ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera
Imaxe
Tarifa Plana Seguros

Activa
a túa tranquilidade
cun clic

Contrata a túa Tarifa Plana Seguros desde o móbil e paga todos os meses o mesmo, sen xuros nin comisións (0% TAE).

  • Queres saber máis?
  • 900 815 900 tel:+34900815900
  • Solicítaa agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_seguros_tp/J

Fai coma eles.
Paga o mesmo cada mes e síntete tranquilo

Dinos que seguros tes contratados e canto pagas por eles, e calcularemos o que podes aforrar se contratas a Tarifa Plana Seguros

Seguro Fogar
Tes un seguro de fogar?

Faite co Seguro Fogar de ABANCA. Asegura o teu fogar en caso de incendio, explosión, se algún vehículo choca contra a túa vivenda, se a vivenda deixa de ser habitable ou se, polo danos que fosen, os teus inquilinos non puidesen seguir vivindo nela e ti perdeses as rendas.

Só números, por favor

Seguro Vida
Tes un seguro de vida?

Contrata o Seguro Vida de ABANCA. Ti e a túa familia estaredes protexidos ante unha enefermidade grave ou incapacidade. Axudarémosvos a manter o voso nivel de vida ou facer fronte aos gastos necesarios para que a vosa nova situación sexa o máis levadeira.

Só números, por favor

Seguro Coche
Tes un seguro de coche?

Co Seguro Coche de ABANCA protexerás o teu coche ou moto, pero ademais terás cobertura xurídica e a asistencia a persoas e en viaxe desde o km 0, entre máis vantaxes.

Só números, por favor

Seguro Decesos
Xa contrataches un seguro de decesos?

Contrata o teu Seguro Decesos con ABANCA, con axuda dos nosos especialistas organiza o teu enterro e os servicios funerarios como prefiras, sen causarlle gastos nin problemas aos teus seres queridos.

Só números, por favor

Seguro Saúde
Contrataches un seguro de saúde?

O teu Seguro Saúde de ABANCA ofréceche o acceso a unha ampla lista de profesionais médicos, así como vantaxes asistenciais e de rapidez no servizo.

Só números, por favor

Seguro Accidentes
Contrataches un seguro de accidentes?

Un Seguro de Accidentes asegura o nivel de vida económico da túa familia no caso de que sufras un accidente grave

Só números, por favor

Non marcaches ningún seguro como contratado. Se non nos dis cantos tes agora, ou cantos seguros poderías traer a ABANCA, non podemos dicirche canto aforrarías coa Tarifa Plana. Corrixe os datos, por favor, e dálle ao botón para recalcular.
  • icon-mais1

    Suma os seguros

    Agrupa nun único recibo os seguros da unidade familia

  • icon-divide1

    Divide o pagamento

    Paga sempre o mesmo: reparte o custo anual de todas as pólizas contratadas con ABANCA en 12 pagos mensuais iguais, sen custo adicional (0% TAE)

  • icon-multiplica1

    Multiplica as vantaxes

    Consigue ata un 7% de bonificación e, se o necesitas, apraza 2 cotas ao ano.

Leva ata un 7% de bonificación se contratas un novo seguro domiciliado na Tarifa Plana Seguros

A Tarifa Plana Seguros permíteche agrupar os seguros de vida, fogar, saúde, deceso, auto, protección de pagos e accidentes comercializados por ABANCA en 12 mensualidades sen xuros nin comisións (0% TAE) e aprazar ata dous pagamentos ao ano de forma gratuíta.

Poñémosche un exemplo para que o entendas mellor. Supón que o importe anual das primas de todos os teus seguros domiciliados é de 1500€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 125€. Por tanto, o importe total debido serían 1.500€. Sen comisións: TXN 0%, TAE 0%.

Ademais, consigue ata un 7% de bonificación ao incluíres o maior número de modalidades (das seguintes familias: vida risco, auto, saúde, fogar, decesos e accidentes) na túa Tarifa Plana Seguros e empeza a aforrar. Con 3 modalidades conseguirás un 3% de bonificación, con 4 modalidades un 5% e se agrupas polo menos 5 modalidades conseguirás un 7% de bonificación.

E non te preocupes, se só tes un seguro, tamén poderás pagalo mes a mes. Fai como Plácido e Serena!

Contrata a Tarifa Plana Seguros desde o teu móbil

A app de ABANCA permíteche xestionar os teus seguros onde e cando queiras. Isto é todo o que poderás facer con ela:

  • Contratar a Tarifa Plana Seguros e engadir novos seguros.
  • Facer unha simulación da túa cota mensual.
  • Coñecer a data na que che cobraremos o próximo recibo.
  • Dar un parte á aseguradora.
  • E moito máis!

Paga o mesmo cada mes, sen xuros nin comisións (0% TAE). Activa a túa tranquilidade cun clic!

Empeza a aproveitar todas as vantaxes

  • Agrupa os teus seguros e os da túa familia nun único recibo mensual.
  • Sen comisións nin xuros, gratis! (0% TAE)
  • Ata un 7% de bonificación.
  • Posibilidade de adiar 2 pagamentos ao ano sen custo. -Teléfono único para dúbidas e consultas (900 815 900).
  • E todas as vantaxes do Programa Servizos ABANCA.
img-placido-serena1

Síntete Prácido

Así é el. É cliente da Tarifa Plana Seguros. Vive relaxado sen necesidade de jacuzzi.

Xuntou o seguro do coche, da casa, o de saúde e o de vida nun único recibo e paga o mesmo todos os meses.

Non lle gustan as películas de medo, nin que lle dean sustos. A palabra que describe o seu estado actual é tranquiiiiiilo, con moitos is.

Síntete Serena

Así é ela. É cliente da Tarifa Plana Seguros. Vive despreocupada e tranquila, sen ter que ir a ioga.

Xuntou todos os seus seguros nun único recibo e paga o mesmo todos os meses.

Gústalle relaxarse mirando o mar e paseando a Zen, o seu can salchicha. Gústalle que as sorpresas llas dea a vida, non o seu banco.

Cantos máis seguros contrates, maior será o aforro

  • icon-seguro-vida1

    Seguro Vida

    Non existe maior proba de cariño que pensar antes nos demais, en quen máis che importa. Garante a túa tranquilidade protexendo o benestar e o futuro dos teus.

  • icon-seguro-hogar1

    Seguro Fogar

    Protexe a túa vivenda fronte a calquera dano ou imprevisto e aproveita unha das coberturas máis completas do mercado. Elixe a tranquilidade que máis che conveña!

  • icon-seguro-auto1

    Seguro Auto

    Mira pola seguridade do teu automóbil para que nunca quedes tirado na estrada.

  • icon-seguro-salud1

    Seguro Saúde

    Compañías líderes, excelentes cadros médicos e centros. Porque sabemos que non hai nada máis importante cá saúde.

  • icon-seguro-decesos1

    Seguro Decesos

    Para que o teu falecemento non sexa unha carga a maiores para os que te arrodean, deixa todos os trámites e gastos pagos e organizados.

  • Seguro de accidentes

    Seguro Accidentes

    Os estudos dos teus fillos, a hipoteca… Asegura o nivel de vida económico da túa familia no caso de que sufras un accidente grave.

Se o prefires, ven por unha das nosas oficinas e axudarémoste a que contrates o mellor seguro coas mellores condicións.

banner-programa-servicios-abanca

Tranquilidade e moito máis!

Os nosos seguros son unha excelente forma de protexerte a ti e os teus, pero ademais ábrenche a porta ao nivel máis alto do Programa Servizos ABANCA. Se tes dous seguros connosco (para o coche, a casa, a saúde…) e se cumpres uns requisitos moi sinxelos poderás retirar diñeiro de balde en calquera caixeiro do mundo e non pagar polas túas tarxetas.

  • Consulta o Programa Servizos ABANCA para coñecer todos os beneficios!

Condicións legais da Tarifa Plana Seguros

A bonificación será de ata o 7% é para seguros exclusivamente comercializados por ABANCA pertencentes aos seguintes ramos: vida risco, fogar, saúde, decesos e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizados con ABANCA nin os seguros de protección de pagos.

Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Podes consultar as aseguradoras coas que traballamos. Ademais, atoparás máis información sobre condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA.

Para saber máis...

dúbidas

  • Como funciona a bonificación da Tarifa Plana Seguros?

     A bonificación da Tarifa Plana Seguros aplícase sobre cada cota mensual e se actualiza coa contratación de cada seguro. A bonificación é maior cantas máis modalidades de seguros inclúas na conta. Por exemplo, se inclúes un seguro de vida, un seguro de fogar e dous seguros de auto, computarán como 4 seguros pero só 3 modalidades, polo que a bonificación será dun 3%.

    Número de modalidades 1 e 2 modalidades 3 modalidades 4 modalidades 5 ou máis modalidades
    Bonificación Non aplica 3% 5% 7%

     

    A domiciliación de varios seguros correspondentes á mesma modalidade computarán para estes efectos como unha única modalidade. 

     

    Non serán obxecto de bonificación os seguros combinados con operacións de activo formalizados con ABANCA (préstamo persoal ou hipotecario) nin os seguros de protección de pagos.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre a Tarifa Plana Seguros e outros seguros

DOCUMENTACIÓN

  • Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros (En pdf)
  • Consulta as condicións da Tarifa Plana Seguros para negocios (En pdf)

NO BLOG

  • A regra proporcional: así calcula a túa indemnización a túa aseguradora
  • Solicítaa agora

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.

  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Axentes Financeiros
    • Traballa en ABANCA
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.