Taboleiro de anuncios

Neste taboleiro de anuncios recollemos información sobre tarifas, contratos e demais documentación de publicación obrigatoria.

Tarifas e comisións

Tarifas

Podes consultar as tarifas completas en todas as oficinas ABANCA.

Programa Servizos ABANCA

Neste epígrafe podes atopar información salientable sobre os requisitos e beneficios do Programa Programa Servizos ABANCA:

Troco de divisas

Velaquí tes os tipos de troco mínimos de compra e máximos de venda ou, no seu caso, os tipos únicos, e as comisións e gastos que se lles aplicarán ás operacións de compravenda de divisas ou de billetes estranxeiros contra euros, cando o seu importe non exceda os 3000 euros.

Quen me protexe

Servizo de atención ao cliente

Para calquera suxestión, dúbida ou consulta podes acceder ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA.

PSD2

Poñemos á túa disposición o folleto electrónico sobre os dereitos dos consumidores ao realizar pagosVer ficheiro PDF previsto no artigo 106.1 da Directiva sobre servizos de pago (PSD2) e de conformidade coa Disposición Adicional terceira da Orde ECE/1263/2019, sobre transparencia das condicións e requisitos de información aplicables aos servizos de pago.

Transparencia bancaria e protección ao cliente

As operacións bancarias e do mercado de valores desenvolvidas por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. réxense, en materia de transparencia e protección da clientela, polas seguintes normas:

FONDO DE GARANTÍA DE DEPÓSITOS

Os depósitos mantidos en ABANCA están garantidos polo Fondo de Garantía de Depósitos español (FGD)Ver ficheiro PDF. O FGD ten a súa sé en Madrid, na calle José Ortega e Gasset, 22, 5º, 28006. O seu teléfono é +34 91 431 66 45 o fax o +34 91 575 57 28, e o correo electrónico fogade@fgd.es

O límite da cobertura é de 100.000 € por depositante e entidade de crédito ou, se o depósito está noutra moeda, o seu equivalente ao aplicar os tipos de troco do día en que se produza algunha das causas para a execución da garantía, ou do anterior hábil se fose festivo.

Se tes máis depósitos en ABANCA, súmanse todos os teus depósitos e o total está suxeito ao límite de 100.000 €. Se, por exemplo, tiveses unha conta de aforro con 90.000 € e unha conta corrente con 20.000 €, reembolsaríanseche 100.000 €.

Se tes unha conta en participación con outras persoas, o límite de 100.000 € aplícase a cada depositante por separado, agás os depósitos que realices como socio ou membro dunha sociedade, asociación ou agrupación de índole similar, sen personalidade xurídica, pois nese caso sumaríanse e trataríanse como se os efectuase un depositante único para efectos do cáculo do límite.

Ademais do importe garantido para os depósitos, os valores ou instrumentos financeiros depositados en ABANCA contan cunha garantía independente, que tamén ten un importe máximo de 100.000 €.

Se queres consultar a información completa sobre a cobertura dos depósitos de ABANCA, podes facelo neste documentoVer ficheiro PDF.

En caso de que teñas débedas con ABANCA que sexan esixibles en data anterior ou igual ao día en que se producise algunha das causas para a execución da garantía e non exista ningunha disposición legal que o prohiba, estas débedas teranse en conta para calcular o importe reembolsable.

O período de reembolso se se producise o concurso da entidade de crédito é de 20 días hábiles ata o 31 de decembro de 2018; de 15 días hábiles entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020; de 10 días hábiles entre o 1 de xaneiro do 2021 e o 31 de decembro de 2013; e de 7 días hábiles a partir de xaneiro de 2014.

Ao FGD resúltanlle de aplicación as seguintes disposicións normativas:

Se queres máis información sobre o Fondo de Garantía de Depósitos podes consultar a web do FGDSerás redirixido a outro sitio web.

Como me informo?

INFORMACIÓN PRECONTRATUAL E OFERTAS VENELLANTES

Informámosche de que está ao teu dispor de forma gratuíta, se es cliente de empréstitos e créditos hipotecarios suxeitos á Orden EFA/2899/2011Ver ficheiro PDF, a seguinte información:

  • A Guía de Acceso ao Empréstito HipotecarioVer ficheiro PDF (es) elaborada polo Banco de España. A Guía vai dirixida aos prestatarios que sexan persoas físicas, se a hipoteca recae sobre unha vivenda, ou se a finalidade do empréstito é mercar ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificacións construídas ou por construír. Tamén están abeirados por esta Guía os casos de subrogación de empréstitos de promotor.

  • A Ficha de información precontractual (FIPRE), relativa aos empréstitos e créditos hipotecarios cando como cliente sexas unha persoa física, se a hipoteca recae sobre unha vivenda, ou se a finalidade do empréstito é mercar ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificacións construídas ou por construír.

  • A oferta vencellante: que poderán solicitar os clientes interesados na contratación de créditos ao consumo acollidos á Lei 16/2011Ver ficheiro PDF, de empréstitos hipotecarios acolidos á Lei 2/1994, e de empréstitos e créditos hipotecarios acollidos á Orde EFA/2899/2011Ver ficheiro PDF, de 28 de outubro, antes da celebración do contrato.

FOLLETOS E CONTRATOS TIPO

Tamén pomos ao teu dispor o contrato tipo de custodia e administración de instrumentos financeirosVer ficheiro PDF (.pdf) así como o contrato tipo de xestión discrecional e individualizada de carteiras de inversión(.pdf)Ver ficheiro PDF.

TITULARIDADES FINANCEIRAS

Sinalámosche que, conforme a normativa de prevención do branqueo de capitais e do finanzamento do terrorismo, ABANCA está obrigada a declararlle ao Ficheiro de Titulariedades Financeiras a apertura e cancelación de todas as contas correntes, contas de aforro, contas de valores ou depósitos a prazo, xunto cos datos identificativos dos titulares, titulares reais, representantes e autorizados. O responsable deste ficheiro é a Secretaría de Estado de Economía e Apoyo á Empresa, e actúa como encargado do tratamento, en nome da Secretaría de Estado, o Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias.

Esta información ten a finalidade de previr e impedir o branqueo de capitais e o finanzamento do terrorismo.

MiFID

INFORMACIÓN MIFID

Velaquí toda a información verbo da normativa sobre os mercados de instrumentos financeiros, coñecida como MIFID. Esta é a información precontractual MiFIDVer ficheiro PDF.

Ademais, a relación entre os clientes minoristas e profesionais de ABANCA para a prestación de servizos de investimento formalízase nun Acordo básico - termos e condicións xerais aplicables á prestación pola entidade de servizos sobre produtos de investimentoVer ficheiro PDF (.pdf). Poderás asinar este acordo na túa oficina ou a través de banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web.

Así mesmo, e en liña co compromiso da entidade coa sostibilidade, poñemos á súa disposición un documento informativo sobre conceptos básicos relacionados con este ámbitoVer ficheiro PDF, así como sobre a consideración das preferencias de sostibilidade dos clientes no test de idoneidade que serán tidas en conta cando lle prestemos o servizo de asesoramento en materia de investimento e/o xestión de carteiras. Para que vostede poida responder correctamente as preguntas que lle formulemos é importante que lea detidamente as explicacións que se inclúen no mesmo e, en caso de dúbida, consulte ao seu asesor, xestor ou axente.

Solicitude de cambio de clasificación de clientes

A normativa MiFID establece o dereito que che asiste, se o desexas, a solicitar o troco de clasificación, asumindo as posibles implicacións e limitacións que acompañan a clasificación solicitada en relación co nivel de protección que ABANCA outorga.

Os posibles trocos de clasificación admitidos por ABANCA son:

  • Clientes minoristas: poderán solicitar que se lles trate como clientes profesionais, logo de declararen o cumprimento de dous dos tres requisitos necesarios para que ABANCA admita o troco de clasificación e contribución, se for o caso, da documentación acreditativa dese cumprimento. Asi mesmo, a avaliación da conveniencia realizada ao cliente deberá concluír que o cliente ten coñecementos e experiencia para comprender os riscos da contratación de cualquera tipo de instrumento financeiro avaliado.
  • Clientes profesionais: poderían solicitar ser tratados como clientes minoristas.
  • Contrapartes elixibles: poderían solicitar ser tratados como clientes profesionais ou minoristas.

En relación cos dereitos que a Lei do Mercado de Valores lle outorga ao investidor, presentámosche as distintas políticas adoptadas por ABANCA.

De acordo coa normativa MIFID II, as empresas de inversión deben permitir que o público e os inversores evalúen a calidade das súas prácticas de execución e identifiquen os cinco principais centros de execución e intermediarios en términos de volume de negociación nos que executaron ordes de clientes durante o ano anterior. Con este fin, ABANCA publica os correspondentes Informes dos principais centros de execución e intermediarios e a calidade da execución obtida.

Solicitude de cambio de clasificación de clientes

Para calquera consulta que desexes facer en relación con algún aspecto da normativa MiFID podes utilizar os seguintes métodos de comunicación:

Más información