Manter o nivel de vida e aforrar para a entrada da casa non é unha tarefa sinxela… Pero en ABANCA poñémoscho fácil. Unímonos a diferentes programas para axudarche a cubrir ata o 100% (1) do prezo da nova casa.
Fai realidade o soño da túa casa coa hipoteca moza ABANCA e o programa A Miña Primeira Vivenda.
Consulta as condicións da túa comunidade autónoma:
Selecciona a túa comunidade
- Menores de 40 anos, familias numerosas e monoparentais, así como calquera persoa por nacemento ou adopción dun fillo, nestes casos sen límite de idade, con residencia legal en Madrid durante polo menos dous anos
- Non esixe mínimo de IPREM
- Para vivendas de Madrid, que sexa residencia habitual durante polo menos dous anos
- Prezo máximo 390.000€ (sen gastos nin impostos)
- Garantía ata o 100%, tomarase o prezo menor entre a taxación e o prezo de compravenda
- Non admite garantías adicionais
- Menores de 36 anos, empadroados en Galicia e con nacionalidade española ou europea. *
- Ingresos mínimos: dúas veces o IPREM. Ingresos máximos: 5,5 veces o IPREM.
- Para primeira vivenda en Galicia e residencia habitual.
- Prezo entre 180.000€ e 260.000€ (sen gastos nin impostos).
- Garantía de ata o 100% do prezo de adquisición ou de taxación, se é menor.
- Non admite garantías adicionais.
* Esta limitación de idade non se aplicará no caso de adquisición dunha vivenda cualificada como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertada.
- Menores de 35 anos, con nacionalidade española ou europea
- O conxunto de rendas non debe ser superior a 5 veces o IPREM
- Para vivendas de Castela e León, que sexa residencia habitual mentres estea vixente a garantía
- Prezo máximo 240.000€ (sen gastos nin impostos)
- Garantía ata o 97,5%, tomarase o prezo menor entre a taxación e o prezo de compravenda
- Admite garantías adicionais
- Menores de 45 anos, con residencia na Comunidade Valenciana durante polo menos dous anos
- Non esixe mínimo de IPREM
- Para vivendas da Comunidade Valenciana, que sexa residencia habitual mentres estea vixente a garantía
- Prezo máximo 277.000€ (sen gastos nin impostos)
- Garantía ata o 95%, tomarase o prezo menor entre a taxación e o prezo de compravenda
- Admite garantías adicionais
- Menores de 36 anos con residencia en Estremadura
- Non esixe mínimo de IPREM
- Para vivendas de Estremadura, que sexa residencia habitual durante polo menos cinco anos
- Prezo máximo 210.000€ (sen gastos nin impostos)
- Garantía ata o 95%, tomarase o prezo menor entre a taxación e o prezo de compravenda
- Non se regula a toma de garantías adicionais
- Menores de 40 anos, con residencia no País Vasco durante polo menos dous anos nos últimos 5.
- Ingresos mínimos: menos de 50.400€/ano se é solicitante único ou 86.400€/ano se son dous solicitantes.
- Para primeira vivenda (nova ou de segunda man) no País Vasco e residencia habitual e permanente durante a vixencia do aval.
- Prezo máximo de compra: 340.000€ (sen gastos nin impostos).
- Garantía de ata o 100% do prezo de adquisición ou de taxación, se é menor.
- Non admite garantías adicionais.
- Menores de 45 anos, con nacionalidade española ou europea.
- Para vivendas na Rioxa, que sexa residencia habitual mentres estea vixente a garantía.
- Prezo máximo 300.000€ (sen gastos nin impostos).
- Garantía ata o 100%, tomarase o prezo menor entre a taxación e o prezo de compravenda.
- Non admite garantías adicionais.
- Residentes nas Illas Baleares durante un mínimo de 5 anos (de forma continua ou descontinua).
- Ingresos máximos: non poden superar o límite de 6,5 veces o IPREM.
- Para residencia habitual e permanente, que debe estar situada nas Illas Baleares.
- Prezo máximo de compra: 382.744,84€ (sen gastos nin impostos).
- Garantía de ata o 100% do prezo de adquisición ou de taxación, se é menor.
Ampliamos o prazo ata 40 anos
Para que a cota da hipoteca non se che faga costa arriba, se ti ou algún dos titulares sodes menores de 35 anos e se cumpren as condicións esixidas no convenio A Miña Primeira Vivenda da túa comunidade autónoma, poderás ampliar o prazo da hipoteca ata os 40 anos.
(1) A porcentaxe de financiamento do convenio A Miña Primeira Vivenda varía segundo a comunidade autónoma. Quedan excluídos os impostos e os gastos.
Preguntas Frecuentes sobre Hipoteca Xove
Dúbidas
A Hipoteca Xove busca facilitar o acceso á primeira vivenda para os menores de 35 ou 36 anos, en función da comunidade autónoma, coa posibilidade de financiar ata o 100%. Podes consultar as condicións especiais da túa comunidade para hipoteca fixa ou hipoteca variable na nosa web.
E, se xa o tes claro, solicita unha cita telefónica ou presencial cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web e axudarémoste co proceso.
O requisito principal para acceder á Hipoteca Xove con aval comunitario é que sexas menor de 45 anos, en función da túa comunidade autónoma. Ademais, cómpre residir nunha das comunidades que están dentro do plan A Miña Primeira Vivenda.
Ten en conta que esta Hipoteca Xove se destina á compra da túa primeira vivenda, e que as condicións poden variar segundo a túa comunidade. Podes consultar máis detalles na nosa web ou solicitar unha cita cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web para analizar o teu caso.
É unha solución de financiamento pensada para facilitar a compra da túa primeira vivenda. Está dirixida a perfís de ata 45 anos (segundo os programas de axuda de cada Comunidade Autónoma). Este préstamo permite estender o prazo de devolución para obter cotas máis reducidas, facilitando a xestión da economía doméstica nos primeiros anos da hipoteca.
Este produto está dirixido a menores de 45 anos (segundo os programas de axuda vixentes en cada Comunidade Autónoma) que desexen adquirir a súa primeira vivenda. Está pensada para perfís con ingresos recorrentes que, ao atoparse na súa etapa de consolidación profesional, requiren flexibilidade nos prazos de amortización para adaptar a cota á súa capacidade de pago actual.
O proceso é moi sinxelo e podes inicialo sen moverte do sofá:
- Simulación online: Entra na nosa web e calcula unha cota estimada en poucos minutosSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá.
- Estudo personalizado: Un xestor experto porase en contacto contigo para analizar o teu caso e pedirte a documentación necesaria.
- Taxación e sinatura: Unha vez aprobada, tásase a vivenda e acompañámoste ata a sinatura ante notario.
