Política de seguimento de actividade SDK | ABANCA
Política de seguimento de actividade
Uso de SDK na aplicación de ABANCA – Banca Móbil
Na aplicación de “Banca Móbil” de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”) utilizamos kits de desenvolvemento de software (en diante, “SDK”) propios e de empresas colaboradoras terceiras para que a App funcione correctamente e, se nos dás o teu permiso, para entender como usas a App e amosarche anuncios personalizados, tal e como che explicamos a continuación nesta “Política de Seguimento de actividade”.
Esta Política pode ser actualizada por diversas razóns, entre elas, por exemplo, debido a novas esixencias lexislativas, instrucións ditadas pola autoridade de control competente ou cando exista algunha variación no funcionamento dos SDK empregados pola aplicación. Por este motivo, convidámoste a revisar dita Política de forma regular.
1. Que son os SDK?
Os SDK son dispositivos de almacenamento e recuperación de datos de ABANCA e proporcionados por terceiros colaboradores que se integran na Banca Móbil para habilitar certas funcionalidades e coñecer a forma na que interactúas coa aplicación.
Dado que estes SDK poden afectar á túa privacidade, queremos ofrecerche toda a información necesaria sobre os distintos tipos que utilizamos en Banca Móbil, para que poidas tomar decisións informadas sobre o seu uso. Para iso, no apartado “Que tipos de SDK existen e cales utilizamos na nosa aplicación?” poñemos á túa disposición un botón de acceso directo ao panel de configuración onde se contén o detalle da tipoloxía de SDK que utilizamos e as súas correspondentes finalidades.
Estas ferramentas, xunto con outras tecnoloxías de seguimento como os píxeles, adoitan agruparse baixo o termo xeral de “cookies”, aínda que, en sentido estrito, as cookies son pequenos arquivos que se descargan no dispositivo do usuario ao acceder a determinadas páxinas web. Polo tanto, esta política complementa calquera outra política que se publique en cada momento respecto ao uso doutros dispositivos de almacenamento e recuperación de datos (como, por exemplo, as cookies).
2. Que tipos de SDK existen e cales utilizamos na nosa aplicación?
Existen diferentes categorías de SDK en función de diversos factores:
En función de quen sexa a entidade que desenvolveu os SDK:
- SDK propios: aqueles desenvolvidos ou integrados polo editor da aplicación.
- SDK de terceiros: aqueles desenvolvidos e proporcionados por terceiros colaboradores, aínda que a súa integración sexa realizada polo editor.
En función da súa duración:
- SDK de sesión: almacenan datos unicamente durante o uso activo da aplicación. Unha vez pechada ou finalizada a sesión, esta información elimínase automaticamente.
- SDK persistentes: almacenan datos que permanecen no dispositivo do usuario incluso despois de pechar a aplicación, permitindo a súa recuperación en accesos posteriores.
En función da súa finalidade:
- SDK técnicos: son aqueles que permiten o funcionamento básico da aplicación e o acceso ás súas funcionalidades e servizos esenciais. Deste xeito, permítenche iniciar sesión na túa Área de Cliente, solucionar erros técnicos, controlar posibles fraudes ou lembrar o proceso de contratación dun produto ou servizo. Sen estes SDK, a aplicación non pode operar correctamente, motivo polo que son necesarios e non poden ser desactivados.
- SDK de análise ou medición: son aqueles que permiten o seguimento e análise do teu comportamento para a medición da actividade da aplicación e a introdución de melloras. Pódense utilizar para contabilizar as túas visitas e o uso que realizas da aplicación, así como medir o impacto da publicidade durante a túa navegación. En determinados casos, e sempre que se cumpran certos requisitos e se adopten as garantías adecuadas, a activación destes SDK podería estar exenta de consentimento.
- SDK de preferencias ou personalización: son aqueles que permiten lembrar información para que poidas acceder á aplicación e ás súas funcionalidades e servizos esenciais en condicións personalizadas como, por exemplo, o idioma. A activación destes SDK non require consentimento cando sexas ti quen seleccione libremente esas características personalizadas. De ABANCA, solicitarase o teu consentimento.
- SDK de publicidade comportamental: son aqueles que recollen e almacenan información do teu comportamento a través da observación continuada dos teus hábitos de navegación e uso da aplicación para desenvolver un perfil específico e amosarche publicidade personalizada. A activación destes SDK está condicionada ao teu consentimento.
Atendendo ás clasificacións expostas previamente, podemos atopar SDK de carácter polivalente, é dicir, aqueles que combinan finalidades propias de dúas ou máis categorías distintas. Cando un mesmo SDK integre tanto finalidades exentas de consentimento como finalidades que o requiran, as primeiras poderán activarse por defecto, mentres que as segundas unicamente se despregarán unha vez outorgues o teu consentimento de forma expresa.
Na aplicación poñemos á túa disposición unha consola de configuración mediante a cal podes xestionar facilmente as túas preferencias en relación coa utilización ou non de SDK, así como obter información detallada sobre as tipoloxías de SDK e categorías de cada un deles.
A consola de Seguimento de actividade móstrase por defecto na túa primeira visita á Banca Móbil; non obstante, tamén podes acceder á mesma no menú da App, dentro da sección de “Privacidade” → Seguimento de actividade.
3. Quen utiliza os SDK?
A información que se recolle a través dos SDK integrados na Banca Móbil pode ser utilizada tanto por ABANCA, como titular da aplicación, como por terceiros que lle prestan servizos.
Algúns destes terceiros que prestan servizos a ABANCA están situados fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido, ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (en diante, “EEE”) estará suxeita a un nivel axeitado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, de acordo co disposto na normativa vixente que resulte de aplicación (por exemplo, Decisión de Adecuación da Comisión Europea ou a subscrición de Cláusulas Contractuais Tipo).
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos e os mecanismos de garantía aplicados, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidade@abanca.com.
3.1. Adobe
Esta aplicación utiliza SDK técnicos, analíticos e de publicidade comportamental proporcionados por Adobe Systems Software Ireland Limited (en diante, “Adobe”), compañía que ten a súa sede principal en 4-6 Riverwalk, Citywest Business Campus, Saggart D24, Dublín, Irlanda.
Podes atopar máis información sobre os SDK de Adobe nas ligazóns que facilitamos a continuación:
- Adobe AnalyticsSerás redirixido a outro sitio web
- Adobe AssuranceSerás redirixido a outro sitio web
- Adobe Campaign ClassicSerás redirixido a outro sitio web
- Adobe TargetSerás redirixido a outro sitio web
- Adobe User ProfileSerás redirixido a outro sitio web
- Adobe SDK CoreSerás redirixido a outro sitio web
Así mesmo, podes consultar información adicional sobre as opcións de privacidade de Adobe premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.
3.2. Celebrus
Esta aplicación integra SDK técnicos proporcionados por Celebrus Technologies Plc (en diante, “Celebrus”), compañía que ten a súa sede principal en Elmbrook House, 18-19 Station Road, Sunbury-On-Thames, Reino Unido, TW16 6SB.
Podes acceder a máis información sobre os SDK de Celebrus premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.
3.3. Google
Esta aplicación emprega SDK técnicos de Google Ireland Limited (en diante, “Google”), unha compañía constituída e que opera baixo a normativa da Unión Europea e cuxa oficina principal está situada en Gordon House, Barrow Street, Dublín 4, Irlanda.
Podes atopar máis información sobre os SDK de Google a través das seguintes ligazóns:
- Firebase Analytics Android SDKSerás redirixido a outro sitio web
- Firebase CrashlyticsSerás redirixido a outro sitio web
- Firebase Performance Android SDKSerás redirixido a outro sitio web
- Google play services identitySerás redirixido a outro sitio web
- Google play services locationSerás redirixido a outro sitio web
- Google play services maps
3.4. IronChip
Esta aplicación integra SDK técnicos de Ironchip Telco, S.L. (en diante, “Ironchip”), compañía con domicilio social en Rúa Espronceda (Lonxa), 4 - 48902 Barakaldo, Bizkaia, España.
Podes acceder a máis información sobre o SDK de Ironchip premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.
3.5. Medallia
Esta aplicación utiliza SDK técnicos de Medallia Inc. (en diante, “Medallia”), compañía que ten a súa sede principal en San Francisco, US-CA US 94105.
Podes acceder a máis información sobre o SDK de Medallia premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.
3.6. IBM
Esta aplicación integra SDK técnicos de International Business Machines Corporation (“IBM”), compañía que ten a súa sede principal en 590 Madison Avenue, Nova York, Estados Unidos.
Podes consultar información adicional sobre IBM Trusteer Mobile premendo aquíSerás redirixido a outro sitio web.
4. Durante canto tempo conservamos os datos xerados polo uso das cookies?
Os datos xerados polo uso dos SDK conservaranse unicamente durante o tempo estritamente necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e, en todo caso, durante un prazo máximo de vinte e catro (24) meses.
Transcorrido o prazo citado, os datos eliminaranse dos nosos sistemas, polo que deberás volver configurar os SDK de acordo coas túas preferencias.
Aínda que, tal e como se indica, o consentimento relacionado co uso de SDK renóvase cada vinte e catro (24) meses, existen algunhas excepcións a este prazo que supoñen a necesidade de obter novamente o teu consentimento de forma previa ao vencemento do prazo referido (por exemplo, no caso de que se incorporen modificacións substanciais no funcionamento dos SDK, cando se implementen novas tipoloxías de SDK nas súas correspondentes categorías que requiran o consentimento ou sempre que se produzan cambios técnicos cuxo funcionamento dependa dunha re-publicación do aviso e/ou do panel de Seguimento de actividade).
5. Como podes configurar ou desactivar os SDK integrados na Banca Móbil?
5.1. Primeiro acceso á aplicación
Ao acceder por primeira vez á Banca Móbil amosámosche información sobre o uso de SDK na aplicación, ante a cal poderás realizar as seguintes accións: * Configuración de privacidade: podes obter máis información sobre os tipos de SDK que se integran na aplicación e modificar a súa configuración en función das túas preferencias. * Aceptar todo: podes activar directamente todos os SDK (suxeitos a consentimento) con independencia das súas finalidades, duración ou a entidade que os desenvolveu, o que che permitirá utilizar todas as funcionalidades da nosa aplicación sen limitacións. * Rexeitar opcionais: podes rexeitar directamente a activación de todos os SDK, excepto daqueles con finalidades técnicas que, como che informamos anteriormente, atópanse activados por defecto e non poden ser deshabilitados.
En calquera dos tres casos, conservaremos a túa elección e non volverás visualizar o panel informativo sobre os SDK cando accedas á aplicación por un período de vinte e catro (24) meses, sen prexuízo da posibilidade de aceptar, rexeitar ou configurar os SDK a través do menú de opcións da aplicación en calquera momento, tal e como se explica no seguinte apartado.
Así mesmo, informámoste de que, se procedes a gardar a configuración de SDK sen ter activado ningunha opción das dispoñibles, equivalerá a rexeitar directamente todos os SDK, agás os técnicos que, tal e como che indicamos, sempre se atopan activos por defecto.
5.2. A través do menú de opcións
Con independencia da opción seleccionada no panel informativo sobre o uso dos SDK ao acceder por primeira vez á Banca Móbil, en calquera momento podes aceptar, rexeitar ou configurar os SDK a través do menú de opcións da aplicación. Para iso, segue os seguintes pasos: 1. Menú da App 2. Sección de “Privacidade” 3. Seguimento de actividade
5.3. Eliminación dos SDK
A diferenza doutras tecnoloxías de seguimento como as cookies, os SDK integrados na nosa aplicación non poden ser eliminados ou desinstalados, xa que forman parte do propio código da aplicación.
Porén, podes desactivar as súas finalidades suxeitas a consentimento a través do menú de opcións, tal e como se describe no apartado anterior.
6. Protección de Datos
Con independencia da selección que realices na consola de Seguimento de actividade, informámoste de que, en todo caso, trataremos os teus datos persoais de inicio de sesión na Banca Móbil co único propósito de identificarte á hora de almacenar e aplicar as opcións de consentimento que seleccionases. Podes contactar co Delegado de Protección de Datos da organización e exercer os teus dereitos de Protección de Datos a través do seguinte enderezo de correo electrónico: privacidade@abanca.com.
Así mesmo, podes consultar máis información acerca de como tratamos os teus datos persoais na Política de Privacidade de Aplicacións Móbiles.