Características do noso bróker en liña
Que é un bróker online?
Un bróker online é unha plataforma dixital a través da cal podes mercar e vender produtos financeiros directamente. Se antes precisabas acudir a unha oficina para investir, hoxe o bróker de ABANCA pon a Bolsa e operar con accións, ETFs e fondos na palma da túa man.
As súas funcións básicas son:
Ordes: Tramita as túas ordes de compra ou venda de accións de renda variable, ETFs ou fondos de investimento.
Información: Ofréceche informes de análise, gráficas e cotizacións actualizadas para apoiar a toma das túas decisións de investimento.
Para que serve un bróker online?
A utilidade principal é darche o control total da túa saúde financeira. Non se trata só de "investir por investir", senón de xestionar o teu patrimonio de forma autónoma.
Investimento á túa medida: permíteche mercar desde accións de empresas ata ETFs e fondos de investimento.
Pasaporte aos mercados: cun só clic, accedes ao IBEX 35, ao mercado europeo ou ás bolsas estadounidenses (NYSE, NASDAQ), diversificando os teus aforros para non "poñer todos os ovos na mesma cesta".
Como funciona o bróker de ABANCA?
Comezar a operar é un proceso áxil e totalmente dixital. Estes son os pasos para activar o teu bróker en liña:
Requisitos e consideracións antes de comezar
Para cumprir coa normativa vixente e ofrecerche un proceso transparente e adaptado á lexislación, necesitaremos:
Documentación vixente: Ter o teu DNI ou NIE actualizado e os teus datos de residencia fiscal en España.
Conta bancaria en ABANCA: É o soporte onde se liquidarán as túas operacións, aboamento de dividendos…
Importancia económica e persoal de elixir un bróker online
Elixir un bróker en liña non é só abrir unha conta máis, é unha decisión estratéxica para as túas finanzas persoais.
Investir a través dunha plataforma áxil permíteche:
Planificación a longo prazo: Construír un patrimonio para o futuro ou a xubilación de forma disciplinada.
Axilidade financeira: Reaccionar ás oportunidades do mercado cando ocorren, sen esperas nin burocracias lentas.
Ao integrar o teu bróker no teu banco de confianza, unificas a túa xestión diaria coa túa estratexia de investimento, logrando unha visión 360° do teu diñeiro.
Opera co Bróker en liña con valores e fondos de investimento
Todos os nosos clientes teñen á súa disposición un Bróker en liña para operar en accións e ETFs, e con fondos de investimento do xeito máis doado e áxil. Trátase dunha plataforma web e app con todo o que precisas para moverte pola bolsa, buscar, mercar e vender accións, ETFs e fondos de investimento.
Tamén atoparás noticias de actualidade relacionadas con economía, mercados e empresas que che axudarán a estar ao día de toda a información.
Se o que queres é diversificar o teu patrimonio de xeito doado, temos un amplo catálogo de fondos de investimento, no que podes elixir entre fondos nacionais e internacionais, os que mellor se adapten ao teu perfil financeiro e a ti. Ademais, non precisas ser un experto, porque os fondos de investimento son xestionados por xestores profesionais.
Ti decides o risco que estás disposto a asumir, desde un nivel baixo de risco ata un risco máis elevado. Se che interesa, contamosche todos os detalles. Ou desde o noso bróker en liña, tes á túa disposición toda a información dos fondos de investimento dispoñibles. Tamén podes consultar a túa posición e, tamén, buscar ou facer un seguimento sobre os fondos internacionais que che resulten máis relevantes.
Os detalles sobre as principais características e riscos de cada fondo, podes consultalos no folleto informativo e no documento de datos fundamentais para o investidor de cada fondo, que está á túa disposición, xunto co resto da documentación legal esixible, na información detallada de cada fondo, no noso bróker e nas nosas oficinas, na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consultar a documentación dos fondos é imprescindible antes de tomar calquera decisión de investimento.
Poderás agrupar todas as túas operacións nos mercados na túa Conta Valores e aproveitar unha tarifa plana para a compra e venda de valores nacionais.
Se es cliente de ABANCA, só precisas as túas chaves de banca electrónica para darte de alta, se aínda non as tes podes solicitalas e enviarémoschas rapidamente. Se aínda non es cliente de ABANCA podes abrir unha conta corrente en liña desde esta mesma web, ¡en só uns minutos! ¡Asegurámoste!
Antes de investir en bolsa…
Para investir en bolsa o primeiro que necesitas é unha Conta de valores desde a que administrarás a túa carteira de accións. Terás todos os teus movementos con valores agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras.
A Conta de Valores e o contrato marco de fondos de investimento están asociados a unha conta corrente ou de aforro, á que cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e a custodia dos valores que deposites, etc. Tamén será aí onde se che ingresará o diñeiro procedente da venda dos valores e dereitos, ou o cobro de dividendos. Aínda non tes a túa? Contrátaa xa desde Bróker online co usuario e o contrasinal da túa banca a distancia.
As tarifas do teu bróker online
| Importe | Comisión por operación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mercado nacional | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ata 3000 € | 6 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ata 10.000 € | 9 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ata 30.000 € | 15 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Resto operacións | 0,15% | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mercados internacionais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ata 20.000 € | 20 € | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Resto operacións | 0,30 % | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Se es cliente de ABANCA e realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Lembra que, como en calquera operación bursátil, deberás aboar as taxas e cánons da Bolsa, que son comúns a todas as entidades, ademais dos gastos de correo se aínda non activaches o servizo gratuíto de e-correspondencia. Ademais, debes ter en conta os custos vinculados á custodia dos valores. Para máis información sobre custos e gastos podes poñerte en contacto connosco ou consultar este documento.Ver ficheiro PDF Ademais, debes ter en conta que algúns produtos, como os ETFs e fondos de investimento, teñen os seus propios custos que minoran a rendibilidade dos mesmos. Antes de tomar calquera decisión de investimento debes ter en conta este aspecto. Podes consultar os custos e gastos no documento de información de datos fundamentais do propio fondo así como no documento de custos e gastos que ABANCA pon á túa disposición. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tes dúbidas sobre o Broker Online de ABANCA? Nós temos as respostas
Dúbidas
Descobre a Hipoteca Fixa Mari Carmen. Se a túa prioridade é a estabilidade, a nosa modalidade fixa permítiche planificar a túa economía con seguridade. Saberás de antemán o importe das túas cotas, protexéndote fronte ás oscilacións dos tipos de xuro durante toda a vida do préstamo. Para coñecer as condicións actuais tes máis información na páxina de Hipoteca FixaAbrirase nunha nova ventá..
Coa Hipoteca Mixta Mari Carmen, planificas a túa economía a curto prazo cun xuro fixo durante os primeiros 5 anos. Finalizado este período, o préstamo actualízase a tipo variable (Euríbor a un ano + diferencial). Esta estrutura ofréceche previsibilidade inicial e a posibilidade de seguir a evolución do mercado no futuro, asumindo tanto as baixadas como as subas que experimente o Euríbor.
Buscamos que o teu aforro inicial non sexa un freo para a túa independencia. Por iso, si buscas a túa primeira vivenda e cumpres os requisitos de idade, facilitamos o acceso a préstamos que cobren ata o 100% do valor do inmoble mediante a adhesión a avais públicos. A concesión final dependerá do teu perfil de solvencia e da dispoñibilidade de ditos avais na túa Comunidade Autónoma.
En ABANCA valoramos a túa aposta pola sustentabilidade. Se a túa vivenda conta cunha cualificación enerxética A ou B, accedes a condicións preferentes de financiamento (bonificación dun 0,10% no tipo de xuro do primeiro ano), polo simple feito de adquirir ou rehabilitar unha vivenda sustentable.
A nosa prioridade é a claridade. Por iso, toda a gama de Hipotecas Mari Carmen elimina os seguintes custos:
Comisión de apertura: Non pagas nada pola formalización do teu préstamo con ABANCA.
Gastos de formalización: ABANCA asume os gastos de notaría, rexistro e xestoría. (O cliente asume a taxación e os impostos asociados).
Amortización: Poderás amortizar total ou parcialmente o teu préstamo ao longo da vida da hipoteca sen pagar ningunha comisión de reembolso.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen tomar en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do usuario.
ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros conleva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor. A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de tipo de cambio, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicos e sociais en xeral.

