
Chave ABANCA
Coñece o novo sistema de verificación da identidade deseñado para incrementar a túa seguridade ante intentos de suplantación de identidade como o phishing.
Presentámosche Chave ABANCA, un innovador sistema de seguridade que permite confirmar a túa identidade mantendo a mesma experiencia de usuario.
Actívaa agora e goza da comodidade e mais a tranquilidade que che ofrece o noso novo sistema de verificación.
Vantaxes de activar a túa Chave ABANCA
-
Máis cómodo
Confirmar as operacións é sinxelísimo: sen contrasinais dun só uso ou SMS.
-
Máis fácil
Usa o sistema de bloqueo do teu dispositivo (cara, impresión dixital ou PIN) para verificar que es ti.
-
Totalmente privadas
Os teus datos biométricos gárdanse no teu dispositivo e nunca se comparten con ABANCA.
-
Configurable
Só che pediremos a Chave ABANCA en momentos puntuais ou, se así o prefires, para calquera outra operación importante.
Como podo activar a miña Chave ABANCA
É moi sinxelo e rápido. Levarate menos dun minuto!
- Abre a banca móbil e accede ao apartado de Seguridade desde o teu perfil.
- Selecciona Chave ABANCA e sigue as instrucións para completar a activación.
- Configura a túa Chave ABANCA para momentos puntuais ou para todas as operaciones importantes. Levarate menos dun minuto!
-
Unha innovación baseada na tecnoloxía Passkey
Chave ABANCA utiliza a tecnoloxía das Chaves de acceso, tamén coñecidas como Passkeys. É un sistema baseado en claves criptográficas que permite confirmar a túa identidade e reforzar a túa seguridade online.
As Passkeys foron creadas polo Consorcio World Wide Web e a FIDO Alliance, un colectivo de primeiras marcas globais que, xunto cos xigantes tecnolóxicos, impulsaron a estandarización e adopción de protocolos de autenticación máis sólidos.
Chave ABANCA reduce significativamente os intentos de suplantación de identidade como o phishing.
Para saber máis...
dúbidas
-
Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta?
Non, non te preocupes. Lembra que para acceder á app de ABANCA é necesario un PIN. Terían que atopar o teu móbil e ademais ter o PIN de acceso. De todos os xeitos avísanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), e na opción de 'Tarxetas', un servizo 24 horas, tamén che bloqueamos as claves de banca a distancia.
Sempre poderás instalala outra vez cando che apareza o móbil, ou cando te compres un novo. Ah, e sentimos que o perderas :(
-
A Chave ABANCA é un novo sistema de validación de identidade que se basea na tecnoloxía Passkey.
Este método de seguridade utiliza o método de bloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN) para validar operacións importantes en liña e protexer a túa información privada. Ten en conta que os teus datos biométricos se gardan no teu dispositivo e nunca se comparten con ABANCA.
Passkey é un novo estándar de inicio de sesión seguro creado pola FIDO Alliance e o Consorcio World Wide Web. Ademais, proporciona o maior nivel de protección porque che permite confirmar a identidade de forma segura sen necesidade de introducir contrasinais dun único uso.
ABANCA é a primeira entidade financeira española que implementa esta tecnoloxía na banca móbil.
-
Como activar Chave ABANCA na app?
1. Abre a app de ABANCA e accede ao menú de Seguridade
2. Selecciona Chave ABANCA
3. Inicia a sesión coa túa conta de iCloud en Apple ou de Google en Android para vincular o método de bloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN), e listo!
Levarache menos dun minuto! Ten en conta que para activar Chave ABANCA o sistema operativo do teu móbil debe ser iOS 16, Android 9 ou posterior.
-
Como me axuda Chave ABANCA ante un intento de phishing?
Ao ter a túa Chave ABANCA activa, estaslles agregando unha capa adicional de seguridade ás túas contas baseada no sistema de acceso ao teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN), o que dificulta significativamente que os atacantes poidan realizar operacións en remoto suplantando a túa identidade.
Por exemplo, nun caso de phishing, os estafadores intentan enganarte para que reveles información confidencial, como as túas claves de acceso á app. Coa túa Chave ABANCA activa, se caes nun intento de phishing e proporcionas as túas claves, o ciberdelincuente, unha vez instalada a app, terá máis difícil enviar diñeiro facéndose pasar por ti, xa que se lle podería requirir, para confirmar a súa identidade, as claves de acceso que tes habilitadas no teu dispositivo coa Chave ABANCA.
Así, no caso de que teñas habilitada a túa cara ou a impresión dixital como método de desbloqueo do teu dispositivo, deberá confirmar a súa identidade cos teus datos biométricos (datos que só tes ti) ou no caso de que utilices PIN, co PIN do teu dispositivo (dato que só sabes ti).
-
Como xestionar as miñas chaves de acceso de Chave ABANCA?
Podes acceder ás túas Chaves ABANCA desde a app, en Menú > Seguridade.
Aquí poderás consultar as que tes activas, crear unhas novas ou dar de baixa as que xa non utilices.
-
Que requisitos teño que cumprir para activar Chave ABANCA?
Para activar Chave ABANCA o sistema operativo do teu móbil debe ser iOS 16, Android 9 ou posteriores. Ademais, debes ter un sistema de bloqueo no móbil.
Cando non poidas usar a impresión dixital, o recoñecemento facial ou o padrón de bloqueo, Chave ABANCA pedirache o código de acceso do teu dispositivo ou o contrasinal do sistema para autenticar as credenciais.
Proximamente iremos implementando Chave ABANCA noutras plataformas, como na banca electrónica.
-
Para que serve a protección avanzada de Chave ABANCA?
Se activas a protección avanzada, sempre che solicitaremos confirmar a túa identidade con Chave ABANCA (a túa cara, pegada ou PIN) cando envíes diñeiro ou realices outras operacións pola banca móbil.
Se non activas a protección avanzada, só che pediremos a Chave ABANCA en operacións puntuais.
-
Como actualizar a app Servizos de Google Play para crear Chave ABANCA?
Para aproveitar todas as funcionalidades do teu dispositivo Android, como as que permiten usar Chave ABANCA, cómpre que teñas a aplicación Servizos de Google Play instalada e actualizada. Pódelo facer así:
Abre Google Play e busca Servizos de Google Play. Se che aparece o botón 'Actualizar', significa que a app non está ao día. Preme sobre el e espera a que se descargue e instale.
-
¿Que sucede coa miña Chave ABANCA en caso de pérdida o roubo do meu dispositivo?
A túa conta permanecerá segura xa que o ladrón non poderá acceder ao teu dispositivo sen o método de desbloqueo que configuraches (a túa cara, pegada ou PIN).
Sempre poderás acceder ás túas chaves de acceso desde calquera outro dispositivo asociado á túa conta de Apple ID ou Google ID para recuperalas ou borralas. No caso de que non o teñas vinculado, consulta as recomendacións de seguridade de Apple e Google.
Neste caso, é importante que te poñas en contacto connosco canto antes para que podamos seguir mantendo a túa conta protexida.
-
Como trata ABANCA os meus datos con Chave ABANCA?
ABANCA respecta a privacidade dos seus clientes. Ao crear a chave de acceso permites que, para realizar algunhas operacións, verifiquemos que es ti. Para iso, solicitaremos ao teu dispositivo que valide a túa identidade a través do sistema de desbloqueo que configurases no teu dispositivo (cara, pegada ou PIN). O teu PIN ou datos biométricos só se almacenan no teu dispositivo e ABANCA nunca terá acceso a eles.
Atopa máis información sobre o tratamento dos teus datos na nosa Política de Privacidade de apps.