Seguro de Protección de Alugueiros
Tes unha vivenda e algunha vez pensaches en algugala? Preocúpache que os teus inquilinos deixen de pagar? Que se produzan desperfectos? En ABANCA podemos axudarte cun seguro de protección de alugueiros para que alugues a túa casa con moita tranquilidade.
- 981 910 534 tel:+34981910534
- Pide cita na túa oficina https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/gl/4_seguro_proteccion_alquileres/J
-
Asistencia legal e danos
Terás asistencia legal especializada e contarás con axuda no caso de que se produzan desperfectos vandálicos.
-
Canto che custará
Bota contas: o custo anual non suporá máis do 60% dunha mensualidade do alugueiro.
-
Compañías líderes
Coñeces Arag? É a compañía especializada coa que ofrecemos este seguro de protección de alugueiros.
-
E moito máis
Se aseguras as túas propiedades arrendadas, tamén terás protección fronte a posibles actos vandálicos e asistencia legal!
Coberturas: como funciona un seguro coma este
Este seguro de alugueiro está pensado para persoas que ou xa están alugando a súa casa ou aínda non o fixeron, e queren ter protección frente a posibilidade de que os inquilinos non paguen as cotas de alugueiro.
Este seguro, comercializado por ABANCA, é da compañía Arag e cobre as principais necesidades que poden xurdir co impagamento do alugueiro e algunha máis:
-
Seguridade no cobramento do alugueiro: ten a certeza de que o arrendatario ten capacidade real de pagamento para lle facer fronte ao custo do seguro. E, se finalmente se produce un impagamento, a aseguradora indemnizarate.
-
Protección fronte a posibles actos vandálicos: este seguro faise cargo de posibles danos que se consideren anormais ou de carácter vandálico e que afecten o continente da vivenda, así como o roubo de mobiliario. Aínda que a protección non é completa, axudarate a lles facer fronte aos gastos que se ocasionen. Se ademais necesitas un seguro que cubra o 100% do contido, consulta o noso Seguro de Fogar..
-
Asistencia legal: no caso de que o necesites, terás asistencia legal na defensa e reclamación en contratos de arrendamento, defensa penal, reclamación de danos ou en contratos de reparación e mantemento ou defensa de dereitos relativos á vivenda, entre outros.
Seguro que xa o sabes, pero lembrámosche que contratar un seguro de Protección de Alugueiro non substitúe as necesidades dun seguro de fogar que protexa a túa vivenda fronte a calquera dano ou imprevisto.
Que necesitas para contratalo
O seguro de protección de alugueiros comercializado por ABANCA axudarache se te enfrontas á situación de que os teus inquilinos non poidan facer fronte ao pago do aluguer.
Este seguro cobre o pago de ata 12 meses de rendas impagadas, cunha franquía dun mes.
Antes de contratar o seguro, solicitarémosche información sobre a situación económica do arrendatario co fin de coñecer a súa solvencia:
- Traballador por conta allea: pedirémoslle as dúas últimas nóminas e o contrato laboral co obxectivo de comprobar tanto o volume de ingresos como a súa antigüidade na empresa.
- Autónomos: neste caso, solicitarémoslle a súa última declaración da Renda así como o último resumo anual de declaracións IVE ou, no seu caso, última declaración anual de ingresos a conta de IRPF.
- Pensionistas ou estudantes: se teñen un aval, débese facilitar a documentación relacionada. No caso dos pensionistas é posible que se solicite un xustificante da súa condición.
Ademais, sexa cal fora a situación laboral do inquilino, debe achegarse a súa documentación de identidade e o contrato de alugueiro formalizado da vivenda que cumpra coas especificacións da Lei de Arrendamentos Urbans ( LAU).
É para a miña vivenda un seguro de impago de alugueiro?
Este seguro de Impagamento de Alugueiros está pensado para calquera propietario que teña vivendas arrendadas salvo que se trate de alugueiros de temporada, de locais de negocio ou subarrendamentos.
Tampouco serán válidos os inmobles que non cumpran as condicións mínimas de habitabilidade ou contratos de alugueiros rústicos.
Ademais, para contratar estes seguros, deberás ter en conta que o importe anual do alugueiro non pode ser superior ao 45% dos ingresos anuais do inquilino.
Se che interesa saber máis sobre este seguro, pide cita na oficina máis próxima e resolveremos todas as dúbidas que teñas antes da contratación.
Información legal
Coberturas suxeitas a límites recollidos nas condicións particulares e xenerais da póliza. Podes consultar as condicións do seguro en calquera oficina de ABANCA.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provisto de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente.
Aseguradora: ARAG SE, SUCURSAL EN ESPAÑA, con número de inscrición no Rexistro administrativo de entidades aseguradoras e reaseguradoras da DGSFP E0210.
Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Para saber máis...
dúbidas
NO BLOG