Seguridad: protégete de las ciberestafas
Prevén o fraude con Chave ABANCA
Seguridade: protéxete das ciberestafas
Dedicamos moitos esforzos para protexerte, pero só ti podes actuar fronte a certos riscos.
- Nunca accedas á túa banca electrónica desde ligazóns ni anuncios en buscadores. Escribe a dirección web de ABANCA directamente no teu navegador.
- Cando entres na nosa web, comproba que apareza o indicador de seguridade, representado por un cadeado . Atoparalo na túa barra de navegación.
- Descarga a app desde as tendas de aplicacións de iOS e Android.
- Cando teñas que validar unha compra online, le con atención o sms cos códigos que che enviamos e identifica o vendedor e o importe.
Nunca compartas as túas claves
As túas claves de acceso son só túas. Nunca as reveles! Se tes dúbidas ou crees que alguén pode coñecelas, cámbiaas de forma inmediata. Tampouco compartas os teus datos persoais. E lembra: se alguén che pide as túas claves por SMS, correo electrónico ou chamada, non somos nós!

Ao rematar as túas xestións, pecha a túa sesión
Se non o fas, alguén que utilice o mesmo ordenador pode acceder á banca electrónica coas túas contrasinais. Aínda así, a túa sesión de banca electrónica desconéctase de forma automática se ve que levas uns minutos sen facer nada.

Como acceder a túa banca electrónica con seguridade
A túa banca electrónica incorpora un sistema de reforzo de seguridade para identificarte de forma segura.
Tras varios fallos consecutivos ao introducir as túas claves ou un longo período de inactividade, a túa banca electrónica quedará bloqueada. Para desbloqueala, utiliza a ligazón “Non consigo acceder” ou acode á túa oficina máis próxima para solicitar un novo PIN.
Insistimos: os ciberdelincuentes fanse pasar por servizos de mensaxería, tendas online, administracións públicas, e tamén por bancos! Así que lembra: nunca che pediremos as túas claves. E se tes dúbidas, chámanos.
Se crees que fuches vítima dunha estafa:
En caso de ter instalado un antivirus, realiza unha análise do dispositivo para tentar desinstalar a aplicación maliciosa.
Se isto non funciona, podes restaurar os valores de fábrica do dispositivo desde a sección de ‘Axustes’. Este tipo de aplicacións poden ser difíciles de eliminar, mesmo para unha solución de antivirus.
Recomendámosche que cambies o PIN de acceso ás túas contas bancarias, así como o das túas tarxetas bancarias.
Ademais, podes denunciar o suceso á Policía Nacional, a Garda Civil ou no Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
Se pasa algo, como te avisamos?
Temos un dos mellores equipos humanos e técnicos: se detectamos algo raro, poñerémonos en contacto contigo por teléfono ou correo electrónico para informarte dalgún posible problema ou verificar a autenticidade dalgunha das túas operacións.
Lembra que nunca che solicitaremos datos confidenciais nin claves por correo electrónico, SMS ou WhatsApp. Por iso, se che solicitan ese tipo de información, non respondas! Alguén podería estar a te enganar.
Se algunha vez che ocorre algo así, agradecémosche que nolo envíes a tuseguridad@abanca.com para evitar posibles fraudes a outros clientes.
Os nosos sistemas de seguridade non estarían completos sen a túa axuda
Por iso, se detectas algunha actividade estraña, agradecerémosche que nolo fagas saber se:
Ocorre algo coas túas compras, as túas tarxetas ou as túas contas
Atopas algunha web que se parece á de ABANCA pero non o é
Ao acceder á túa banca a distancia solicítanche máis claves das habituais
Chéganche avisos ao móbil sobre accesos ou operacións que ti non estas facendo
Chégache un correo cunha ligazón directa á túa banca electrónica

Tus compras online seguras
- Autenticamos as túas compras por internet.
- Esiximos a firma de certas operacións para iso podemos enviarche unha notificación á app de banca móbil ou pedirche uns datos e un contrasinal dun só uso que enviaremos ao teu teléfono móbil. Comproba que a operación se corresponde coa que estás realizando.
Poderás consultar toda a información sobre a seguridade nas compras online, aquí.

Dáche reparo dar o número da túa tarxeta ao comprar en liña?
O noso sistema de seguridade está preparado para non comprometer nin a túa información nin o teu diñeiro cando realizas compras online.

Unha conta online sen comisións
Xera unha tarxeta virtual directamente desde a túa app de ABANCA e asígnalle o límite de diñeiro que decidas. É fácil, rápido e gratuíto.
Tamén podes limitar o risco das túas compras utilizando as tarxetas prepago. Só poderás utilizar o saldo que teñas cargado.
Tarxetas virtuais: solución para compradores expertos (ou inexpertos)

Cres que esqueciches a túa tarxeta na casa pero non estás seguro?
A app de ABANCA dáche a posibilidade de apagar e acender as túas tarxetas. Así, poderás controlar facilmente o seu uso e desactivalas se sospeitas que fuches vítima de roubo, fraude, ou se a perdiches.
Creo que perdín a miña tarxeta, ¿mellor apagala o bloqueala?Serás redirixido a outro sitio web







