Liña de crédito

Podemos axudarche a mellorar o rendemento, a axilidade e a estabilidade que necesita a tesouraría da túa empresa. Coas liñas de crédito de ABANCA disporás dun aliado tan flexible como sólido para financiar do xeito máis eficaz as túas necesidades de liquidez, no momento que o necesites, e co importe que necesites.

Características deste financiamento

É para min?

Se o que buscas é unicamente unha solución para a túa liquidez, as pólizas de crédito son a mellor solución.

Como funciona?

As pólizas permítenche utilizar un crédito variable dentro do límite que escollas, e pagando polo que realmente estás a dispoñer.

Canto tempo?

Ti decides cando amortizar a póliza, dentro dos límites fixados. Ademais, en función das túas características e das túas necesidades poderás optar por unha póliza a tipo variable ou a tipo fixo.

E que máis?

Grazas ao Programa Servizos ABANCA poderás gozar de tarxetas gratis, retiradas de diñeiro en todo o mundo e moitas vantaxes máis.