Unha conta para que aprendan a aforrar
- A Conta Netclub é unha conta infantil para menores con idades comprendidas entre 0 e 15 anos.
- A medida que aforren, irán acumulando puntos Netclub que poderán cambiar por libros, música, tecnoloxía…
- Sen comisións nin xuros de ningún tipo (TXN 0% e TAE 0%).
- Calquera saldo que se presente na conta non será retribuído, se o saldo existente fose, por exemplo, 6.000 €, a retribución por dito importe sería de 0 €.
Como funciona o Programa de puntos Netclub?
Irás sumando puntos trimestralmente, segundo o saldo medio que teñas na túa conta nese momento: 1 punto por cada 50 euros de saldo. Por exemplo: se abreses unha Conta Netclub o día 1 de xaneiro con 50 euros e mantiveses esa cantidade ata o 31 de decembro, recibirías catro puntos, un cada trimestre.
Cada tres meses, recibirás un extracto informándote do teu saldo ou podes chamarnos ao 981 910 522. Tes toda a información nas bases do programaVer ficheiro PDF.

Que documentación necesito?
- O libro de familia ou a folla de inscrición no rexistro.
- O DNI do menor e mais o DNI dos representantes legais.
- No caso de que os representantes legais non sexan os pais, cómpre presentar a documentación que acredite esa condición.

E cando o meu fillo sexa maior de idade?
Con 16 anos entrará no nivel Mozo do Programa Servizos ABANCA, sen que teñades que facer nada, e poderá gozar de moitos beneficios ata os 30 anos:
- Non pagará comisións de mantemento se a conta está ao seu nome e todos os titulares teñen entre 16 e 29 anos. Poderá facer transferencias gratis a través da súa banca electrónica e da súa app de ABANCA.
- Terá unha tarxeta Mastercard Ti NX sen custo, sen comisión de emisión nin de mantemento, coa que terá condicións especiais ata os 35 anos. Poderá retirar diñeiro a débito en calquera caixeiro de ABANCA e ata 5 veces ao mes na Rede Euro 6000, ING, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros, Euro Automatic Cash e Banca March.
De acordo coa normativa vixente, esta retribución por parte de ABANCA constitúe o que se coñece como un rendemento de capital mobiliario en especie e, polo tanto, está suxeita ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) por parte de quen a recibe e, se é o caso, á correspondente obriga de ingreso a conta por parte do pagador. Corresponderalle a ABANCA a práctica do ingreso a conta aplicable, se é o caso, cuxa contía será asumida por ABANCA como maior importe da retribución. En ningún caso poderán ser obxecto de compensación económica ou retribución en efectivo os produtos do noso catálogo Netclub.
