
App de banca móbil,
o banco no peto
A forma máis cómoda e segura de xestionar o teu diñeiro desde onde queiras.
-
Extrasegura, e gratis!
Para o teu día a día: contas, gastos, ingresos, investimentos…
-
Bizum integrado
Envía diñeiro de móbil a móbil. Ao instante!
-
Aforra tempo
Garda as túas operacións e destinatarios frecuentes.
-
Personalización
Edita o nome e a cor das túas contas.
-
As túas compras
Controla os teus gastos e fracciona compras ao teu ritmo.
-
Asina a distancia
Asina contratos desde onde queiras, cun clic.
Controla as túas finanzas de forma segura

Alertas instantáneas
Avisarémoste, por exemplo, cando che ingresen a nómina ou cando fagas certas compras.
Acceso biométrico
Configura o acceso ás túas contas a través da túa pegada ou con recoñecemento facial.
Informe de gastos
Comproba en que gastas o diñeiro cos informes personalizados das túas compras con tarxeta.
Apaga e acende as túas tarxetas
Se perdes a tarxeta ou a queres bloquear durante un tempo, podes apagala desde o móbil.
Bloquea a túa tarxeta e pide un duplicado
Tamén podes bloquear a tarxeta de forma permanente e pedir un duplicado desde a app.
Activa a tarxeta e solicita o PIN
Poderás activar a nova tarxeta nun clic e solicitar o PIN ao momento.
-
Bizum: envía diñeiro de móbil a móbil, paga online…Na app de ABANCA tes as funcionalidades de Bizum. Se levas móbil, levas diñeiro!
- Envía e recibe diñeiro de móbil a móbil
- Paga as túas compras online con Bizum
- Fai doazóns a ONG e asociacións
-
Tarxetas virtuais, un medio seguro para mercar por internet
Dáche reparo dar o número da tarxeta cando mercas en internet? Para evitar esta situación desenvolvemos as tarxetas virtuais.
Facilitarémosche os mesmos datos que ten calquera outra tarxeta e que son os que deberás usar cando fagas a compra online: número de tarxeta, data de caducidade e código de seguridade (CVV).
Paga co móbil alá onde vaias
-
Apraza as compras nun clicDesde a banca móbil poderás pagar a prazos as compras que realices coa túa tarxeta de crédito, tanto en tendas físicas coma online.
Abre a túa app de ABANCA, selecciona o pagamento que queiras aprazar e elixe o prazo que máis che conveña.
-
Paga os recibos cunha foto
Coa app de ABANCA poderás pagar os recibos non domiciliados (e tamén as multas) dunha forma moi sinxela. Abre a banca móbil, tíralle unha fotografía ao recibo que queiras pagar ou devolver, e listo! Esquece cubrir formularios e aforra tempo.
Tamén poderás devolver un recibo, dar de baixa as domiciliacións e descargar os xustificantes do pagamento dos recibos.
Asina desde o móbil onde queira que esteas
A app de ABANCA tamén che permite asinar os contratos de moitos produtos financeiros directamente desde o móbil, mesmo se sodes varios titulares. Contas, préstamos, seguros, tarxetas… Pregúntalle ao teu xestor durante a contratación.
Recibirás no móbil unha notificación da app de ABANCA (é importante que teñas as notificacións activadas!) indicando que dispós de documentación para asinar. Así, poderás finalizar a contratación en calquera momento e en calquera parte.
E moito máis!
-
Retira diñeiro
Saca diñeiro nun caixeiro co teu móbil.
-
Os teus seguros
Apaga e acende as coberturas ON-OFF ou avisa dun sinistro.
-
Bróker online
Buscar fondos, merca e vende accións…
-
Xustificantes
Certificados de titularidade, de transferencias e máis!
-
Límites de gasto
Configura os límites das túas compras e retiradas en caixeiros.
-
Valida compras
Confirma a túa identidade desde o móbil en compras online.
Para saber máis...
dúbidas
-
Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta?
Non, non te preocupes. Lembra que para acceder á app de ABANCA é necesario un PIN. Terían que atopar o teu móbil e ademais ter o PIN de acceso. De todos os xeitos avísanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), e na opción de 'Tarxetas', un servizo 24 horas, tamén che bloqueamos as claves de banca a distancia.
Sempre poderás instalala outra vez cando che apareza o móbil, ou cando te compres un novo. Ah, e sentimos que o perderas :(
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG