Investimentos xestionados polos nosos expertos
O noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento encárgase do 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento.
Contamos cun modelo de investimento propio que combina unha estratexia avanzada e personalizada para que a xestión das carteiras estea adaptada ao perfil de cada cliente. É importante ter en conta que os produtos contratados neste servizo son fondos de investimento que levan riscos e poden supoñer perdas no capital investido.

Leva un 2% de bonificación
Goza dunha bonificación en efectivo do 2% do importe achegado cun límite máximo de bonificación de 6.000€. Debes realizar un novo investimento de, polo menos, 60.000€, cun compromiso de permanencia de 30 meses. ¡Promoción válida ata o 30 de xuño de 2026!

Cartera ABANCA Futuro: estratexia de investimento
Trátase dunha carteira global, diversificada e con visión de futuro, e estrutúrase do seguinte xeito:
- Fondos de xestión pasiva que proporcionan exposición aos mercados de renda variable global.
- Fondos con estratexias especialistas e complementarias, mantendo un enfoque global e unha visión a longo prazo.
- Fondos temáticos que invisten en megatendencias: cambios demográficos, sustentabilidade ou innovación.
- Inviste polo menos o 75% do patrimonio en fondos sostibles.
- Ten exposición aos movementos das divisas, polo que a súa valoración recolle as variacións das divisas.

Características da carteira
(*) VaR: Valor en risco anual ao 95% de confianza. É unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.
Lembra que poderás dispor do teu investimento solicitando unha cancelación parcial ou total do servizo, ten en conta que o reembolso das participacións nos fondos de investimento tardará uns días desde que o solicites. Se cancelas o servizo antes dos horizontes temporais recomendados pode aumentar o risco de perda do capital investido.
Consulta a información completa sobre os riscos dos produtos de investimento e o resto das características ao final da páxina
Comisións da carteira
Para o servizo de Xestión Discrecional de Carteiras, podes elixir entre dous tipos de comisións. En ambos casos, ten en conta que os propios fondos nos que invistes teñen custos e gastos. Estes cargos xa están incluídos no seu valor diario, polo que reducen directamente a rendibilidade da túa carteira.
As comisións incrementaranse co IVE vixente. O custo máximo do servizo é:
- Tarifa Fixa: Un máximo do 1,05% anual sobre o patrimonio xestionado (o que equivale a un 1,27% co IVE incluído).
- Tarifa Mixta: Un máximo do 0,90% fixo anual (1,09% con IVE incluído), máis unha comisión variable do 10% sobre as plusvalías (12,1% con IVE incluído).

Se consideras que a Carteira ABANCA Futuro se axusta aos teus obxectivos de investimento, o noso equipo de xestores está á túa disposición para proporcionarte toda a información que precises, sen ningún compromiso.
Carteiras ABANCA
Consulta a información sobre sustentabilidade
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA Futuro
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA Responsable
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA 360
Escóitanos tamen en
En canto á información sobre as principais características e riscos dos fondos de investimento, atópanse no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo, que está á súa disposición xunto co resto da documentación legal esixible, nas oficinas, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMV e nesta web.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios, sen que poida considerarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros implica riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden supoñer perdas no capital investido polo investidor, podendo supoñer a perda total do capital investido. Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.
É importante ter en conta o horizonte temporal da carteira, xa que solicitar a cancelación do servizo antes de que remate o horizonte recomendado pode implicar que se asuma un maior risco de perda no capital investido.
A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos teñen orixes e circunstancias moi diversas: contornos políticos, económicos e sociais en xeral.
Condicións da promoción: Oferta válida ata o 30 de xuño de 2026 para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira abertos ata trinta días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA de acordo coas condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 2% do importe captado sempre que se alcance o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo") cun máximo de bonificación de 6000€. Investimento mínimo e a manter de 20.000€ no caso de Carteira ABANCA 360 e de 60.000€ para as Carteiras ABANCA Equilibrio, Carteira ABANCA Responsable e Carteira ABANCA Futuro e compromiso de permanencia de 30 meses.




