Banca Personal
Servizo personalizado
Estaremos dispoñibles sempre que o necesites para ofrecerche a nosa mellor solución en canto a estratexias de investimento en función das túas necesidades individuais . E, grazas ao noso amplo coñecemento dos mercados, informarémoste sobre os distintos produtos financeiros que máis se axustan a ti.

Xestores e asesores de Banca persoal
Poñemos ao teu dispor un grupo de expertos profesionais con experiencia e formación, con máis de 350 xestores e asesores acreditados, cos que compartir as túas necesidades específicas e as características do teu patrimonio, ofrecendo un trato diferencial e unha ampla gama de produtos e servizos. Poderás contar cun asesor ou xestor persoal, cunha ampla experiencia en mercados financeiros, produtos e fiscalidade. Ademais, disporás dun horario de atención especial para responder as túas necesidades.
Atención e información financeira e fiscal
Estaremos dispoñibles sempre que o necesites para ofrecerche a nosa mellor solución cando o requiras. Estamos especializados en proporcionar as mellores estratexias de investimento para cada cliente sobre a base do coñecemento das túas necesidades individuais e o amplo coñecemento dos mercados. Ademais, informarémosche con detalle sobre a tributación dos distintos produtos financieiros.
Información integral
Información de posición global: información periódica resumida de todas as túas relacións con ABANCA de forma fácil e sinxela a través dun único extracto integrado.
Información patrimonial: en caso de que se che asignase un asesor persoal, a nosa forma de análise e a nosa aplicación tecnolóxica permítennos ofrecherche un informe integral dos teus investimentos cunha análise exhaustiva da evolución e o rendemento da túa carteira.
Información mensual de mercados.
Productos persoais
ABANCA Persoal é unha forma de entender a banca onde a persoa é o primeiro. É unha banca especial para un cliente especial, que ofrece un mundo de produtos e vantaxes exclusivas. Máis persoais.

Xestión diaria persoal
Conta Premium Banca Persoal con condicións especiais.
Tarxeta de crédito de Banca Persoal, deseñada especificamente con condicións de acceso e mantemento personalizadas.
Produtos de investimento
Fondos de investimento. Permiten diversificar o risco, a liquidez e o acceso a calquera mercado e estilo de investimento. Con dispoñibilidade de fondos perfilados e dunha selección de fondos de marca propia e de xestoras internacionais, baseada nunha xestión profesional e multidisciplinar.
ETFs. Acceso ao importante mundo de ETFs cotizados, cunha grande variedade de oferta de activos.
Renda variable. Acceso á máis ampla oferta de títulos de distintos mercados mundiais, incluída unha escolma de activos nos principais mercados, adaptada ao segmento.
Renda fixa. Selección de títulos de débeda pública e renda fixa privada, de diversos mercados, ademais de información completa e detallada de cada título para facilitar a túa toma de decisións e o seguimento do investimento en todo momento.
Depósitos estruturados e contratos financeiros atípicos. Oferta específica para o segmento que permite establecer un perfil de rendibilidade e risco, cunha remuneración vencellado a un ou varios activos, coa opción de asumires posicións de maior ou menor risco.

Seguros e plans de pensións
Todo un amplo catálogo especializado en ofrecer xusto o que clientes coma ti precisan. Diversa oferta de plans de pensións individuais e extenso catálogo de seguros de variada tipoloxía (vida, fogar, vehículos, saúde, e outros como asistencia en viaxe, responsabilidade civil, retirada de carné etc.).

Tarifa plana de valores
Poderás realizar as operacións de compra-venda de valores a través do broker online ABANCASerás redirixido a outro sitio web de forma cómoda e sinxela e con condicións moi vantaxosas.

Solucións de finanzamento
Especialmente adapadas ás túas necesidades. Con produtos como conta de crédito ABANCA, a Hipoteca Mari Carmen a tipo fixo e variable, o Préstamo Persoal 24 horas, etc., axustados ás túas circunstancias personais e condicións premium.
Vehículos de investimento
A nosa experiencia permítenos ofrecerche diferentes alternativas para que elixas o produto que mellor se che adapta.

Xestión delegada
Sexas un investidor principiante ou avanzado, podes delegar o 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento no noso equipo de expertos. Se che interesa saber máis, nesta mesma web contámosche todo sobre Alpha360, o noso modelo de investimento.
Xestión perfilada
Estratexias específicas para cada un dos fondos. Xestión activa. Distinguimos catro perfís de risco dos fondos:
- Conservador
- Moderado
- Decisivo
- Agresivo
Construción de carteiras
Cando queiras que che axudemos a construir a túa carteira, buscaremos maximizar a ratio redibilidade/risco, minimizando o risco nos perfís máis defensivos (conservador e moderado) e maximizando a rendibilidade cunha maior asunción de risco nos máis arriscados (decidido e agresivo).
Proceso de xestión con asesores
No caso de que se che asignase un asesor de Banca Persoal, este buscará ofrecerche o mellor servizo, con eficacia e iniciativa, articulando unha estratexia onde te acompañamos ao longo de todo o proceso de forma que garanta un asesoramento planificado adaptado ao seu perfil e necesidades, ao momento de mercado, e ferramentas e información de seguimento e control. Todo co obxectivo dunha correcta optimización do teu patrimonio coa máxima calidade.

Tecnoloxía e innovación
ABANCA Persoal tamén é innovación. O uso das novas canles e o fluxo de comunicación e información cos nosos clientes é parte do noso ADN.
E non só pensamos nas tecnoloxías de hoxe, senón que estamos a traballar continuamente nas do futuro, porque o futuro hoxe constrúese cada día. E os nosos clientes son parte del.
Coa banca móbil de ABANCA, unha das mellor valoradas do mercado, poderás realizar todas as xestións cando e onde queiras.








