Faite cliente

Seguro de Saúde

Contamos cun cadro médico moi completo, centros propios, clínicas dentais… para que poidas elixir con quen queres tratarte.

Características do seguro de saúde

Máis de 59.000 especialistas

E hospitais, centros multiespecialidade e clínicas dentais

Complemento bucodental

Máis de 20 servizos gratuítos e o resto a prezos especiais.

VideoConsulta e Consulta Telefónica

Especialistas dispoñibles desde calquera lugar e en todo momento desde a nosa app de saúde.

Reembolso de farmacia e vacinas infantís, e óptica

En función da modalidade, poderás beneficiarte dun 50% de reembolso cun límite de ata 100€ para cada cobertura por asegurado e ano.
Tres modalidades de Seguro de Saúde ABANCA para escoller

Saúde
ESENCIAL

  • Consulta con especialistas dentro dun amplo cadro médico, con probas diagnósticas e tratamentos sinxelos que non precisan atención hospitalaria.
  • Medicina primaria
  • Especialidades médicas
  • Medios de diagnóstico e tratamentos simples
  • Seguimento do embarazo e parto
  • Psicoloxía e psicoterapia
  • Reembolso de farmacia

Saúde
COMPLETO

  • Accede a un amplo cadro médico e a todas as coberturas integrais incluídas neste seguro de saúde para que goces dunha maior tranquilidade.
  • Medicina primaria
  • Especialidades médicas
  • Medios de diagnóstico e tratamentos simples
  • Seguimento do embarazo e parto
  • Psicoloxía e psicoterapia
  • Medios de diagnóstico e tratamentos complexos
  • Urxencias e ambulancias
  • Hospitalización e intervencións cirúrxicas
  • Tratamentos de infertilidade
  • Implantes e próteses
  • Reembolso de farmacia e vacinas infantís, e óptica.

Saúde
REEMBOLSO

  • Accede ao noso cadro médico e acude libremente a calquera profesional médico, de cuxa factura che reembolsaremos un 80% ata os límites incluídos na póliza.
  • Medicina primaria
  • Especialidades médicas
  • Medios de diagnóstico e tratamentos simples
  • Seguimiento do embarazo e parto
  • Psicoloxía e psicoterapia
  • Medios de diagnóstico e tratamentos complexos
  • Urxencias e ambulancias
  • Hospitalización e intervencións cirúrxicas
  • Tratamentos de infertilidade
  • Implantes e próteses
  • Libre elección de especialistas
  • Reembolso de farmacia e vacinas infantís, e óptica.

Atopa o médico que necesitas

Ofrecémosche un cadro médico con máis de 59.000 profesionais, hospitais e centros propios en toda España.

Contrata agora o seguro e levate 30€

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2025 ou 2026 e contratas o teu Seguro de Saúde ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2026, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!

Consulta as condicións

Completa o teu seguro de saúde con estas coberturas personalizadas

Pack Vida Familia

Amplía as coberturas e servizos de saúde e benestar para que tanto vós coma os máis novos da casa esteades atendidos en todo momento.

Pack Vida Diaria

Complementa a túa tranquilidade e a da túa familia con servizos de saúde, coidado e benestar orientados especificamente para o teu coidado.

Pack +60

Complementa a túa tranquilidade con servizos de saúde, coidado e benestar orientados especificamente para maiores de 60 anos.

Asistencia Dental Máis

Amplía os servizos odontolóxicos incluídos por defecto para coidar aínda máis o teu benestar e a túa saúde dental.

Reembolso de especialidades médicas

Poderás elixir o médico entre varias especialidades médicas e reembolsarémosche o 50% das consultas e probas diagnósticas ata 100 € por consulta.

Pack Autónomos e Protección de Pagamentos

Inclúe coberturas especiais de asistencia e de protección de pagamentos das cotas do seguro, específicas para traballadores autónomos.

Complemento Clínica Universidad de Navarra

Esta cobertura permíteche o acceso aos servizos e profesionais concertados coa Clínica Universidade de Navarra, con sede en Pamplona e Madrid.

Paga o teu seguro mes a mes

En ABANCA podes agrupar os teus seguros e pagalos mes a mes, nun só recibo, coa Tarifa Plana Seguros. Este servizo permitirache dividir o pago dos teus seguros comercializados por ABANCA, sen intereses nin comisións (TIN 0%, 0% TAE).

Por exemplo, se adxuntas o teu Seguro de Saúde de 600€ e o teu Seguro de Coche de 600€ á Tarifa Plana Seguros poderás dividir o pago en 12 meses e pagar 100€ ao mes de cota. Polo tanto, o importe total adebedado sería 1200€. Sen comisións, TIN 0%, TAE 0%.

Ademais, poderás aforrar ata un 7% se adxuntas un maior número de modalidades á Tarifa Plana Seguros e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagos ao ano.

¿Tes preguntas sobre o Seguro de Saúde? Nós respostas

Dúbidas

Documentación