Política de privacidade de aplicacións móbiles
Política de privacidade de aplicacións móbiles
Información básica sobre protección de datos persoais
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “a ENTIDADE” ou “ABANCA”), con NIF A-70302039
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos, a través da nosa Aplicación:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais:
Os teus datos persoais tratados pola Aplicación de Banca Móbil poden proceder de ti mesmo, ser xerados en ABANCA, ou ter a súa orixe en fontes externas - i) Datos facilitados por ti; - ii) Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais que teñas con ABANCA - iii) Empresas do Grupo Económico de ABANCA
2.2. Categorías de datos persoais:
Os datos que tratamos corresponden ás seguintes categorías: - i) Datos identificativos e de contacto; - ii) Datos referidos á túa imaxe; - iii) Datos relativos a códigos ou claves de identificación; - iv) Datos económicos e de solvencia patrimonial - v) Datos financeiros; - vi) Datos transaccionais; - vii) Datos de seguros; - viii) Datos de situación xeográfica; - ix) Datos do teu dispositivo móbil; - x) Datos de navegación e comportamento da Aplicación; - xi) Categorías especiais de datos: na nosa Aplicación de Banca móbil, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos categorías especiais de datos, poderemos recollelos e tratalos unicamente no caso de que tramites a túa alta como cliente desde a propia Banca Móbil, xa que procederemos á túa identificación por medio de videollamada, sempre previo consentimento pola túa parte e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos asociados á túa imaxe que se realizará nese proceso.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
A continuación informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles.
3.1 Tratamentos estritamente necesarios para o funcionamento básico da aplicación:
3.1.1 Tratamentos baseados na execución do contrato de banca a distancia. A finalidade é a correcta formalización, mantemento e cumprimento da relación contractual establecida con ABANCA mediante a descarga da Aplicación, para iso levaremos a cabo as seguintes operacións de tratamento:
- i) Xestionar o acceso á Aplicación de Banca Móbil a través das túas claves de banca a distancia;
- ii) Executar as operacións que realices a través da túa Banca Móbil;
- iii) Poñer á túa disposición a información sobre o teu saldo e movementos en contas e tarxetas de ABANCA, os teus préstamos e investimentos con ABANCA e mesmo poderán mostrarse os teus seguros comercializados a través de ABANCA;
- iv) Categorizar os teus movementos;
- v) Proceder, se é o caso, á sinatura de contratos mediante a modalidade de sinatura ABANCA;
- vi) Poñer á túa disposición, se é o caso, un servizo de chat que che permitirá comunicarte de forma directa co teu xestor;
- vii) Enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados con ABANCA ou comercializados por ABANCA ao teu buzón privado do servizo de e-Correspondencia da Banca a Distancia;
- viii) Poñer á túa disposición información sobre a localización xeográfica do comercio no que realizases unha compra ou ben do caixeiro de ABANCA no que realizases unha retirada de efectivo (esta información infírese da localización do comercio ou caixeiro e en ningún caso da localización do teu dispositivo);
- ix) A instalación e uso de Chave ABANCA. Chave Abanca é unha ferramenta de seguridade adicional que se integra na Banca Móbil, trátase dun sistema de verificación de identidade baseado na tecnoloxía de chaves de acceso, tamén coñecida como Passkey.
3.1.2 Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA na prevención da fraude. Tratamos os teus datos persoais en base á satisfacción dos intereses lexítimos perseguidos por ABANCA, e na medida en que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais; neste caso é interese lexítimo de ABANCA impedir situacións de fraude, tanto na provisión da Banca Móbil, como durante o uso da mesma que puidesen derivar na suplantación da túa identidade, para iso levaremos a cabo as seguintes operacións de tratamento:
- i) tras a provisión da Banca Móbil asociar ao teu usuario determinados datos do dispositivo ou datos de conexión;
- ii) Compartir o número de teléfono informado en ABANCA co teu operador de telefonía móbil para que verifique se dito número coincide co asociado á SIM do dispositivo desde o que estás operando;
- iii) Detectar un código malicioso (malware) instalado no dispositivo no que provisionaches a túa Banca Móbil;
- iv) Revisar o comportamento na interacción coa Aplicación do usuario para determinar se se detectan irregularidades no uso;
- v) Recolleitar información sobre se estás realizando unha chamada durante o uso da aplicación.
3.2 Tratamentos opcionais para mellorar os servizos que ofrece a aplicación previa autorización do usuario.
Estes tratamentos están vinculados aos permisos do teu dispositivo e en todo momento poderás revisar e modificar os teus permisos nos axustes do teu dispositivo.
3.2.1. Tratamentos asociados ao permiso de “Notificacións”: Se nos concedes este permiso no teu dispositivo poderás recibir avisos sobre a túa operativa en ABANCA, ademais na túa Banca Móbil poderás configurar que tipo de notificacións queres recibir.
3.2.2 Tratamentos asociados ao permiso de “Contactos”:
Se nos concedes este permiso de acceso á túa axenda de contactos do dispositivo, poderás desde a Banca Móbil:
-
i) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para notificar unha transferencia
-
ii) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Halcash.
-
iii) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Bizum.
Coa finalidade de axilizar o proceso de envío ou recepción de pagos a través do servizo Bizum, poderás autorizar no teu dispositivo o permiso de acceso á túa axenda de contacto, nese caso a aplicación compartirá con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum.
Se non autorizaches este permiso no teu dispositivo poderás facer uso destas funcionalidades da aplicación escribindo manualmente o número de teléfono ao que queiras notificar o envío dunha transferencia ou ben solicitar ou enviar un pago a través de Bizum ou Halcash.
-
iv) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil.
3.2.3. Tratamentos asociados ao permiso de “Cámara”: Se nos concedes este permiso de acceso á cámara do teu dispositivo, poderás desde a Banca Móbil:
- i) Xestionar a túa alta como cliente e autenticarte de forma online. Neste suposto poderemos tratar datos biométricos asociados á túa imaxe, sempre previo consentimento pola túa parte e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos que se realizará nese proceso.
- ii) Personalizar o teu perfil da Banca Móbil incluíndo unha fotografía tomada directamente coa cámara do dispositivo.
- iii) Xestionar o pago de recibos non domiciliados mediante a captura do código de barras. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación introducindo manualmente os díxitos do código de barras do teu recibo.
- iv) Subir documentación a través da túa Banca móbil: poderás poñer a disposición da túa Oficina a documentación requirida pola Entidade.
- v) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil.
3.2.4. Tratamento asociado ao permiso de “Teléfono”: a aplicación poderá solicitarche este permiso coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da Banca Móbil, co que poderemos recoller información sobre se estás realizando unha chamada durante o uso da aplicación, así como recoller datos da SIM instalada no teu dispositivo; todo iso coa finalidade de incrementar a túa protección contra os ataques de enxeñaría social.
3.2.5. Tratamentos asociados ao permiso de “Datos móbiles": poderémosche solicitar este permiso coa finalidade de poder acceder á túa Aplicación da Banca Móbil facendo uso dos datos móbiles do teu dispositivo. Este permiso (a diferenza do resto de permisos informados) vén autorizado por defecto polo propio dispositivo, sen embargo se a versión do mesmo o permite, o usuario poderá retiralo en calquera momento de tal forma que unicamente será posible acceder á Aplicación da Banca Móbil a través da rede Wi-Fi.
3.2.6. Tratamentos asociados ao permiso de “Localización”. Se nos concedes este permiso de acceso á localización do teu dispositivo, poderemos:
- i) Ofrecerche o servizo de localizador de Oficinas integrado na nosa Aplicación de Banca Móbil.
- ii) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil, implementando controis adicionais tanto no uso como na descarga da nosa Aplicación para previr a fraude. Unicamente trataremos os datos da túa localización no momento de descargar a aplicación e acceder á mesma, por iso só accederemos á túa localización se estás facendo uso da Banca Móbil e nunca en segundo plano.
3.2.7. Tratamentos asociados ao permiso de “Identificación biométrica”: Coa finalidade de incrementar a túa seguridade no acceso á Banca Móbil, se o dispositivo ou a versión da aplicación o permiten, dámosche a posibilidade de autenticarte facendo uso do teu patrón biométrico asociado ao teu dispositivo. Previamente debes ter activado a identificación biométrica no teu dispositivo móbil e tal e como se che informa nas condicións aceptadas no teu propio dispositivo, os teus datos biométricos (Face ID, pegada dixital) permanecen no teu dispositivo e en ningún caso a Aplicación de Banca Móbil pode acceder a esa información, así a única información que recibimos por parte do teu dispositivo é que a autenticación foi correcta.
4. Con quen compartimos os teus datos?
A aplicación poderá compartir datos coa Entidade Bizum S.L unicamente no caso de que voluntariamente actives na Banca Móbil o Servizo de Transferencias Inmediatas prestado por Bizum S.L.
Activando este servizo, poderás a través da Banca Móbil, enviar ou solicitar fondos a outros Usuarios do servizo de forma inmediata, utilizando como datos de identificación do beneficiario (ou no seu caso ordenante) o seu número de teléfono móbil e nos termos e condicións do servizo Bizum que deberás aceptar para activar esta funcionalidade.
Así, coa finalidade de poder xestionar o servizo de Transferencias Inmediatas Bizum a aplicación poderá compartir con Bizum S.L os seguintes datos:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos e teléfono móbil
-
Datos financeiros: unicamente o IBAN da conta que selecciones como conta de cargo ou no seu caso beneficiaria das ordes de pago, así como o importe e concepto de cada unha das operacións que realices facendo uso do servizo.
Adicionalmente, tal e como se detalla no apartado 3.2.2.c) e no caso de que facilites o permiso de acceso á túa axenda de contacto, poderemos compartir con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum. No seu defecto facilitaremos a Bizum o número de teléfono que manualmente escribas como beneficiario (ou no seu caso ordenante) dunha orde de pago.
- Co teu operador de telefonía móbil a través de provedores tecnolóxicos especializados coa finalidade de prevención da fraude e nos termos informados no apartado 3.1.2.
5. Cales son os teus dereitos?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos teus datos persoais, dirixíndote ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA a través das canles referidas na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web (https://www.abanca.com/), dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade”, situado na parte inferior de dita páxina web
6. Onde podes consultar a información detallada de Protección de Datos?
A continuación podes consultar a información adicional e detallada sobre a Política de Privacidade da Banca Móbil.
INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”), con NIF A-70302039 e domicilio social en Betanzos (A Coruña - España), r/ Cantón Claudino Pita, nº 2, 15300. En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, tamén “DPD” ou “DPO”), con quen poderás contactar, se o necesitas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com. A continuación, ofrecémosche información detallada do tratamento dos teus datos persoais efectuado por ABANCA como responsable de dito tratamento, a través da nosa Aplicación de Banca Móbil.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos, a través da nosa Aplicación:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
Os teus datos persoais tratados pola Aplicación de Banca Móbil poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas no ámbito das túas relacións connosco), ser xerados en ABANCA (con motivo da xestión desas relacións), ou ter a súa orixe en fontes externas (é dicir, proceder de terceiros que non son parte das relacións que mantés connosco e dos que obtemos datos referentes á túa persoa ao abeiro do consentimento que, se é o caso, nos teñas outorgado ao efecto, ou ben ao abeiro de algunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten). A continuación, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:
-
Datos facilitados por ti no ámbito da formalización e desenvolvemento das túas relacións contractuais con ABANCA (p.ex. datos identificativos, datos de contacto)
-
Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais que teñas con ABANCA (p.ex. os teus datos de conta e movementos de conta, datos de tarxetas contratadas coa Entidade).
-
Empresas do Grupo Económico de ABANCA, cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de marketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
Podes acceder ao listado completo das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA, facendo click aquí.
No caso de que teñas contratado un seguro mediado por ABANCA Mediación Operador de Banca-Seguros Vinculados, S.L ou un plan de pensións contratado con ABANCA VIDA e PENSIÓNS, S.A, terás dispoñible a información dos teus seguros ou do teu plan de pensións con orixe en ditas Entidades do Grupo na túa Aplicación de Banca Móbil.
Á súa vez no caso de que contratases un fondo de investimento comercializado por ABANCA mostrarase a información sobre o teu fondo de investimento na túa Aplicación de Banca
Móbil
2.2. Categorías de datos persoais
Na Aplicación de Banca Móbil tratamos distintos tipos de datos persoais para xestionar o funcionamento da aplicación, así como para o resto de finalidades indicadas no apartado 3.“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” desta Política de Privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), enderezo postal e electrónico e teléfono fixo ou móbil.
-
Datos referidos á túa imaxe (p.ex. no caso de que personalices o teu perfil da Banca Móbil incluíndo unha fotografía)
-
Datos relativos a códigos ou claves de identificación para o acceso e operativa na aplicación.
-
Datos económicos e de solvencia patrimonial: ingresos e gastos; investimentos e préstamos.
-
Datos financeiros: datos das túas contas, tarxetas e préstamos contratados en ABANCA.
-
Datos transaccionais: datos relacionados cos apuntamentos e movementos das contas, como poden ser os datos dos recibos domiciliados, transferencias e adeudos; a información sobre os pagos realizados con tarxetas ou outros medios de pago de ABANCA ou ben usando os nosos TPV; ou a información sobre os pagos realizados con cargo a liñas de crédito ou préstamos concedidos por ABANCA.
-
Datos de seguros: datos dos seguros comercializados por ABANCA que teñas contratado (datos que comprenden os da entidade aseguradora, ramo do seguro, cota ou prima, data de vencemento, tomador e beneficiario/asegurado, capitais ou sumas aseguradas e matrícula do vehículo, no caso de seguros de automóbiles).
-
Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo; é dicir, referímonos aos datos que revelen a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, datos relativos á túa saúde (p.ex., información relativa a enfermidades, a discapacidades ou ao estado fisiolóxico ou biomédico) ou á túa vida ou orientación sexual, datos de colectivos vulnerables –no caso de que estiveras incluído nalgún–, así como os datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca.
Na nosa Aplicación de Banca móbil, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos esta tipoloxía de datos persoais, pero si podemos recollelos e tratalos no caso de que tramites a túa alta como cliente desde a propia Banca Móbil, posto que procederemos á túa identificación por medio de videollamada, sempre previo consentimento pola túa parte e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos asociados á túa imaxe que se realizará no dito proceso.
-
Datos de situación xeográfica. Distinguimos neste punto entre:
- Datos de situación xeográfica obtidos do teu enderezo IP.
- Datos de situación xeográfica que obtemos facendo uso da localización do teu dispositivo para o que é necesario que previamente autorices o permiso de localización.
-
Datos do teu dispositivo móbil: tales como o ID do dispositivo, fabricante, modelo e sistema operativo.
-
Datos de navegación e comportamento na app: enderezo IP e hábitos de comportamento na nosa Banca Móbil (p.ex. como navegas polas distintas seccións da nosa app), e información sobre a instalación e funcionamento técnico de aplicacións de terceiros que descargues no mesmo dispositivo no que teñas instalada a nosa aplicación de Banca Móbil, todo o anterior sempre que, cando se utilicen cookies e/ou tecnoloxías similares, aceptases expresamente o seu uso; os datos sobre o ISP (dominio do provedor que dá acceso á rede), e a data-hora vinculada ao acceso; así como os códigos ou claves que se utilizan para acceder/operar en Banca Móbil e a identificación física do dispositivo ou dispositivo móbil (p.ex. IMEI).
Informámoste de que non todas as categorías de datos anteriormente sinaladas son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta Política de Privacidade. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse só na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
A continuación informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles.
Adicionalmente distinguiremos que tratamentos son necesarios para o funcionamento básico da Aplicación e cales destes tratamentos son opcionais, é dicir, son tratamentos que sen ser estritamente necesarios para o uso da Aplicación, ofrecen melloras no seu uso ou ben permítennos mellorar a seguridade, estes tratamentos están ligados aos permisos do dispositivo.
3.1 Tratamentos estritamente necesarios para o funcionamento básico da Aplicación
3.1.1 Tratamentos baseados na execución do contrato de banca a distancia.
A finalidade deste tratamento é a correcta formalización, mantemento e cumprimento da relación contractual establecida con ABANCA mediante a descarga da Aplicación. A continuación, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos que poderemos efectuar no marco do tratamento referido:
-
Xestionar o acceso á Aplicación de Banca Móbil a través das túas claves de banca a distancia.
-
Executar as operacións que realices a través da túa Banca Móbil.
-
Poñer á túa disposición a información sobre:
- O teu saldo e movementos en contas de ABANCA.
- As túas tarxetas de ABANCA incluíndo o detalle das túas operacións e no caso de tarxetas de crédito información sobre o teu saldo disposto e dispoñible.
- Os teus préstamos e investimentos con ABANCA.
- Poderán mostrarse os teus seguros comercializados a través de ABANCA.
-
Proceder, se é o caso, á sinatura de contratos mediante a modalidade de sinatura ABANCA.
-
Se é o caso, poñer á túa disposición un servizo de chat que che permitirá comunicarte de forma directa co teu xestor.
-
Enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados con ABANCA ou comercializados por ABANCA (comunicacións relativas aos teus seguros ou fondos de investimento) ao teu buzón privado do servizo de e-Correspondencia da Banca a Distancia.
-
Categorizar os teus movementos de forma automática coa finalidade de que poidas xerar un informe completo dos teus gastos e ingresos, agrupados por categorías.
-
Se entendes que esta categorización asignada de forma automática non é correcta poderás modificala e incluso crear as túas propias etiquetas desde o detalle do movemento.
-
Poñer á túa disposición información sobre a localización xeográfica do comercio no que realizases unha compra ou ben do caixeiro de ABANCA no que realizases unha retirada de efectivo. Esta información infírese da localización do comercio ou caixeiro e en ningún caso da localización do teu dispositivo, pois unicamente accederemos á localización do teu dispositivo previa obtención do permiso de xeolocalización correspondente e para as finalidades informadas no apartado 3.2.6 desta política.
-
A instalación e uso de Chave ABANCA. Chave Abanca é unha ferramenta de seguridade adicional que se integra na Banca Móbil, trátase dun sistema de verificación de identidade baseado na tecnoloxía de chaves de acceso, tamén coñecida como Passkey. As chaves de acceso validan a túa identidade utilizando o método de desbloqueo do teu dispositivo persoal (a túa cara, pegada ou PIN do dispositivo). É importante aclarar que ABANCA nunca terá acceso ao teu PIN ou datos biométricos, esta información só se almacena no teu dispositivo.
Esta ferramenta permite confirmar determinadas operacións que necesitan a túa autenticación (por exemplo un envío de diñeiro), co obxectivo de reforzar a seguridade da dita operativa. En consecuencia, será obrigatorio verificar a túa identidade mediante Chave Abanca para executar determinada operativa desde a túa Banca Móbil.
Chave ABANCA pode axudarche a previr intentos de fraude, dado que no caso de que mediante engano proporciones as túas claves de acceso a ciberdelincuentes, terán máis difícil operar desde a túa Banca Móbil xa que se queren realizar unha transferencia poderáselles requirir validar a súa identidade coa túa Chave ABANCA á cal só ti tes acceso mediante o método de desbloqueo do teu dispositivo (a túa cara, pegada ou PIN).
Lembra que no caso de que crees a túa Chave ABANCA desde un dispositivo ao cal pode acceder máis dunha persoa cos seus datos biométricos (cara ou pegada), estarás autorizando a ditas persoas a que se identifiquen coa Chave Abanca e, polo tanto, poidan realizar operativa desde a túa Banca Móbil, do mesmo xeito que se compartes con terceiros o PIN de desbloqueo do teu dispositivo.
3.1.2 Tratamentos baseados no interese lexítimo de ABANCA na prevención da fraude.
Facemos referencia neste apartado aos tratamentos dos teus datos persoais que teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por ABANCA, sempre que sobre eses intereses lexítimos non prevalezan os teus propios intereses ou dereitos e liberdades fundamentais.
Por este motivo, de forma previa á realización dos tratamentos descritos neste subapartado 3.3, realizamos unha ponderación entre os teus dereitos e o interese lexítimo de ABANCA, concluíndo que prevalece este último. Podes consultar a análise de ponderación que realizamos poñéndote en contacto co noso DPD na seguinte dirección de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
É interese lexítimo de ABANCA impedir situacións de fraude na utilización da aplicación que poidan derivar na suplantación da túa identidade e polo tanto nun prexuízo para ti. Por iso, e coa finalidade da prevención da fraude tanto na (i) provisión da Banca Móbil, así como (ii) durante o uso da mesma, poderemos levar a cabo as seguintes operacións de tratamento sobre os teus datos persoais:
-
Tras provisionarche a Banca Móbil asociaranse ao teu usuario datos como o modelo de dispositivo, fabricante, sistema operativo ou datos de conexión; estes parámetros permitirannos aplicar medidas para a prevención de fraude, ante a concorrencia de determinadas regras, tendo en conta a combinación dos parámetros anteriores.
-
Compartir o número de teléfono informado en ABANCA co teu operador de telefonía móbil a través de provedores tecnolóxicos especializados, coa única finalidade de que o teu operador confirme se dito número coincide co asociado á SIM do dispositivo desde o que estás operando.
-
Poderemos detectar un código malicioso (malware) instalado no dispositivo no que provisionaches a túa Banca Móbil, deste xeito se se detecta a existencia dun “malware” no dispositivo móbil, ABANCA poderá aplicar medidas para a prevención da fraude.
-
Tendo en conta o comportamento na interacción coa Aplicación do usuario autenticado na Banca Móbil, poderase determinar se dito patrón de comportamento é común ou ben se detectan irregularidades no uso, nese caso poderanse aplicar medidas para a prevención de fraude.
Tal e como se informa no apartado 2.2 da presente política “Categoría de datos persoais” a Aplicación da Banca Móbil, unicamente trata datos biométricos na alta de cliente e previa obtención do teu consentimento; polo que aclaramos que a través deste tratamento non xeramos datos biométricos asociados ao teu concreto comportamento na Aplicación (“datos condutuais”), senón que unicamente verificamos que o comportamento na Aplicación do usuario autenticado non se corresponde cun patrón ao que se lle asociase un risco de fraude.
-
No caso de que o sistema do teu dispositivo o permita poderemos recoller información sobre se estás realizando unha chamada durante o uso da aplicación, así como recoller datos da SIM instalada no teu dispositivo; todo iso coa finalidade de incrementar a túa protección contra os ataques de enxeñaría social.
Noutros casos o sistema do teu dispositivo só permitirá acceder a esta información se nos dás o permiso de “Teléfono” do que informamos no apartado 3.2.4 desta política.
3.2 Tratamentos opcionais para mellorar os servizos que ofrece a aplicación previa autorización do usuario.
Estes tratamentos están vinculados aos permisos do teu dispositivo. É dicir, a aplicación poderá solicitarche permisos, por exemplo para acceder á cámara, aos contactos ou ás túas notificacións co obxecto de que poidas facer uso de certas funcionalidades da aplicación. En todo momento poderás revisar e modificar os teus permisos nos axustes do teu dispositivo.
3.2.1. Tratamentos asociados ao permiso de “Notificacións":
Se nos concedes este permiso no teu dispositivo poderemos desde a Banca Móbil enviarte avisos sobre a túa operativa:
Coa finalidade de que poidas recibir avisos en torno á túa operativa en ABANCA poderás activar o permiso de notificacións no teu dispositivo, ademais na túa Banca Móbil poderás configurar co detalle que che mostramos a continuación que tipo de notificacións queres recibir:
-
Notificacións sobre as túas contas e tarxeta:
- Notificaremos cada vez que recibas un ingreso en calquera das túas contas de ABANCA
- Notificaremos se tes saldo negativo en algunha das túas contas de ABANCA.
- Notificaremos cada vez que teñas gastos coas túas tarxetas superiores ao importe que nos indiques.
-
Outros servizos:
- Notificaremos no caso de que sexa devolto un recibo domiciliado en ABANCA.
- Notificaremos sobre as operacións realizadas na túa conta de valores.
- Enviarémosche notificacións sobre produtos e servizos que poidan interesarche en base ao teu perfil comercial e de risco, unicamente no caso de que non mostrases previamente a túa oposición ao envío de comunicacións comerciais da Entidade.
Non poderás desactivar na túa Banca Móbil as notificacións de seguridade, necesarias para garantir a máxima seguridade do servizo, aínda que do mesmo xeito que o resto de notificacións están ligadas a que nos outorgues o permiso de notificacións no teu propio dispositivo.
3.2.2 Tratamentos asociados ao permiso de “Contactos”:
Se nos concedes este permiso no teu dispositivo poderás desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para notificar unha transferencia. Coa finalidade de notificar unha transferencia realizada a un dos contactos do teu dispositivo poderás autorizar o permiso de acceso á túa axenda de contactos.
-
b) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Halcash. Coa finalidade de enviar diñeiro con Halcash mediante a retirada do efectivo ao instante nun caixeiro, poderás autorizar o permiso de acceso á túa axenda de contactos.
-
c) Seleccionar directamente un contacto da túa axenda para realizar un Bizum.
A Banca Móbil inclúe entre as súas funcionalidades o Servizo de Transferencias Inmediatas (en diante Bizum) prestado por Bizum S.L que permite enviar e recibir diñeiro dispoñendo unicamente do número de teléfono do beneficiario (ou no seu caso ordenante) da orde de pago.
Coa finalidade de axilizar este proceso, poderás autorizar no teu dispositivo o permiso de acceso á túa axenda de contacto, nese caso a aplicación compartirá con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum.
Se non autorizaches este permiso no teu dispositivo poderás facer uso destas funcionalidades da aplicación escribindo manualmente o número de teléfono ao que queiras notificar o envío dunha transferencia ou ben solicitar ou enviar un pago a través de Bizum ou Halcash.
-
d) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil.
Adicionalmente se habilitaches este permiso no teu dispositivo poderemos implementar controis adicionais coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da nosa Aplicación.
3.2.3. Tratamentos asociados ao permiso de “Cámara”.
Se nos concedes este permiso no teu dispositivo poderás desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Videoidentificación na alta de cliente
Coa finalidade de xestionar a túa alta como cliente e autenticarte de forma online, poderás autorizar o acceso á cámara do dispositivo.
Neste suposto e tal e como che informamos no apartado 2.2 “Categoría de datos persoais” poderemos tratar datos biométricos asociados á túa imaxe, sempre previo consentimento pola túa parte (consentimento diferenciado do propio permiso de acceso á cámara do teu dispositivo) e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos que se realizará no dito proceso.
-
b) Personalizar o teu perfil de Banca Móbil.
Coa finalidade de personalizar o teu perfil da Banca Móbil incluíndo unha fotografía tomada directamente coa cámara do dispositivo solicitámosche o teu permiso de acceso á cámara do dispositivo. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación subindo unha imaxe directamente da túa galería.
-
c) Xestionar o pago de recibos.
Coa finalidade de xestionar o pago de recibos non domiciliados mediante a captura do código de barras facendo uso directamente da cámara, solicitámosche o teu permiso de acceso á cámara do dispositivo. No caso de que non nos deas permiso poderás utilizar esta funcionalidade da aplicación introducindo manualmente os díxitos do código de barras do teu recibo.
-
d) Subir documentación a través da túa Banca Móbil.
Coa finalidade de poñer a disposición da túa Oficina documentación requirida para a prestación dos teus servizos financeiros (por exemplo unha copia do teu DNI, nómina, contrato de traballo ou IRPF), poderás subila desde a túa Banca Móbil tomando directamente unha fotografía facendo uso da cámara do dispositivo.
Se non nos dás este permiso poderás adxuntar a documentación requirida subindo directamente unha fotografía ou arquivo da túa galería. Ao utilizar esta funcionalidade estarás autorizando á aplicación a acceder unicamente á imaxe ou arquivo que selecciones da túa galería que será utilizada coa única finalidade de tramitar a túa solicitude.
En todo caso poderás facer entrega da documentación requirida en calquera Oficina da Entidade.
-
e) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil.
Adicionalmente se habilitaches este permiso no teu dispositivo poderemos implementar controis adicionais coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da nosa Aplicación.
3.2.4. Tratamento asociado ao permiso de “Teléfono”.
A aplicación poderá solicitarche este permiso coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da Banca Móbil, polo que poderemos recoller información sobre se estás a realizar unha chamada durante o uso da aplicación, así como recoller datos da SIM instalada no teu dispositivo; todo isto coa finalidade de incrementar a túa protección fronte aos ataques de enxeñaría social.
3.2.5. Tratamentos asociados ao permiso de “Datos móbiles".
Coa finalidade de poder acceder á túa Aplicación de Banca Móbil facendo uso dos datos móbiles do teu dispositivo, poderemos requirir o permiso de acceso aos datos do teu dispositivo móbil. Este permiso (a diferenza do resto de permisos informados) vén autorizado por defecto polo propio dispositivo, sen embargo, se a versión do mesmo o permite, o usuario poderá retiralo en calquera momento de tal forma que unicamente será posible acceder á Aplicación de Banca Móbil a través da rede Wi-Fi.
3.2.6. Tratamentos asociados ao permiso de “Localización”.
Se nos concedes este permiso no teu dispositivo poderás, desde a Banca Móbil, facer uso das seguintes funcionalidades:
-
a) Localizador de Oficinas.
Coa finalidade de poder ofrecerche o servizo de localizador de Oficinas integrado na nosa Aplicación de Banca Móbil, solicitarémosche o permiso de acceso á localización do teu dispositivo, desta forma mostrarémosche as oficinas da rede de ABANCA dispoñibles na túa contorna en cada momento.
-
b) Incrementar a túa seguridade no uso da túa Banca Móbil
Coa finalidade de incrementar a túa seguridade no uso da Banca Móbil, solicitarémosche o permiso de acceso á túa localización, co que poderemos implementar controis adicionais tanto no uso como na descarga da nosa Aplicación.
Unicamente trataremos os datos da túa localización no momento de descargar a aplicación e acceder á mesma, o que nos permitirá implementar controis adicionais para previr a fraude, por iso só accederemos á túa localización se estás a facer uso da Banca Móbil e nunca en segundo plano.
3.2.7. Tratamentos asociados ao permiso de “Identificación biométrica”:
Coa finalidade de incrementar a túa seguridade no acceso á Banca Móbil, se o dispositivo ou a versión da aplicación o permiten, dámosche a posibilidade de autenticarte facendo uso do teu patrón biométrico asociado ao teu dispositivo. Previamente debes ter activada a identificación biométrica no teu dispositivo móbil e tal e como se che informa nas condicións aceptadas no teu propio dispositivo, os teus datos biométricos (Face ID, pegada dixital) permanecen no teu dispositivo e en ningún caso a Aplicación de Banca Móbil pode acceder a esa información, así a única información que recibimos por parte do teu dispositivo é que a autenticación foi correcta.
4. Con quen compartimos os teus datos?
A aplicación poderá compartir datos coa Entidade Bizum S.L unicamente no caso de que voluntariamente actives na Banca Móbil o Servizo de Transferencias Inmediatas prestado por Bizum S.L.
Activando este servizo, poderás, a través da Banca Móbil, enviar ou solicitar fondos a outros Usuarios do servizo de forma inmediata, utilizando como datos de identificación do beneficiario (ou no seu caso ordenante) o seu número de teléfono móbil e nos termos e condicións do servizo Bizum que deberás aceptar para activar esta funcionalidade.
Así, coa finalidade de poder xestionar o servizo de Transferencias Inmediatas Bizum, a aplicación poderá compartir con Bizum S.L os seguintes datos:
-
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos e teléfono móbil
-
Datos financeiros: unicamente o IBAN da conta que selecciones como conta de cargo ou, no seu caso, beneficiaria das ordes de pago, así como o importe e concepto de cada unha das operacións que realices facendo uso do servizo.
Adicionalmente, tal e como se detalla no apartado 3.2.2.c) e no caso de que facilites o permiso de acceso á túa axenda de contacto, poderemos compartir con Bizum os teus datos de contacto para que poidas identificar cales deles teñen a condición de usuarios do servizo Bizum. No seu defecto facilitaremos a Bizum o número de teléfono que manualmente escribas como beneficiario (ou no seu caso ordenante) dunha orde de pago.
- Co teu operador de telefonía móbil a través de provedores tecnolóxicos especializados coa finalidade de prevención da fraude e nos termos informados no apartado 3.1.2.
5. Está prevista algunha transferencia internacional?
Determinadas sociedades que prestan servizos a ABANCA están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido, ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axeitadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel axeitado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, de acordo co disposto na normativa vixente que resulte de aplicación.
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidade@abanca.com
6. Por canto tempo conservamos os teus datos?
Os teus datos persoais serán conservados durante a vixencia da relación contractual ou precontractual con ABANCA e, no caso de que prestases o teu consentimento a tal efecto, serán conservados con posterioridade á relación contractual ou precontractual por un prazo máximo de 5 anos. Finalizada a relación contractual ou precontractual (ou, no seu caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados conforme ao disposto na normativa aplicable, o que implica a identificación e reserva dos datos, adoptando medidas técnicas e organizativas, para impedir o seu tratamento, excepto para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, a efectos da atención ou esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só durante os prazos de prescrición legal das mesmas. Transcorrido ditos prazos, os teus datos persoais serán eliminados.
7. Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
-
Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
-
Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
-
Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
-
Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na lei:
- Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA comproba a exactitude dos mesmos;
- Cando o tratamento sexa ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;
- Cando ABANCA non precise tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
- Cando te opoñas ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
-
Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
-
Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais (p.ex. para o cesamento do envío de comunicacións comerciais de produtos da entidade) e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA, caso no que deixaremos de tratar os teus datos, salvo que acreditemos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que poidan prevalecer sobre os teus dereitos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
Dereito a revogar o consentimento prestado en calquera momento.
-
Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es/Serás redirixido a outro sitio web.
Para o exercicio de calquera destes dereitos, debes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña; ou de correo electrónico a: atencioncliente@abanca.com.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, dentro do prazo legal de un mes a partir da recepción do teu escrito. Dito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. Neste último caso, informarase da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
8. Ampliar información sobre protección de datos.
Na presente política informámoste do concreto tratamento dos teus datos no uso da nosa aplicación de Banca Móbil, podes consultar a política de privacidade de clientes desde a nosa (https://www.abanca.com/) dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade”, situado na parte inferior de dita páxina web https://www.abanca.com/gl/legal/politica-privacidade-clientes/informacion-adicional/.
9. Modificacións da Política de Privacidade.
Esta política será revisada e actualizada para cumprir cos cambios normativos que se produzan en cada momento, ou cando se realicen novos tratamentos por parte de ABANCA. Por este motivo, é importante que de maneira periódica revises o seu contido. A data de última actualización é xaneiro 2025.
AVISO LEGAL DO SERVIZO CHAT DA APP
Este chat utiliza unha tecnoloxía de Intelixencia Artificial Xenerativa baseada en información proporcionada por Abanca.
Debes ler as presentes Condicións de Uso que estarán dispoñibles sempre na web de ABANCA.
1. Obxecto
O servizo de chat é titularidade de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (ABANCA) e ten como única finalidade informar e axudar ao usuario en relación con calquera dúbida relativa aos seus produtos e/ou servizos contratados ou ofrecidos por ABANCA, así como realizar operativa non transaccional como, por exemplo, o bloqueo e desbloqueo de tarxetas, ou a activación das mesmas. Ten en conta que este servizo se presta a través de tecnoloxía que utiliza intelixencia artificial xenerativa polo que as respostas que che proporcione o chat poden non estar actualizadas ou ser erróneas así que esta información non será vinculante.
No caso de que requiras e/ou necesites asesoramento personalizado, recomendámosche acudir persoalmente a unha Oficina ou utilizar aqueles outros mecanismos e/ou servizos que ABANCA poña a disposición dos usuarios a estes efectos, como por exemplo por teléfono.
O servizo de chat da app non poderá ser utilizado para solicitar operativa transaccional sobre produtos ou servizos de ABANCA, nin para contratar produtos ou servizos. ABANCA nunca che solicitará a través do chat información confidencial como por exemplo o PIN ou contrasinais, polo que debes absterte en todo caso de facilitar esa información. Tampouco deberás facilitar a través do chat información algunha de terceiras persoas.
En todo caso, ABANCA resérvase o dereito de non contestar ás consultas que poidas plantexarnos se non se correspondesen ou non gardasen relación algunha co obxecto do servizo de chat.
2. Obrigas do Usuario
-
Debes utilizar o servizo de chat de forma dilixente e correcta e non utilizar o servizo para realizar actividades contrarias á Lei, á moral, á orde pública ou ás boas costumes aceptadas, nin con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de ABANCA ou de terceiros, así como a non realizar ningún tipo de uso que de calquera forma poida danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir o normal uso do Servizo.
-
Non debes utilizar expresións inapropiadas, ofensivas, vexatorias, difamatorias ou inxuriosas.
-
Non debes facilitar a través do chat información confidencial nin datos persoais de terceiros.
No caso de que incumpras as Condicións de Uso do chat, ABANCA poderá finalizar de maneira automática o chat sen necesidade de preaviso.
3. Limitación de responsabilidade
ABANCA non garante que o acceso ao servizo de chat ou o seu uso sexa ininterrompido ou que estea libre de erro. A este respecto, ABANCA non será responsable dos danos que poidas sufrir por un uso inadecuado do Servizo, nin polas caídas, interrupcións, ausencia ou defecto das telecomunicacións. Así mesmo, será responsabilidade exclusiva do usuario dispoñer dunha conexión a Internet apropiada.
ABANCA non será responsable do uso que fagas deste servizo, polo que o usuario deixará, en todo caso, indemne a ABANCA fronte a calquera reclamación, xudicial ou extraxudicial, que puidera presentarse como consecuencia do uso do servizo polo propio usuario. ABANCA non será responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran derivarse da información proporcionada nas respostas do chat e, tampouco será responsable dos danos e prexuízos que puideran derivarse da información confidencial ou datos que nos facilites a través do chat, nin dos erros de determinada operativa como o bloqueo ou desbloqueo de tarxetas debido a un mal uso do chat.
ABANCA non será responsable dos danos e prexuízos de calquera índole que puideran deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada polo usuario en calquera clase de comunicación realizada a través do Servizo.
A información proporcionada polo servizo de chat non poderá considerarse como asesoramento, recomendación ou elemento determinante para a toma de decisións polo usuario, declinando ABANCA calquera tipo de responsabilidade polo uso que poida realizarse da mesma nese sentido.
4. Propiedade industrial e intelectual
A titularidade do servizo de chat corresponde, en exclusiva, a ABANCA e este atópase protexido pola normativa de Propiedade industrial e intelectual, non podendo ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación ou transformación, cesión, comunicación pública ou calquera outra forma de difusión ou explotación non autorizada expresamente e ao efecto por ABANCA.
O acceso ao Servizo non outorga ao usuario dereito nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade industrial e intelectual de ABANCA, salvo o mero dereito de uso do referido servizo.
5. Modificación e eliminación do Servizo
ABANCA resérvase o dereito de modificar, xa sexa de maneira total ou parcial, as presentes Condicións de Uso do Servizo Chat, así como incluír novas condicións. Poderás consultar as condicións vixentes en cada momento no apartado "Condicións de Uso do Servizo Chat na app".
ABANCA resérvase o dereito de modificar ou eliminar o servizo de chat por calquera causa e, en particular, cando concorran dificultades técnicas ou operativas por circunstancias alleas a ABANCA que, segundo o seu criterio, diminúan ou anulen os niveis de seguridade estándar adoptados para o adecuado funcionamento do Servizo.
ABANCA resérvase o dereito a interromper temporalmente o acceso ao servizo de chat por labores de mantemento da web, instalación de actualizacións, actualización de contidos, melloras técnicas ou de deseño ou por calquera outra causa que estime conveniente.
6. Lei aplicable
En todo caso, serán de aplicación ás relacións establecidas entre o usuario e ABANCA as normas do ordenamento xurídico español.
7. Privacidade
a. Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?
É ABANCA Corporación Bancaria, S.A., con NIF A70302039 e domicilio social na rúa Cantón Claudino Pita 2, CP 15300, en Betanzos (A Coruña).
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos, formalmente designado, co que podes poñerte en contacto por escrito, se o precisas, a través do enderezo de correo electrónico privacidade@abanca.com
b. Como obtemos os seus datos persoais?
ABANCA tratará os datos persoais dos que dispoña con motivo da utilización do chat para prestarte o mencionado servizo.
c. Para que tratamos os seus datos persoais e baixo que lexitimación?
O tratamento dos teus datos persoais ten como finalidade proporcionarte o servizo de chat na túa Banca Móbil, proporcionando a información que nos solicites, resolvendo as dúbidas que nos preguntes a través do chat e as consultas ou incidencias que poidan xurdir con motivo do seu uso, así como xestionando a operativa dispoñible a través do chat que solicites en cada caso.
Así mesmo, xestionaremos, tramitaremos e controlaremos as relacións xurídicas que, como consecuencia do uso do chat, se establezan entre ABANCA e o usuario.
A base xurídica que lexitima o tratamento referido con anterioridade é o desenvolvemento e execución do servizo de chat.
Así mesmo, infórmase ao Participante de que dispón de información adicional sobre os tratamentos que ABANCA Corporación Bancaria realiza sobre os seus datos persoais consultando a política de privacidade na súa páxina web, así como os tratamentos de datos que realiza a app de ABANCA na política de privacidade da app.
d. A quen comunicaremos os seus datos persoais?
Cando resulte necesario para acadar as finalidades referidas no apartado anterior, poderán ser comunicados ás Administracións Públicas, nos termos establecidos na normativa vixente, exclusivamente no caso de que esa comunicación de datos resulte precisa.
Fóra dos supostos referidos con anterioridade, os teus datos persoais non serán comunicados a ningún terceiro, salvo que concorra unha obriga legal aplicable a ABANCA.
e. Está prevista algunha transferencia internacional dos seus datos persoais?
Non está prevista a realización de ningunha transferencia internacional dos teus datos persoais para acadar as finalidades indicadas anteriormente.
f. Por canto tempo conservamos os teus datos persoais?
Os datos persoais obtidos ao utilizar o servizo de chat da app serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades indicadas anteriormente.
Unha vez cumpridas as citadas finalidades, os datos serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, o que implica que estarán dispoñibles só para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou a solicitude de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante os prazos de prescrición legal (con carácter xeral, 5 anos que é o prazo de prescrición das accións persoais). Transcorrido ditos prazos, os datos serán eliminados.
g. Cales son os teus dereitos?
Poderás exercer os teus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade, mediante comunicación escrita dirixida ao noso Servizo de Atención ao Cliente no enderezo postal: Rúa Nova 1 - Entreplanta, C.P 15003, A Coruña, ou a través de correo electrónico atencioncliente@abanca.com. Así mesmo, informámoste de que tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es), no caso de que consideres que os teus dereitos foron vulnerados.
A data de última actualización é marzo de 2026