Banca a distancia

App de banca móbil
Para ver canto aforraches ou gastaches, mover o teu diñeiro, investir, contratar produtos, ou acender e apagar as túas tarxetas. Todo o que necesitas dun banco, onde queiras e cando queiras.
Ademais, con ABANCA Recibos podes pagar recibos non domiciliados facéndolles unha foto co teu móbil. Sen formularios e directamente desde a túa app de Banca Móbil de ABANCA.

Banca electrónica

Banca telefónica
Máis servizos dixitais para enviar ou retirar diñeiro
Xestiona o teu diñeiro de maneira cómoda cos servizos dixitais que che ofrece ABANCA. Poderás enviar, recibir e retirar efectivo sen necesidade de levar unha tarxeta física, xa sexa realizando un Bizum desde o teu móbil, pagando compras online ou sacando diñeiro en miles de caixeiros por todo o mundo con ABANCA Cash. Controla as túas finanzas de forma rápida e segura, todo ao alcance da túa man.

Bizum

ABANCA Cash
Se queres sacarlle todo o proveito ás solucións a distancia de ABANCA, podemos axudarche.
Vén falar connosco e explicarémosche como adaptar estes produtos ás túas necesidades.
Tes preguntas sobre os servizos de banca a distancia? Nós respostas
Dúbidas
Se tes bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (ou no +34 981 910 537 se nos chamas dende o estranxeiro) ou nunha das nosas oficinas.
Se es usuario de banca electrónica de particulares e te equivocaches tres veces coa clave e se che bloqueou o acceso, podes desbloqueala dende a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (+34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSAbrirase nunha nova ventá..
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web
O PIN é un número de identificación persoal e secreto. Consta de seis díxitos e utilízase para acceder aos servizos dixitais da entidade. A súa función principal é autenticar a identidade do usuario para acceder aos servizos da app de banca móbil, a banca electrónica e a banca telefónica.
Utiliza o teu PIN unicamente cando accedas de forma proactiva á túa banca dixital. Ignora calquera petición urxente ou sospeitosa que che pida este código. En ABANCA nunca che pediremos as túas claves fóra das nosas aplicacións seguras.
Si, as túas claves son únicas. Cun só usuario e PIN podes acceder a todos os nosos canais dixitais. Ao dar de alta o teu servizo de banca a distancia tes acceso a:
- App de banca móbil. Descárgaa no teu smartphone iOS Serás redirixido a outro sitio webou AndroidSerás redirixido a outro sitio web
- Banca electrónica. Accede de forma segura desde a área de clientes de abanca.com.
- Banca Telefónica. Chámanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 desde o estranxeiro)
Como te identificas? Só precisas o teu usuario (normalmente o teu DNI ou NIE) e o teu PIN secreto de 6 díxitos. Os nosos sistemas validan esta clave de forma automática e cifrada para que ninguén máis poida vela.
Se precisas contactar con ABANCA, chama aos números oficiais que se indican na información contractual ou na web. O teléfono xeral de ABANCA é o 900 815 522 (+34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro). Se che pedimos que nos indiques o motivo da chamada, farémolo a través dun sistema automático de voz que solicita que teclees no teclado do teu móbil o PIN de 6 cifras. O sistema automático realiza a lectura de forma segura sen acceso real aos números.
Un consello de seguridade importante: se somos nós quen te chamamos, nunca che pediremos o PIN completo. Se ti nos chamas a nós, introduciralo unicamente a través do teclado do teu teléfono cando o sistema automático cho solicite.
Mostrámosche como facer un Bizum de forma clara e sinxela desde a app de ABANCA.
- Selecciona a conta desde onde queres enviar o diñeiro.
- Preme Enviar diñeiro > Bizum
- Busca ou introduce o móbil do destinatario, o concepto e mais o importe do Bizum.
- Preme en enviar diñeiro, e listo!
Ao momento o beneficiario recibirá o importe na súa conta ou lle indicaremos como pode cobralo se non está dado de alta en Bizum.
Se es ti o que recibes o pago chegarache unha notificación ao móbil. Desde ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta.