Conta Clara
🧐

Todo o que che cómpre saber para as túas compras seguras na web

Dende xaneiro de 2021, a directiva europea de Servizos de Pago (máis coñecida polas súas siglas en inglés, PSD2), establece a forma na que os europeos compramos e pagamos en internet, co obxectivo, entre outros, de protexer o noso diñeiro e os nosos datos persoais.

Quizais xa che pasou: cando compras en determinados sitios web ou en algunhas aplicacións móbiles, é necesario que te identifiques co teu móbil. Contámosche como e por que.

Pola túa seguridade

Todos os bancos do Eurosistema temos que cumprir con esta lexislación, e en ABANCA esforzámonos para que sexa o máis sinxelo posible. Abonda cun clic. ¡Presta atención!

  • Compra

    Utiliza as túas tarxetas ABANCA para pagar en calquera ecommerce. A maioría das veces non terás que facer nada máis.

  • Autoriza

    Pola túa seguridade, algunhas veces terás que autorizar a compra. Faino coa túa app de forma áxil, rápida e segura.

  • Goza

    Dedicamos moitos recursos para que poidas comprar coa tranquilidade de saber que estás nas mellores mans.

Se xa usas a nosa app

Centos de miles de persoas utilizan a nosa app cada día para xestionar o seu diñeiro. Se es unha delas, parabéns! As túas compras online serán moi, moi sinxelas.

Só debes asegurarte de que tes as notificacións activadas (podes facelo dende aquí se navegas dende o teu móbil). Cando realices o pago dunha compra por internet, e se o ecommerce así o require, enviarémosche a confirmación da operación a través dunha notificación da túa app de ABANCA. Poderás facer os teus pagos da forma máis cómoda e segura, e seguir comprando o que che apeteza e onde che apeteza.

Esta comprobación de seguridade é unha das esixencias da directiva PSD2 da UE, a Autenticación Reforzada de Clientes, un extra de seguridade para as túas compras por internet.

Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Se (aínda) non usas a app

Se por algún motivo non queres descargar a app de ABANCA 🤔 ten en conta que o proceso para validar as túas compras non será tan sinxelo.

Sexa cal sexa o teu banco ou a túa tarxeta, para poder comprar en determinados sitios necesariamente terás que validar a operación. En ABANCA, se non utilizas a app, pedirémosche que introduzas o PIN da tarxeta coa que estás realizando a compra. Ademais, enviarémosche un SMS cunha clave dun só uso, polo que é importante que te asegures de que temos o teu número de móbil actualizado.

E lembra: mantente alerta por favor se che chega un destes mensaxes e non se corresponde cunha compra real, e segue sempre as nosas recomendacións de seguridade online.

Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Resposta ás preguntas frecuentes

Agrupamos as dúbidas que che poderían xurdir ao utilizar as túas tarxetas ABANCA para pagar unha compra en internet. Queremos que teñas toda a información á man.

Téñense en conta diferentes factores: a información que nos facilita o comercio, a frecuencia de uso da túa tarxeta, o importe da compra, as operacións que fixeches antes, o dispositivo que esteas utilizando… e moitos outros datos que utilizamos para poder garantir a túa seguridade sen afectar á túa experiencia de compra.

O máis probable é que non vises a notificación que enviamos á túa app de banca móbil para autorizar a compra. Abre esa notificación, identifícate como adoitas facer para entrar en banca móbil e confirma a operación. Se non a recibiches, asegúrate de que tes as notificacións activadas. Se estás lendo isto dende un teléfono móbil, podes facelo agora mesmo nesta ligazón.

Se continúas sen recibir as notificacións, na pantalla na que deberías confirmar a operación, tamén tes unha opción para indicar que non recibiches a notificación e poderás pasar a outros métodos alternativos para autorizar a compra.

Pola túa seguridade, os bancos só podemos permitir operar en comercios que cumpren coa normativa PSD2 se temos algunha forma de comprobar que es ti quen o está a facer. Para iso, a mellor alternativa é que instales a nosa aplicación de banca móbil. Se non queres ou non podes facelo, será necesario que nos facilites e manteñas actualizado o teu número de teléfono móbil.