Axudas para o teu negocio
Coñece os préstamos e mais os avais Next Generation
Os especialistas de ABANCA desenvolveron novos produtos específicos para este programa cunhas condicións de financiamento melloradas.
Préstamo Complemento Next Generation
Se pediches unha subvención Next Generation, e necesitas complementar o financiamento para o teu proxecto, desde ABANCA podémoste axudar cos nosos préstamos Next Generation
- Ata un prazo de 10 anos
- Tipo de xuro fixo ou variable

Préstamo Anticipo Next Generation
Para que poidas dispor da subvención o antes posible, anticipámosche o 100% da subvención concedida en condicións moi vantaxosas.

Aval Next Generation
É posible que a Administración che esixa que presentes unha garantía bancaria para que o teu proxecto se realice. Desde ABANCA podémoste axudar a través dos nosos avais Next Generation.




