Ata 500€ polos teus ingresos
Só por abrir a túa conta e domiciliar a túa nómina levas:
- 500 € se a túa nómina é de 1200 € ou máis(1)
- 185 € se a túa nómina é maior de 800 € e menor de 1200 €
Si, ata 500 € directos á túa conta aos poucos días de recibir a túa primeira nómina en ABANCA.

A túa tarxeta, como ti queiras
Coa túa conta moza nómina tes unha tarxeta de débito Ti NX e unha de crédito sen comisión de emisión, mantemento nin administración(3) ata que cumpras 35 anos. Pídea física, úsaa virtual. Ou as dúas.
Ademais, a TÚ NX vístese de surf: leva a túa edición limitada ABANCA Pantín Classic Galicia Pro. ¡Dispoñible só entre o 4 e o 31 de agosto ou ata esgotar existencias!

50€ por cada amigo
Por cada amigo que nos presentes e se faga cliente de ABANCA domiciliando a súa nómina en ABANCA, levas 50€ netos, ata o 31 de decembro de 2026. ¡Podes invitar ata un máximo de 10 amigos e obter ata 500€! Cantos máis invites, máis gañas.

Si, tamén tes Bizum
Actívao na app en segundos e comeza a enviar ou recibir diñeiro en España. Tamén poderás enviar ou recibir diñeiro a Portugal, Italia ou Andorra. Todo desde o teu móbil.

Para as túas viaxes
Saca cartos onde queiras, ata cinco retiradas a débito ao mes en calquera caixeiro do mundo, sen comisións de ABANCA.
Lembra que algúns bancos si poderían cobrarche polo uso do caixeiro.
Paga en calquera parte do mundo, ¡sen comisión por cambio de divisa!

Solicita a túa Conta Moza Nómina en só 10 minutos
Consulta o documento informativo das comisiónsVer ficheiro PDF e a listaxe dos servizos máis representativos.
Vantaxes da Conta Xove Nómina ABANCA: o teu diñeiro, as túas regras
Se tes entre 18 e 34 anos e buscas unha entidade que fale a túa mesma lingua, a Conta Xove Nómina de ABANCA é unha das contas máis competitivas do mercado para xestionar a túa independencia financeira. Deseñamos este produto pensando en nativos dixitais que valoran a inmediatez: sen esperas en oficina, cunha xestión 100% dixital e a liberdade de operar desde o móbil en calquera lugar do mundo.
Descubre todas as nosas contas bancarias
Xa sexa que queiras rendibilizar os aforros ou tirarlles partido aos ingresos, temos unha conta para ti.

Conta Remunerada
Se buscas rendibilizar o diñeiro e facer que os teus aforros crezan, temos unha conta remunerada para ti.

Conta Autónomos
A túa conta aliada se es autónomo. Con todo o que necesitas para o teu día a día, e solucións especiais para o teu negocio.

Conta Xove
Para estudantes ou se eres xoven e aínde non tes nómina, temos outra conta para ti. 100% dixital e ideal para xestionar o teu diñeiro de forma sinxela.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Dúbidas
A Conta Online está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa webAbrirase nunha nova ventá..
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste. En calquera caso, antes de que teñas que comezar a pagar, avisarémosche. Unha vez recibas o aviso de incumprimento, se tes dúbidas sobre o motivo, podes chamarnos por teléfono no 900 815 522 (+34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro).
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.
Para abrir unha Conta Clara sin comisiones y de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.
Facerse cliente é moi sinxelo, 100 % online e só che levará uns minutos. Para sermos o máis áxiles posible, debes ter á man o teu documento de identidade (DNI ou NIE con foto), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade laboral (pedirémoscho ao final do proceso para que che dea tempo a buscalo). O documento pode ser unha copia da nómina, o IRPF ou a vida laboral da Seguridade Social. Por último, farémosche un vídeo selfie para identificarte; asegúrate de que o teu dispositivo móbil ten activados os permisos da cámara.
Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes da conta pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que:
- Adhíraste á campaña (preguntarémosche durante o proceso de alta se aceptas as condicións).
- Fagas o cambio de domiciliación da nómina coa túa empresa ou da pensión coa Seguridade Social (ou outros organismos).
- Recibas o ingreso na túa nova conta. Tes dous meses desde a sinatura da adhesión á campaña.
- O incentivo da ‘promo’ recibiralo nun prazo máximo dun mes desde ese primeiro ingreso de nómina ou pensión.
Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación.
Promovemos a plantación de especies autóctonas de Galicia, coníferas ecoloxicamente adaptadas ás áreas onde se realizan as plantacións. Concretamente en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por catástrofes naturais.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargará de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalos da mellor forma posible para que crezan sas e fortes. As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
No ano 2022, apoiamos a restauración de máis de 55.000 árbores autóctonas, nunha superficie de 52 hectáreas en zonas das 4 provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Desde o ano 2020 levamos plantadas máis de 180.000 especies.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e lograr ser neutros en carbono. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.
Documentación
Amosámosche a información da Conta Clara no seguinte PDF que contén a Ficha de Información Precontractual (FIPRE)
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáConsulta o Documento Informativo de Comisións (DIC).
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáQueres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE)
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáLista de servizos máis representativos asociados a esta conta
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáConsulta o modelo de contrato da Conta Clara
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáConsulta toda a información xeral previa de servizos de pago.
Ver o ficheiro PDF nunha nova ventáSe queres solicitar un traslado de contas a ABANCA, contámosche como facelo
Abrirase nunha nova ventá.Precisas máis información? Fixemos un vídeo para explicar o máis básico :)
Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventáNo blog
Se non entendes os conceptos da túa nómina, explicámoschos para que che queden ben claros.
Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventáAforrar é o teu obxectivo? Faino case sen darte conta!
Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventáCanto tarda unha transferencia bancaria?
Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventáCanto se tarda en abrir unha conta?
Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá(1) Incentivo de 405€ netos, que son 500€ brutos, ata o 31 de decembro de 2026 para novos clientes que domicilien unha nómina ou pensión cun importe igual ou superior a 1200€/mes; se a túa nómina é maior de 800€ e menor de 1200€, o incentivo será de 150€, que son 185€ brutos. Deberás mantela durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario dinerario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina/pensión. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen a súa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto polos meses que resten para acadar a permanencia de 24 meses.
A Conta Online Xove Clara é unha conta corrente non remunerada para novos clientes TXN 0%, TAE:0%, sen comisión de mantemento nin condicións, calculado para un suposto de saldo positivo diario durante un ano.
Para poder contratar a Conta Online Xove Clara só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a Conta Online Clara, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA.
(2) Como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica. Se vemos que vas ás nosas oficinas a realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer dende algúns dos nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis dende a túa app) durante dous meses seguidos, a túa Conta Online Clara pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si ten comisións de administración e mantemento, e, ademais, terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.
Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén cho explicamos.
(3) A tarxeta Visa Ti de crédito será sen custo, sen comisión de emisión, durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000€. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
(4) Para gozar da tarxeta Ti NX necesitas ter unha conta en ABANCA. Tarxeta Ti NX Edición Limitada Pantín: 12.000 unidades dispoñibles para novas altas e renovacións, en todo o territorio nacional, para solicitudes efectuadas entre o 04 de agosto e o 13 de agosto de 2026 ou ata esgotar existencias.
No pack de Conta Online Clara tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo en 12 cotas mensuais idénticas, sen intereses nin comisións (TIN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Polo tanto, o importe total adebedado sería de 420€. Sen comisións, TIN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avda. da Mariña núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. CIF: B-70049630.
ASEGURADORAS: ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de rexistro na DGSFP C0628 e domicilio social na avda. da Mariña 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Xerais de Seguros e Reaseguros, S.A., con NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, Avda Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 con clave de rexistro na DGSFP C-0808. CASER, Caixa de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. con domicilio social en Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0031 e SANITAS, Sanitas Sociedade Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera do Loira, 52 –28042 Madrid e con clave de rexistro na DGSFP C0320. Consulta o resto de entidades aseguradoras coas que o mediador ten concertado un contrato de axencia no apartado de seguros de abanca.com



