Faite cliente

ABANCA en cifras

Negocio

Crecemos a través dun modelo de negocio baseado na especialización e na proximidade ao cliente para dar resposta a todas as súas necesidades financeiras.

  • Activo total: 84.977 millóns de euros
  • Volume de negocio: 142.859 millóns de euros
  • Recursos totais de clientes: 86.280 millóns de euros
  • Crédito á clientela: 56.579 millóns de euros

Rendibilidade

Acreditamos de maneira recorrente unha elevada capacidade de xeración de resultados diversificados e de alta calidade.

  • Beneficio atribuído: 579,1 millóns de euros nos nove primeiros meses de 2026
  • Rendibilidade (ROTE): 12,2%

Solvencia, liquidez e calidade dos activos

A xestión prudente e orientada ao longo prazo sitúanos de maneira continua como un dos bancos máis sólidos do mercado.

  • Ratio de capital total: 17,7%
  • Capital CET1: 13,3%
  • Ratio LTD retallista: 88,6%
  • Morosidade: 1,8%
  • Cobertura de activos dubidosos: 88,4%

Presenza internacional

Somos un banco con vocación ibérica, próximo ao territorio e aberto ás novas oportunidades para os nosos clientes en todo o mundo.

Contamos con 936 puntos de venda na Península Ibérica, incluíndo oficinas e rede de axentes.

Ademais, operamos noutros 9 países de Europa e América, entre eles Reino Unido, Francia, Alemaña, Suíza, México, Estados Unidos, Brasil, Venezuela e Panamá.

Equipo e talento especializado

A capacidade e o coñecemento especializado do noso equipo aseguran a excelencia na atención e no servizo a cada cliente.

  • Cadro de persoal de máis de 8.000 persoas