Operacións principais que podes realizar
Custo cero e máxima seguridade certificada
- Operacións 100% gratuítas: A banca electrónica non ten custos de mantemento. Ademais, sumas vantaxes e operacións gratis.
- Seguridade: Cumprimos cos estándares normativos máis esixentes para protexer a túa identidade e o teu diñeiro.
- Control antifraude: Sistemas de alertas inmediatas fronte a uso non autorizado e claves de reforzo para confirmar as túas operacións.

Se o prefires, podes consultar os teus gastos e realizar as túas xestións desde o teu móbil.
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Realizar operacións a través de internet (compras, consultas, pago de recibos…) é cada vez máis habitual, ¡e máis seguro! Dámosche algúns consellos na nosa guía de seguridadeAbrirase nunha nova ventá. para utilizar a banca electrónica.
Se tes bloqueado o teu usuario de banca electrónica de empresas, podes solicitar o desbloqueo no 981 910 537 (ou no +34 981 910 537 se nos chamas dende o estranxeiro) ou nunha das nosas oficinas.
Se es usuario de banca electrónica de particulares e te equivocaches tres veces coa clave e se che bloqueou o acceso, podes desbloqueala dende a túa banca móbil se dispós dunha tarxeta financeira, chamarnos ao 900 815 669 (+34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro) ou acudir a calquera das nosas oficinas.
Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android Serás redirixido a outro sitio webe iOSSerás redirixido a outro sitio web.
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.Serás redirixido a outro sitio web
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.Serás redirixido a outro sitio web

