Información básica
As bolsas e axudas que concede o Ministerio de Educación non sempre se ingresan antes de comezar o curso. Para que poidas asumir os custos de empezar o curso, en ABANCA adiantámosche ata o 95% da cantidade que che concedeu o Ministerio de Educación, cun límite máximo de 5.000€.
O adianto non ten xuros, só terás que pagar unha comisión de apertura do 3,45% cando che concedamos o adianto. Por iso o tipo de xuro é do 0,00% TIN e do 4,30% TAE. A conta asociada ao adianto non terá comisións de mantemento nin administración mentres dure o adianto ou ata que o cliente cumpra os 30 anos*.

Exemplo para un anticipo de 5000 €
Para un préstamo de 5000€ a devolver en 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes solicitar de anticipo no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TIN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,30%. Deste xeito, o importe total a pagar sería de 5.172,50€ nun único pago. O custo total da financiación sería de 172,50€ (3,45%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún xuros.
O sistema de amortización deste préstamo é amortización única ao vencemento.

Se es novo, ABANCA é para ti
Unha conta corrente, a tarxeta Ti NX e a app de ABANCA é todo o que precisas para xestionar o teu diñeiro.
Ademais, se tes entre 16 e 29 anos, non pagarás as comisións de mantemento e apertura da conta e as transferencias online serán de balde. Ademais, ata os 35 anos terás a tarxeta Ti NX gratis, coa que poderás retirar diñeiro totalmente gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata 5 veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros. Ademais, tamén é perfecta para viaxar porque non che cobra comisión por cambio de divisa e permíteche facer 5 retiradas ao mes en caixeiros fóra de España.

Exemplo para un anticipo de 5000 €
Para un préstamo de 5000€ a devolver en 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes solicitar de anticipo no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TIN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,30%. Deste xeito, o importe total a pagar sería de 5.172,50€ nun único pago. O custo total da financiación sería de 172,50€ (3,45%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún xuros.
O sistema de amortización deste préstamo é amortización única ao vencemento.

Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.
(*) Ten en conta que pode haber outros gastos financeiros, dependendo do teu caso. Por exemplo, se precisas un aval ou consideramos conveniente acudir a un notario.
Só precisamos que a conta vinculada á bolsa, é dicir, a conta que lle indiques ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que che fagan o ingreso da axuda económica, sexa unha conta de ABANCA. Se aínda non tes conta en ABANCA e estás pensando en solicitar unha bolsa do Ministerio, podes abrir unha conta 100% online desde esta mesma web.
Para beneficiarte do anticipo das bolsas do Ministerio de Educación necesitas ter cumpridos os 18 anos, independentemente do nivel de estudos que esteas a cursar (universitarios, bacharelato, formación profesional, etc.).
¿Tes preguntas? Nós respostas
dúbidas
Podes pedir o Adianto de Axudas do Ministerio de Educación e Cultura para calquera das axudas que dependen do ministerio, entre elas as bolsas para os estudos de grao, diplomatura e licenciatura, as bolsas para os estudos de mestrado, as bolsas para os estudos de doutoramento ou as axudas do programa Erasmus, entre outras.
Tamén podes optar ao adianto de axudas para o ensino de bacharelato ou formación profesional, pero lembra que tes que ter polo menos 18 anos para poder beneficiarte deste adianto.

