidade e evolución da mesma, así como os antecedentes persoais e datas de diagnóstico de calquera enfermidade relacionada.
- No caso de falecemento por mor dun accidente:
- Atestado sobre as causas do accidente.
- Accións seguidas polo xulgado ou policía.
- Informe forense.
No caso de que a información médica achegada non sexa suficientemente detallada, cabe a posibilidade de que o beneficiario teña que achegar máis documentación que será indicada oportunamente pola oficina.
