Seguro Decesos
O día que marches non cargues a túa familia cunha preocupación que podes evitar. Deixa todos os trámites e todos os gastos solucionados co Seguro Decesos ABANCA, e con axuda dos nosos especialistas organiza o teu falecemento como queiras, sen causarlles gastos nin problemas aos teus seres queridos.
Lembra que en ABANCA, para a túa comodidade, pagas os teus seguros mes a mes. Sen xuros nin comisións! (0% TAE)
-
Que é?
É un seguro que se encarga de pagar todos os gastos e xestións do teu falecemento: transporte, ceremonias, materiais etcétera. Elixe entre dúass compañías líderes: Almudena e Caser.
-
Canto me custa?
A prima axustarase ao custo dos servizos do lugar onde residas.
-
Que é o mellor?
En ABANCA, para a túa comodidade, pagas os teus seguros mes a mes. Sen xuros nin comisións! (0% TAE)
-
E que máis?
Ofrecémosche dúas modalidades de pagamento en función da túa idade. Mira os detalles!
Un seguro para a tranquilidade dos que máis che importan
Nos momentos difíciles, o Seguro Decesos de ABANCA é o mellor xeito de darlles acougo e seguridade a quen máis queres. Cunha soa chamada que fagan os teus parentes á compañía que elixises, Almudena ou Caser, encargaráse de todos os trámites e gastos necesarios: cerimonia, transporte, cadaleito, nichos, incineración, servizos funerarios etcétera. Faranse as cousas como ti queres, sen que facelo lle supoña unha carga económica ou de xestión á túa familia.
Todas as coberturas
Almudena | Caser | |
---|---|---|
Decesos | Almudena | Caser |
Capital en caso de falecemento/incapacidade permanente absoluta accidental | Almudena6000€. Opcional contratar doble capital en caso de ser por accidente de tráfico | Almudena6010,12€ |
Asistencia en traslados | Caser | Caser |
Asistencia en viaxe | Almudena | Caser |
Asesoramento xurídico telefónico extraxudicial Servizo complementario | Almudena | Caser |
Xestión do proceso sucesorio Servizo complementario | Almudena | Caser |
Borrado da vida dixital Servizo complementario | Caser | Almudena |
Asistencia psicolóxica Servizo complementario | AlmudenaDentro do servizo Avantsalud | Almudena |
Reembolso de gastos de xestoría ata 300€ Servizo complementario | Caser | Almudena |
Servizo AVANTSALUD. Servizos gratuítos Servizo dental, servizo de segunda opción médica internacional, consello médico telefónico 24h, servizo telefónico de orientación psicoemocional… Servizos a precios baremados: servizo médico, servizo benestar, servizo dental, servizo de axuda a maiores e dependentes. | Almudena | Caser |
Servizo AVANTSALUD. Defensa penal e servizo xurídico penal online Defensa penal cando se che reclame en calidade de peatón, pasaxeiro dun medio de transporte terrestre, na práctica profesional de calqueira deporte (non nos de motor). Inclúense: taxas, honorarios de avogado, procurador, perito e/ou notario ata un máximo de 3000 €. Servizo xurídico penal online: conxunto de contidos xurídicos online. | Almudena | Caser |
Un seguro de decesos de prima única
En ABANCA Seguros traballamos para ofrecerche solucións adaptadas ás túas necesidades reais e as túas características persoais. Por iso, e como oo seguros habituais de decesos só son contratables ata os 70 anos, se es maior de 65 e non queres deixar ningún cabo solto e desexas evitar que sexa a túa familia quen se teña que encargar destes asuntos, podes contratar a modalidade de prima única. Tes dúbidas? Pódeste informar en calquera das oficinas de ABANCA, encantaranos falar contigo!
Coberturas do teu seguro de decesos de prima única |
---|
Garantir unha prestación básica dos servizos funerarios Garantízase a seguinte prestación básica de servizo fúnebre, estritamente ata o límite da suma asegurada: arca, coche fúnebre, sudario, centro de flores, recordatorios, documentación e certificados para a realización do servizo de inhumación ou incineración; servizos relixiosos; tanatorio; asistencia personalizada; inhumación en nicho temporal de mínima temporalidade e lápida para o nicho, ou incineración, incluíndo furna para as cinsas. Se a prestación de servizos non fose posible, ou non se puidera levar a cabo por causa de forza maior a compañía comprométese a resarcir os gastos en que os hedeiros do asegurado incurriran ata o importe do valor do servizo contratado. |
Asistencia en traslados Cúbrense tanto o Traslado Nacional (traslado desde o lugar de falecemento en España ao domicilio que consta na póliza), Traslado Internacional (desde lugar de falecemento en calquera parte do mundo ata domicilio en póliza), Traslado Discrecional (desde lugar de falecemento a calquera cemiterio ou planta de incineración de libre elección en España). |
Para saber máis...
dúbidas
-
¿Que máis vantaxes ten o Seguro Decesos de ABANCA?
Os nosos seguros de decesos incorporan algunhas vantaxes e beneficios para a túa vida como programas de envellecemento activo, ximnasia, algúns servizos médicos, como o servizo AVANTSAÚDE ou como programas de protección ante accidentes familiares.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG