Financiamento para Pemes e Empresas
Financiamento e Avales
Financiamento para Pemes e Empresas
Poñemos á túa disposición solucións de crédito, tanto a tipo fixo como a tipo variable, que se adaptan ás túas necesidades de negocio. Para que poidas obter liquidez no momento que necesites e de forma inmediata. Sempre cun experto ao teu carón.


Liña de crédito
Podemos axudarche a mellorar o rendemento, a axilidade e a estabilidade que necesita a tesouraría da túa empresa. Coas liñas de crédito de ABANCA disporás dun aliado tan flexible como sólido para financiar do xeito máis eficaz as túas necesidades de liquidez, no momento que o necesites, e co importe que necesites.

Multifinanciamento
Todos os produtos de circulante que necesitas para a túa empresa (avales, comex, desconto comercial, liña de crédito) nun único contrato que abarca o 100% do límite. Unha forma moito máis flexible e rápida de dispoñer de liquidez.

Préstamo Pemes
Con este préstamo poderás conseguir financiamento a curto ou longo prazo para calquera necesidade ou proxecto que teña o teu negocio.

Leasing
Impulsa o teu negocio co acceso aos bens e equipos que precisas sen comprometer a túa liquidez. Co Leasing de ABANCA disporás dunha financiación flexible e con importantes vantaxes fiscais, ideal para renovar os teus activos da forma máis eficiente.

Next Generation: financiamento e asesoramento
Se buscas transformar o teu negocio, as subvencións dos Fondos Next Generation son a oportunidade perfecta para proxectos de dixitalización e sustentabilidade. En ABANCA axudámoste a tramitalas e ofrecémosche o financiamento complementario que precisas para facer realidade o teu investimento.

Alipay+
Dende os nosos TPVs poderás ofrecer os medios de pago máis utilizados en Asia (Alipay, Wechat, Kakaopay, Pay Pay…), grazas á colaboración coa fintech Starpay.

Avais bancarios
Axudámosche a cumprir cos compromisos da túa empresa e a facerlle fronte ás débedas se nese momento non podes atendela. Podes elixir entre aval dixital ou con firma manuscrita.
Falamos?
Contamos con xestores especializados para axudarte a avanzar no teu negocio ou empresa.