Tarxeta
ABANCA Persoal

Es un cliente especial. Agora tamén cunha tarxeta especial, que é de crédito e de débito ao mesmo tempo. Para manexar de xeito flexible o teu diñeiro. E que te identifica en calquera punto da rede ABANCA como o cliente especial que es.

Unha tarxeta flexible para pagares

A tarxeta ABANCA Persoal ofréche diferentes opcións de pagamento para que poidas financiar os gastos, sen trámites e de xeito sinxelo. E non necesitarás máis cá túa tarxeta ABANCA Persoal e o móbil.

Paga a fin de mes

Todas as compras que realizases con esta tarxeta cargaranse na túa conta a final de mes. Así poderás, por exemplo, adaptar máis comodamente os cargos da tarxeta aos teus ingresos.

Pago a prazos

Para que gastos puntuais non che descontrolen un mes, podes dividir os pagos a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses, desde a túa app de banca móbil e sen dar explicacións.

Unha cota constante (modalidade revolving)

Podes elixir unha cota para pagar cada mes pero, canto máis gastes, máis tardarás en devolver o diñeiro, teno en conta! Lembra que podes variar a cota en calquera momento e todas as veces que queiras, a través do teu móbil, banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web ou chamando ao 981 910 522.

A débito ou a crédito

Sempre que vaias retirar cartos con esta tarxeta, poderás elixir a forma de pagamento que máis che interese e decidiralo operación a operación, segundo che preste. Só tes que apertar o botón correspondente.

Atención prioritaria en oficinas

Se levas a tarxeta ABANCA Persoal atenderémoste nas nosas oficinas sen que teñas que facer colas nin esperas. E se o desexas, atenderémoste nun horario especial. Só para ti.

Perfecta para viaxes

Esta é unha tarxeta que se adapta ao teu ritmo de vida, que é perfecta para as túas viaxes persoais ou profesionais e que che cobre as costas esteas onde esteas, coa máis ampla cobertura de seguros.

Desconto en gasolineiras

Se pagas coa tarxeta ABANCA Persoal terás o 5% de desconto nas túas compras nas gasolineiras Galp EnerxíaSerás redirixido a outro sitio web adheridas, tanto en combustible para o vehículo como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600 € por cliente e mes.

E ademais, nas demais gasolineiras farémosche un 2% de desconto se ese mesmo período de liquidación realizas a maiores outros 5 pagamentos coa túa tarxeta ABANCA Persoal, en calquera establecemento, con tal de que non sexan gasolineiras ou pagamentos de autoestradas.

EURO 6000 Plus

Coa túa tarxeta ABANCA Persoal tamén te beneficiarás do programa de descontos EURO 6000 Plus, con bonificacións en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizar a tarxeta! Podes consultar todos os locais adheridos á campaña na web de EURO 6000Serás redirixido a outro sitio web.

Ao posuír a tarxeta ABANCA Persoal

Dispós de coberturas vencelladas a ela, de xeito totalmente gratuíto e automático. Por exemplo:

Seguro para as túas viaxes

  • Seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercases coa tarxeta ABANCA Persoal. A cobertura chega ata 500.000 euros.
  • Seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa tarxeta ABANCA Persoal. Este seguro cobre retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
  • Seguro con coberturas para o teu vehículo de alugueiro, algo que só che ofrece esta tarxeta (ata 5 asentos).

Seguro para as súas operacións

  • Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da tarxeta, en caso de que a extraviases ou de que cha roubasen.
  • Un seguro de roubo de compras: se che sustraen algo que pagases coa tarxeta ABANCA Persoal e non pasasen máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.
  • Un seguro de danos: se por accidente o produto que compraches recentemente (90 días) coa tarxeta ABANCA Persoal sofre algún dano, tamén che devolveremos o importe.

1% menos nas compras

Sen comisión de emisión nin mantemento

Benefíciate de todas as vantaxes dunha tarxeta exclusiva libre de comisiones durante, polo menos, os dous primeiros anos.

Gratuíto

Sen comisión de emisión ou mantemento durante os dous primeiros anos. A partir do terceiro ano, seguirá sendo gratuíto se se realizan compras por importe superior a 3.000€ anuais. Se non, a comisión é de 75€ anuais.

Informámosche

Informaremos de todas as súas transaccións con tarxeta nun extracto con información detallada sobre canto pagou, o que lle queda por pagar e, se escolleu unha opción de financiamento, que intereses está a pagar.

Servizo de Alertas

Temos un servizo de alerta que che enviará notificacións cando retires cartos ou fagas compras por encima da cantidade que decidas. Ademais, sempre que queiras e pola túa seguridade, podes activar ou desactivar a túa tarxeta a través do teu banca móbil.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Co servizo de pago fraccionado podes aprazar calquera pagamento de máis de 75 € que realices coa túa tarxeta de crédito ABANCA Visa ou Mastercard (excepto Visa Tú, Visa Clip, Visa Proxecta e Zona Aberta), tanto se o fixeches nun establecemento físico como se mercaches por internet.

Cada vez que fagas unha compra coa tarxeta de crédito recibirás unha mensaxe no móbil para avisarte de que podes aprazala. Os límites aos importes das compras dependerán do límite que lle estableceses á tarxeta, e tamén poderá variar en función do tipo de tarxeta.

Ao pagar coa tua tarxeta terás descontos e promocións, facilidades para pagar cando prefiras, control total sobre as túas cotas e, por suposto, a máxima seguridade cando compres na internet con múltiples opcións de protección. Descobre todo o que che ofrecen realmente as tarxetas ABANCA!Abrirase nunha nova ventá. 

A modalidade de pago é a forma en que pagarás as operacións que realizases coa túa tarxeta de crédito ao longo dun período de liquidación (estes períodos non sempre son iguais: vén reflectido no teu contrato). Hai diferentes modalidades, cada unha con condicións tamén diferentes, segundo o tipo de tarxeta de crédito que teñas. Contámoscho!

Se a túa tarxeta é unha Visa Clásica, Business, Cámara, Ouro, Platinum ou de afinidade, ou unha Mastercard Clásica ou Business, podes escoller unha destas formas de pago, en función das que teñas dispoñibles no teu contrato de tarxeta de crédito:

  • Pago total: pagarás a totalidade das operacións que realizases no período de liquidación. Non se aplicará ningún interese nin comisión de aprazamento.
  • Pago a 3 meses: cada unha das operacións que realizases no período de liquidación dividirase en 3 prazos iguais, que pagarás nas 3 seguintes datas de pago da tarxeta. Esta modalidade non ten intereses, pero si unha comisión de aprazamento mensual, conforme ás condicións do teu contrato.
  • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.
  • Pago aprazado en porcentaxe: pagarás a porcentaxe da débeda da tarxeta que escolleses. Como mínimo amortizarás a cantidade que especificases. Así se evita fraccionar o pago de débedas pequenas de forma indefinida. Podes personalizar a porcentaxe e a amortización mínima ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

Podes cambiar a modalidade de pago da túa tarxeta cantas veces queiras. Se cambias a forma de pago entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo (se son datas distintas), volveremos calcular a liquidación aplicando a nova forma de pago antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.

Se a túa tarxeta é unha Visa Tú, Visa ABANCA Persoal ou Mastercard ABANCA Privada terás á túa disposición as tres primeiras modalidades de pago (e non a modalidade de pago aprazado en porcentaxe), para seleccionar a forma de pago por defecto da túa tarxeta en calquera momento. A nova forma de pago aplicarase ás operacións que realices con posterioridade a ese cambio de forma de pago.

Nestas tarxetas, ademais, poderás cambiar a forma de pago de operacións específicas, seleccionando de forma individual una das tres formas de pago anteriores. Se seleccionas o pago a prazos, poderás seleccionar outro número de meses distinto a 3, e aplicarase a comisión correspondente ao número de prazos e tipo de operación, conforme ao especificado no teu contrato de tarxeta de crédito.

Se a túa tarxeta é unha Visa Clip, Visa ou Mastercard Proxecta ou Visa CaixaPorvenir só dispoñerás dunha forma de pago:

  • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

Neste caso tamén podes cambiar o importe da cota fixa mensual cantas veces queiras. Se o fas entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo, volveremos calcular a liquidación aplicando a nova cota mensual antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.
 
DOCUMENTACIÓN