
Somos ondas
do mesmo mar
As solucións financeiras que o campo necesita.
En ABANCA apoiamos desde sempre o traballo e esforzo dunha área fundamental da nosa economía, tanto nos bos momentos como nas situacións difíciles como a actual. Grazas a esta experiencia somos a entidade de referencia para o sector agropecuario.
Con ABANCA Agro, reforzamos o noso compromiso con produtos financeiros especialmente pensados para as necesidades do teu segmento. Consulta las condiciones debes cumplir para solicitar financiamento con aval do Estado a través do ICO.

Financiamento e seguros para o campo
-
Liñas ICO e IGAPE COVID-19
Solicita financiamento específico para mitigar as consecuencias da crise sanitaria do COVID-19.
-
Liñas ICO COVID-19
Xa podes solicitar os préstamos con aval do Estado (garantía instrumentada polo ICO) dispoñibles para autónomos, pemes e empresas. Préstamos ata 5 anos para axudarte a cubrir as túas necesidades de liquidez.
-
Liñas ICO COVID-19
Esta liña de financiamento do IGAPE está dirixida a empresas que desenvolvan a súa actividade económica en Galicia e que cumpran unha serie de condicións.
- O IGAPE asume o 100% dos xuros
- Ata catro anos cun ano de carencia para financiar o circulante
- Ata o 65% do principal para pagar outras débedas bancarias
- 100% garantía por SGR
-
-
Quero financiamento
Dámosche o financiamento que necesitas para o teu negocio agrícola ou gandeiro, específico para o día a día da túa explotación.
-
Tramitación e anticipo das axudas PAC 2020
Sabemos que o teu tempo é moi valioso e por iso nos encargamos da tramitación da túa PAC e, ademais, ofrecémosche a posibilidade de adiantar ata o 90% do cobramento das axudas da PAC para que poidas dispoñer do importe desde o primeiro día, ou cando máis o necesites. Coa nosa experiencia podémoste axudar na tramitación cunha xestión áxil, cómoda e totalmente gratuíta desde a nosa amplia rede de oficinas no rural.
-
Póliza de crédito
Axudámoste a mellorar a estabilidade do financiamento do circulante que lle cómpre á tesouraría da túa explotación. Disporás dun aliado tan flexible coma sólido para financiar do xeito máis eficaz as túas necesidades de liquidez, a un prazo de 5 anos e con condicións moi vantaxosas a tipo variable.
-
Subvencións
Facemos que as túas relacións coa Admnistración sexan moito máis sinxelas e cómodas. Anticipámosche as subvencións concedidas, a devolución dos impostos e financiamos as túas obrigas tributarias. Facemos valer a nosa experiencia no sector para facerche a vida máis cómoda.
-
Liñas de desconto
Para que o cobramento das túas letras, notas promisorias, recibos ou facturas non che supoña un problema, facilitámosche que anticipes o seu cobramento cunhas condicións moi competitivas.
-
-
Quero financiamento para os meus investimentos
Se estás pensando en investir para mellorar a túa explotación, podémoste axudar a medrar sen preocupacións. Co financiamento de investimentos de ABANCA Agro verás o futuro con seguridade.
-
Financiamento de equipamento
Se estás pensando en cambiar, ampliar ou modernizar as túas instalacións, nós axudámoste. Podemos financiar os teus proxectos de investimento a través de distintos convenios oficiais (liñas ICO, SGR e SAECA), cuns xuros variables e ata en 12 anos, con posibilidade de carencia. Elixe a forma que máis se che axeite: préstamo ou leasing.
-
-
Quero financiamento especializado
Dispomos dunha ampla liña de servizos que garanten os teus pagamentos aos provedores, simplifican os procesos de xestión, reducen a túa carga administrativa e, se queres, acompáñante no proceso de exportación dos teus produtos.
-
Confirming
Esta é unha solución perfecta para optimizar o teu tempo e recursos no pagamento a provedores, con procesos máis simples e menos carga administrativa. Coas nosas solucións poderás organizar e xestionar os teus pagamentos e a posibilidade de diminuír os custos de aprovisionamento coa opción de pronto pago. E ata podemos encargarnos de atenderche as chamadas.
-
Comercio exterior
En ABANCA garantímosche a seguridade, fiabilidade e financiamento dos teus pagamentos aos provedores, aquí e no estranxeiro. Para iso acompañámoste nas operacións de importación e exportación cun servizo integral de calidade: crédito, afianzamento e xestión dos cobramentos e pagamentos.
ABANCA pon ao teu dispor unha ampla rede internacional, unha plataforma informática de vangarda e sobre todo o asesoramento personalizado dun equipo de xestión próximo. Temos unha grande experiencia en exportar produtos do agro.
-
-
Quero un seguro
Temos un gran número de seguros especializados no agro para que, calquera que sexa a túa preocupación, non teñas que cismar nela nunca máis.
-
Agroseguro
Comercializamos todas as liñas de Agroseguro, ademais dispoñemos dunha liña de financiamento para seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento das primas ata en doce mensualidades:
- Retirada de animais mortos.
- Seguros pecuarios especializados en vacún (que cobre a perda do animal, cesáreas, o baleiro sanitario por saneamento, etc.) apicultura, aviario, equino, porcino, ovino e caprino.
- Seguro forestal.
- Seguro agrícola para viñas, produtos da horta, froita e forraxes, cereal, que pode cubrir, ademais das coberturas habituais, se o desexas o dano producido por xabarís, toupas ou outros animais nas colleitas.
-
Seguro de maquinaria
O noso seguro de tractores e maquinaria agrícola cobre a póliza obrigatoria de circulación, pero ademais ofréceche a contratación de coberturas adicionais segundo as túas necesidades: como responsabilidade civil de traballos en bens propios ou alleos, accidente do condutor, asistencia médica, incendio, roubo, perda total…
-