Información adicional sobre protección de datos persoais
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, "ABANCA"), con NIF A-70302039 e domicilio social en Betanzos (A Coruña - España), R/ Cantón Claudino Pita, nº 2, 15300.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, tamén "DPD" ou "DPO"), co que poderás contactar, se o precisas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.
A continuación, ofrecémosche información detallada do tratamento dos teus datos persoais efectuado por ABANCA como responsable de dito tratamento.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
Os teus datos persoais tratados por ABANCA poden proceder de ti mesmo (cando os facilitas ou achegas no ámbito das túas relacións connosco), ser xerados en ABANCA (con motivo da xestión desas relacións), ou ter a súa orixe en fontes externas (é dicir, proceder de terceiros que non son parte das relacións que mantés connosco e dos que obtemos datos referentes á túa persoa ao abeiro do consentimento que, se é o caso, nos outorgases ao efecto, ou ben ao abeiro de algunha outra das bases xurídicas legalmente previstas que o permiten).
A continuación, ofrecémosche información detallada respecto das mencionadas fontes internas e externas das que poden proceder os teus datos persoais:
Datos facilitados por ti nas solicitudes que nos presentes ou no ámbito da formalización e desenvolvemento das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA (p.ex. os datos necesarios para solicitar e contratar unha conta corrente, un préstamo, unha tarxeta, un depósito ou un fondo de investimento).
Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais que teñas con ABANCA (p.ex. os datos relativos á xestión, desenvolvemento e mantemento dos contratos de conta corrente, de préstamo, de tarxeta, de depósito ou de fondos de investimento, que formalizases); ou os datos de navegación (incluídos os datos de reprodución de contidos multimedia) polas páxinas web ou aplicacións de ABANCA, sempre que aceptases expresamente o uso de cookies e tecnoloxías semellantes nos teus dispositivos de navegación).
Empresas do Grupo Económico de ABANCA, cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
Podes acceder á listaxe completa das sociedades que en cada momento forman parte do Grupo Económico de ABANCA, facendo click aquí.
Entidades de crédito españolas ou con sucursal en España.
Fontes accesibles ao público (p.ex. censo promocional, guías de servizos de comunicacións electrónicas, listados públicos de persoas asociadas a colexios profesionais, diarios e boletíns oficiais, medios de comunicación social e redes sociais abertas).
Organismos da Administración Pública (p.ex. a Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou a Axencia Estatal de Administración Tributaria).
Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex. BADEXCUG e/ou ASNEF).
Ficheiros comúns de protección de identidade e prevención da fraude (p.ex. o Ficheiro "CONFIRMA" e o Ficheiro "IBERPAY").
Provedores de Servizos de Pago.
Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE).
Entidades taxadoras e xestoras encargadas de levar a cabo taxacións de bens inmobles e outras xestións en relación coas operacións que realices connosco e afecten a ditos bens (p.ex. xestións para o outorgamento da escritura pública de constitución dunha hipoteca, para a liquidación dos impostos pertinentes e para a realización das correspondentes inscricións no Rexistro da Propiedade).
Rexistros públicos (p.ex. o Rexistro da Propiedade, o Rexistro Mercantil e o Catastro).
2.2. Categorías de datos persoais
En ABANCA tratamos distintos tipos de datos persoais para xestionar as relacións contractuais ou precontractuais que en cada momento teñas connosco, así como para o resto de finalidades indicadas no apartado 3. "Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?" desta Política de Privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE), número da Seguridade Social, enderezo postal e electrónico e teléfono fixo ou móbil.
Datos referidos á túa voz e imaxe (p.ex. os das gravacións de chamadas telefónicas que manteñas connosco ou os dos vídeos gravados en procedementos de contratación online de novos produtos e/ou servizos).
Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación para o acceso e operativa nos canais a distancia que utilices nas túas relacións con ABANCA.
Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais: estado civil, idade, situación familiar, data e lugar de nacemento, nacionalidade, sexo, licenzas para actividades de lecer (p.ex., caza e pesca), características de aloxamento/vivenda, pertenza a clubs/asociacións.
Datos sociodemográficos: tipoloxía de persoas segundo idade e nivel de estudos que habitan no entorno xeográfico do cliente; tipoloxía de familias que habitan nese entorno segundo o número e características dos seus membros; categorías de actividades profesionais existentes no entorno xeográfico no que reside o cliente; capacidade económica, segundo as rendas anuais existentes nese entorno; ou as características dese entorno segundo a antigüidade das construcións, o nivel de agrupación -unifamiliar ou plurifamiliar- ou a presenza de zonas comerciais.
Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, e pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
Datos de emprego: tipo de contrato, posto de traballo, antigüidade, experiencia profesional, datos non económicos de nómina.
Datos da actividade comercial: licenzas para o exercicio da actividade, sector económico no que esta se exerce, Código Nacional de Actividades Económicas (CNAE) no que se clasifica a actividade.
Datos económicos e de solvencia patrimonial: datos de impostos e deducións impositivas (declaración de IRPF, IVE, etc.); datos económicos de nómina; ingresos e gastos; investimentos e bens patrimoniais; bens mobles e inmobles dos que sexa propietario o cliente ou respecto dos que ostente a posesión, uso e goce; subsidios e beneficios; e capacidade crediticia, incluíndo os datos sobre o incumprimento dunha débeda contraída cunha empresa privada ou con organismos públicos obtidos de Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p.ex., Ficheiros ASNEF e BADEXCUG).
Datos financeiros: número de conta bancaria tanto de ABANCA como doutras entidades de crédito españolas ou con sucursal en España, das que sexas titular ou autorizado; fondos de investimento; créditos, préstamos e avais; hipotecas; plans de pensións; tarxetas de crédito; historial crediticio; datos obtidos da CIRBE (información sobre a existencia de préstamos, créditos, avais e garantías cuxo risco acumulado supere os 1.000 euros).
Datos transaccionais: indemnizacións e subvencións que poidas percibir; datos relacionados cos apuntamentos e movementos das contas, como poden ser os datos dos recibos domiciliados, transferencias e adeudos (inclúen o tipo de operación, o emisor, concepto, terceiro relacionado coa transacción, importe, localización onde se realiza, data e hora e outra información relacionada, p.ex. nun adeudo de seguro de auto, o dato da matrícula do vehículo asegurado); datos dos produtos e servizos solicitados ou contratados (historial de pagos, límites asociados e tipoloxía de produtos e servizos); a información sobre os pagos realizados con tarxetas ou outros medios de pago de ABANCA ou ben usando os nosos TPV ou pasarelas de pagos; ou a información sobre os pagos realizados con cargo a liñas de crédito ou préstamos concedidos por ABANCA.
Datos dos seguros que teñas domiciliado nunha conta de ABANCA ou datos dos seguros comercializados por ABANCA que teñas contratado (datos que comprenden os de entidade aseguradora, ramo do seguro, cota ou prima, data de vencemento, tomador e beneficiario/asegurado, capitais ou sumas aseguradas e matrícula do vehículo, no caso de seguros de automóbiles).
Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais: Esta categoría comprende, dun lado, a agrupación de clientes en categorías e segmentos en función de criterios obxectivos tales como a idade, nivel de ingresos, propiedades inmobiliarias, operativas, consumos de produtos e servizos, preferencias ou propensións á contratación de produtos e servizos, ou categorización segundo a normativa aplicable sobre Mercados de Instrumentos Financeiros ("MiFID"); e, doutro lado, puntuacións de "scoring", que asignan probabilidades de impago, límites máximos de financiamento e perfís comerciais e de risco crediticio con fins comerciais.
En ningún caso inferiremos dato algún que revele a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, ou afiliación sindical, nin tampouco datos xenéticos, datos relativos á túa saúde ou á túa vida ou orientación sexual, nin datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca ("Categorías especiais de datos").
Categorías especiais de datos: referímonos a aqueles datos que, pola súa natureza, son particularmente sensibles en relación cos dereitos e liberdades fundamentais e que, por iso, merecen especial protección, xa que o seu tratamento podería implicar un maior risco para o individuo; é dicir, referímonos aos datos que revelen a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, conviccións relixiosas ou filosóficas, afiliación sindical, datos xenéticos, datos relativos á túa saúde (p.ex., información relativa a enfermidades, a discapacidades ou ao estado fisiolóxico ou biomédico) ou á túa vida ou orientación sexual, datos de colectivos vulnerables –no caso de que estiveras incluído nalgún–, así como os datos biométricos dirixidos a identificarte de maneira unívoca.
En ABANCA, con carácter xeral, non recollemos nin utilizamos esta tipoloxía de datos persoais, pero si podemos recollelos e tratalos nos seguintes supostos:
(i) Con carácter accesorio, cando sexa necesario para o estudo dunha solicitude dun contrato ou dunha modificación contractual (p.ex., a solicitude dunha moratoria de débeda respecto dun préstamo que teñas contratado, para cuxo estudo puidera resultar necesaria a petición de datos relativos á túa saúde, a fin de verificar a concorrencia dos requisitos que a normativa aplicable establece para acceder a este tipo de moratorias). Nestes supostos de recollida de categorías especiais de datos con carácter accesorio, pedimos o teu consentimento específico para o tratamento dos mesmos no momento de solicitalos.
(ii) No caso de que solicites a contratación online dun produto e/ou servizo que dispoña desta modalidade de contratación a distancia, procederemos á túa identificación por medio de videollamada, sempre previo consentimento pola túa parte e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento dos datos biométricos asociados á túa imaxe que se realizará nese proceso.
(iii) Se utilizas o sistema de sinatura dixital (sinatura en tableta ou sinatura a través de surface) para prestar o teu consentimento no ámbito das solicitudes que presentes a ABANCA ou dos contratos que formalizases ou formalices coa mesma, levaremos a cabo o tratamento dos datos asociados a dita sinatura. Os datos asociados á sinatura dixitalizada son categorías de datos que comprenden os trazos caligráficos da sinatura, como a presión e a velocidade coa que se realiza, así como a inclinación do trazo; polo que poderán ser utilizados, exclusivamente, para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou nun proceso xudicial ou administrativo en caso de repudio da operación asinada por medio do sistema de sinatura dixitalizada, co obxecto de verificar, a través da correspondente comparación, que a sinatura é túa e poder acreditar, así, o consentimento prestado e a realidade e validez da operación reflectida no documento electrónico ao que a sinatura se incorpore. A este respecto, os citados datos asociados á sinatura atoparanse debidamente cifrados a través dun terceiro provedor de servizos de confianza, que será o custodio da clave privada para poder acceder aos mesmos; deste xeito, ABANCA non terá acceso a ditos datos salvo no exclusivo suposto de que solicite ao terceiro provedor o descifrado dos mesmos mediante petición formal e ante fedatario público, e unicamente nos casos e para as finalidades de verificación e acreditación anteriormente mencionadas.
Datos de situación xeográfica: datos de xeolocalización do teu dispositivo móbil, cando o autorizases para que poidamos prestarte un servizo, como, por exemplo, indicarche as oficinas de ABANCA máis próximas ao lugar no que te atopes; ou, sobre a base do interese lexítimo de ABANCA en impedir situacións de fraude na contratación e utilización dos nosos produtos e servizos, o dato da localización de dito dispositivo móbil, no caso de que te instalases no mesmo a nosa aplicación de Banca Móbil.
Datos de navegación e comportamento online/app: enderezo IP e hábitos de comportamento nas nosas páxinas web e nas aplicacións de ABANCA que utilices (p.ex. cales son as páxinas que visitas ou como navegas polas distintas seccións do sitio web) no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes; os datos sobre o ISP (dominio do provedor que dá acceso á rede), e a data-hora vinculada ao acceso; así como os códigos ou claves que se utilizan para acceder/operar no canal dixital ou Banca móbil e a identificación física do dispositivo ou dispositivo móbil (p.ex. IMEI, modelo do dispositivo e sistema operativo).
Datos de persoas sobre as que existen sancións e contramedidas financeiras internacionais: datos de persoas segundo se sinala en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, o Reino Unido e/ou o U.S. Department of the Treasury's Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Informámoste de que non todas as categorías de datos anteriormente sinaladas son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta Política de Privacidade. No seguinte apartado 3. ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?"), no que se describen os diferentes tratamentos de datos realizados por ABANCA, con indicación das súas finalidades e as súas bases xurídicas de lexitimación respectivas, detállase que concretas categorías de datos son utilizadas para cada un deses tratamentos.
Ademais, informámoste de que cando no seguinte apartado 3 se asocia unha categoría de datos persoais a un tratamento determinado, non quere dicirse que todos e cada un dos datos incluídos nesa categoría vaian utilizarse sempre que se realice dito tratamento. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse só na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
Seguidamente informámoste sobre os distintos tratamentos dos teus datos persoais dos que ABANCA é responsable, con especificación das finalidades e as bases xurídicas de cada un deles. Adicionalmente, e conforme ao indicado no anterior subapartado 2.2. ("Categorías de datos persoais"), detállanse respecto de cada tratamento as concretas categorías de datos utilizados na súa realización.
3.1. Tratamentos necesarios para a execución das túas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA
Facemos referencia neste subapartado aos tratamentos que levamos a cabo dos teus datos persoais para a execución das relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA e, polo tanto, para poder prestarte os servizos e proporcionarte os produtos que sexan obxecto desas relacións.
A base xurídica destes tratamentos radica, en consecuencia, no feito de ser necesarios para poder executar ou dar cumprimento a esas relacións contractuais ou precontractuais con ABANCA das que sexas parte.
A continuación detállanse os tratamentos referidos, con indicación das súas respectivas finalidades, así como das categorías de datos persoais que se utilizan en cada un deles:
3.1.1. Formalización, mantemento e cumprimento das relacións con ABANCA
A finalidade deste tratamento é a correcta formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que establezas connosco.
Seguidamente, indícanse as operacións de tratamento dos teus datos que poderemos efectuar no marco do tratamento referido, as cales comprenden a obtención dos datos necesarios para a xestión das solicitudes que nos formules, a avaliación da idoneidade da contratación dos correspondentes produtos e servizos, e a correcta formalización, mantemento e cumprimento dos contratos resultantes:
Recibir as solicitudes de información ou de contratación que realizases sobre os nosos produtos e servizos, analizalas e avalialas, darche resposta e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
Contactar contigo, por medios electrónicos ou non electrónicos, con ocasión de calquera incidencia que puidese impedir a finalización da contratación dun produto ou servizo e permitirche retomar a súa contratación.
Proceder, se é o caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato.
No caso de que solicites a contratación online dun produto e/ou servizo que dispoña desta modalidade de contratación a distancia, proceder á túa identificación por medio de videollamada, sempre previo consentimento pola túa parte e tendo sido informado de todos os extremos do tratamento de datos que se realizará nese proceso.
Manter, desenvolver e controlar as túas relacións con ABANCA. Relacionado con isto, podemos tratar os teus datos persoais co fin de organizar as carteiras de clientes da Entidade, asignar cada unha delas a un xestor determinado e incluírte na correspondente carteira segundo as relacións que manteñas connosco.
Enviarte comunicacións non comerciais estritamente relacionadas cos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA.
Permitir o acceso aos diferentes canais de banca a distancia que poñemos á túa disposición (Banca Electrónica, Banca Móbil e Banca Telefónica).
Previa información (xa sexa na documentación contractual ou precontractual ou ao inicio da propia chamada), gravar as conversas telefónicas que manteñas connosco, para, se é o caso, cumprir con obrigas legais (por exemplo, as derivadas da normativa relativa a produtos e servizos de investimento), realizar controis de calidade e poder utilizalas como proba no contexto dunha reclamación xudicial ou extraxudicial.
Se é o caso, analizar e xestionar situacións de impagos que poidan producirse no ámbito dos produtos e servizos que teñas contratados en ABANCA, o que pode implicar a comunicación dos teus datos a provedores de servizos de recuperación de débeda, que actúan en nome e por conta de ABANCA, para realizar accións de recobro. Ademais, nestes casos podemos obter datos de contacto adicionais segundo o descrito no apartado 3.1.3.
Xestionar e dar resposta ás reclamacións que, se é o caso, presentes.
Xestionar a aplicación de bonificacións, descontos ou calquera outras condicións promocionais, así como a entrega de premios e/ou agasallos promocionais que, se é o caso, estivesen asociados ou fosen de aplicación á relación contractual que teñas establecida con ABANCA.
Permitir a verificación da titularidade da túa conta a solicitude de calquera terceiro (Solicitante) co que iniciases unha relación contractual que implique algún pago mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta (como sería o caso, p.ex., dun provedor cuxos servizos contratases –por exemplo, servizos de telefonía– e que comportase a realización de algún pago pola túa parte mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta).
A este respecto, o tratamento dos datos de identificación (nome, apelidos e DNI) e de conta (IBAN) a efectos de que se verifique por ABANCA a titularidade da conta na que se pretende formalizar un cobro ou un pago inmediato ou futuro, ten como base de lexitimación a propia relación contractual que mantés -como titular dos datos- tanto co Solicitante da verificación (persoa física ou xurídica), como con ABANCA, e ten por finalidade o correcto cumprimento dos contratos subscritos entre as partes (é dicir, por un lado, o contrato que subscribises co Solicitante; e, por outro, o contrato de conta que teñas subscrito con ABANCA). Deste xeito: cando ABANCA reciba a petición do Solicitante (que incluirá os datos antes citados) para a comprobación da conta que lle facilitases a dito Solicitante para a formalización do contrato co mesmo, ABANCA realizará unha comprobación previa, mesmo automática, da efectiva titularidade da conta, de tal maneira que ese contrato se poida executar axeitadamente e se eviten os prexuízos que se che poderían ocasionar derivados dun erro na conta de domiciliación do pago.
Para a formalización, mantemento e cumprimento das relacións contractuais ou precontractuais que establezas con ABANCA e, polo tanto, para prestarte os servizos e proporcionarte os produtos que sexan obxecto desas relacións, poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. ("Categorías de datos persoais") da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificativos e de contacto; Datos referidos á túa voz e imaxe; Datos de circunstancias persoais, familiares e sociais; Datos sociodemográficos; Datos de emprego; Datos económicos, e de solvencia patrimonial; Datos financeiros; Datos transaccionais; Datos de sinatura (manuscrita e dixitalizada) e datos relativos a códigos ou claves de identificación; Datos de situación xeográfica; Datos de navegación e comportamento online/app; se é o caso, Categorías especiais de datos(nos supostos de recollida de categorías especiais de datos conforme ao indicado no subapartado 2.2, pedimos o teu consentimento específico para o tratamento de ditos datos);** Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de categorías de datos persoais (especialmente, categorización segundo a normativa MiFID); e, se é o caso, Datos asociados á sinatura dixital.
[…]