Impacto positivo na nosa contorna
O compromiso social de ABANCA faise realidade, en primeiro lugar, a través da concesión de financiamento a empresas e familias para levar a cabo os seus proxectos económicos e persoais. Ademais, poñemos á súa disposición produtos, servizos e ferramentas tecnolóxicas deseñadas para satisfacer as súas necesidades financeiras e de aseguramento. O noso sinal de identidade: produtos e servizos claros, fáciles e sinxelos.
En segundo lugar, actuamos a través dun amplo programa de accións deseñadas para incidir en ámbitos con repercusión significativa sobre o desenvolvemento persoal e colectivo, como a educación, a cultura, o deporte ou o medio ambiente. En total, desde o noso lanzamento en 2014 dedicamos máis de 120 millóns de euros en investimento social para promover estas prioridades, tanto a través de programas propios como en colaboración con Afundación.
1. Afundación, a Obra Social de ABANCA
Como mecenas único, apoiamos a Afundación dotándoa de capacidades para o desenvolvemento da súa acción educativa, social e cultural, enfocada ao desenvolvemento integral da persoa e á transformación social, e procurando sempre a eficiencia, a relevancia, a innovación e a sustentabilidade.
- Recursos achegados por ABANCA: 110 millóns de euros (2014-2027).
- Impacto: máis de 2,5 millóns de beneficiarios nos seus diferentes programas.
- Obxectivos: desenvolver un modelo de educación superior innovadora, de calidade e orientada á empresa, potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e fomentar o coñecemento a través da cultura.

2. Inclusión financeira
A nosa ampla presenza sobre o terreo convértenos nunha entidade de referencia en inclusión financeira, garantindo o acceso aos servizos financeiros das persoas residentes nas zonas rurais.
- Accesibilidade: grazas á nosa rede de oficinas fixas e móbiles, Galicia sitúase no TOP-3 das comunidades autónomas con mellor accesibilidade financeira en España.
- Capilaridade única: única entidade financeira presente en 141 municipios galegos.

3. Educación, arte e deporte base
Cremos no coñecemento e nos valores do deporte como motores de transformación social.
- Educación financeira: desenvolvemos diferentes programas en colaboración con Afundación, cun alto compoñente tecnolóxico e especial atención a escolares e persoas maiores.
- Educación superior: impulsamos a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), unha institución de vangarda, privada e de servizo público, sen ánimo de lucro e comprometida co desenvolvemento sostible da sociedade, da cultura e da economía.
- Colección de Arte ABANCA e Fondo bibliográfico: impulsamos unha das iniciativas máis importantes da súa clase en España, formada por cadanseu catálogo de 1.369 obras e 3.632 volumes declarados Ben de Interese Cultural (BIC).
- Apoio ao deporte: a través de ABANCA Deporte Base apoiamos a máis de 20.000 deportistas e 1.600 equipos de base en 34 disciplinas diferentes.

