Envía diñeiro de móbil a móbil
Con Bizum podes enviar e recibir diñeiro entre particulares usando só o número de móbil.
A persoa á que lle estás enviando o diñeiro recibirao ao instante, sen esperas.

Paga en milleiros de tendas en liña
O teu móbil é o único que necesitas para pagar nas túas tendas en liña favoritas.
Escolle a opción de Pagar con Bizum, introduce o teu número de teléfono, valida a operación, e listo!

E moito máis
Sexa para todas as túas compras ou para os teus gastos individuais.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Dúbidas
Mostrámosche como facer un Bizum de forma clara e sinxela desde a app de ABANCA.
- Selecciona a conta desde onde queres enviar o diñeiro.
- Preme Enviar diñeiro > Bizum
- Busca ou introduce o móbil do destinatario, o concepto e mais o importe do Bizum.
- Preme en enviar diñeiro, e listo!
Ao momento o beneficiario recibirá o importe na súa conta ou lle indicaremos como pode cobralo se non está dado de alta en Bizum.
Se es ti o que recibes o pago chegarache unha notificación ao móbil. Desde ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta.
Ademais de enviar e solicitar diñeiro a outros usuarios, con Bizum tamén podes:
- Pagar en comercios en liña.
- Facer doazóns a ONG
- Pagar recibos e impostos que non teñas domiciliados
- Pagar apostas e cobrar premios nas administracións de Loterías e Apostas do Estado
Consulta máis información sobre todo o que podes facer con Bizum na nosa web.
¡É moi sinxelo! Só tes que seguir estes pasos desde a túa banca móbil.
1. Entra na app e vai a ‘Menú’ > ‘Personaliza a túa app’ > ‘Bizum’.
2. Confirma o teu número de móbil e escolle a conta bancaria onde queres recibir e enviar o diñeiro.
3. Acepta as condicións de uso, ¡e listo!
Lembra que debes permitirlle á app de ABANCA acceder á túa axenda para poderes enviar Bizum aos teus contactos.
E se xa tes Bizum con outro banco? Non te preocupes, nós encargámonos do cambio. Segue os pasos que che indicamos e durante o proceso recibirás un SMS de Bizum cun código que deberás introducir para confirmar o cambio de entidade. Unha vez confirmado o cambio con este código, xa podes enviar e recibir Bizum en ABANCA con normalidade. Consulta máis información na web de Bizum.Serás redirixido a outro sitio web
Si, Bizum permíteche pagar apostas ou cobrar premios de forma presencial en calquera Administración de Loterías amosando un código QR xerado na app de ABANCA.
Para xerar o código QR debes acceder á túa banca móbil e seleccionar Enviar diñeiro > Bizum > Loterías.
Se estás pagando unha aposta, debes confirmar a operación no teu móbil. Se estás a cobrar un premio, non se require esta confirmación.
Este código é dinámico e único para cada operación e só é válido durante 10 minutos.
O importe máximo que poderás pagar é de 500 € por operación. Ademais, hai un límite diario/mensual de 1.000 €. Poderás cobrar premios de ata 2.000 € directamente na túa conta.
Lembra que, para gozar deste servizo, debes ter o teu Bizum activado en ABANCA, así como a versión máis actualizada da app.

