Seguro de Viaxe

Co seguro de viaxe ABANCA terás as coberturas que necesitas só durante o tempo que o necesitas. Praia ou montaña, spa ou caiac…

Reláxate e desfruta da viaxe!

Vantaxes deste seguro de viaxe

Por que?

Se viaxas, sobre todo a destinos concretos ou realizas determinadas actividades, debes facelo sabendo que se che pasa algo, terás quen te protexa.

É para min?

Existen diferentes coberturas, e depende do destino e mais da duración da viaxe, pero por un pouco máis, viaxarás con máis tranquilidade

Que é o mellor?

Contarás co amparo dunha grande aseguradora só durante os días que queiras, cun único pagamento que deberás ter en conta ao planificar a túa viaxe.

Como funciona?

Ven a unha oficina e revisaremos as coberturas que teñas doutros seguros ou tarxetas e botaremos contas. Sorprenderante!
Que me pode pasar se viaxo sen seguro?

Esperamos e desexamos que non teñas que pasar por unha situación así, e seguro que non che pasará nada. Pero para que o saibas, ímosche dar uns exemplos aproximados pero reais de a que te terías que enfrontar se tes algún problema de saúde no estranxeiro.

Se vas a EEUU

Hospitalización: 4.800€/día Operación de apendicite: 14.000€

En Australia

Hospitalización: 600€/día Operación de apendicite: 3.200€

En Xapón

Hospitalización: 1.750€/día Operación de apendicite: 5.300€

Como verás, contratar un seguro de viaxe ten un custo moi baixo se o comparamos co risco que supón un contratempo deste estilo para os teus aforros, verdade?

Exemplos de prima por persoa

Duración da viaxeEspañaUEResto do mundo
1 a 5 días10,29€13,53€23,59€
6 a 8 días15,14€19,86€34,47€
9 a 13 días22,09€29,30€50,64€
61 a 90 días118,90€169,26€321,72€