Faite cliente

Financiamento préstamo PEME

Préstamo Peme

Consigue o financiamento que necesitas co noso Préstamo PEME. Non importa o sector ou tamaño do teu negocio: ofrecémosche créditos á medida para cubrir necesidades puntuais de liquidez ou financiar proxectos a longo prazo. Apóiase na nosa rede de expertos financeiros e fai medrar a túa empresa.

Dá igual o sector ou o tamaño do teu negocio; dá igual que se trate dunha necesidade puntual de financiamento ou que esteas buscando unha solución estrutural que che permita sacar o máximo rendemento da túa tesouraría. Temos unha rede de expertos moi preto de ti e temos produtos á medida, cos que cada ano axudamos a miles e miles de clientes coma ti. ¿Chamámoste?

Características deste financiamento

É para min?

Se xestionas un pequeno comercio, unha gran empresa ou queres poñer en marcha unha idea, é para ti. Non importa cal sexa o teu sector.

Como funciona?

O Préstamos PEME permíteche conseguir o financiamento que necesitas para a túa empresa ou proxectos a curto e a longo prazo.

Canto tempo?

Temos unha ampla gama de produtos de financiamento, para autónomos, pemes e micro pemes, para grandes empresas…

E que máis?

Grazas ao Programa Servizos ABANCA poderás gozar de tarxetas gratis, retiradas de diñeiro en todo o mundo e moitas vantaxes máis.

Unha solución á túa medida

En ABANCA atoparás o financiamento que necesitas para o teu negocio. Xestionas un pequeno comercio, dos de toda a vida? Es a directora financeira dunha empresa que factura millóns? Tes unha idea brillante e queres poñela en marcha? Cóntanos que necesitas e deixa que che contemos como podemos axudarche.

Xa sexa unha necesidade puntual (un préstamo para a compra dunha máquina que necesitas; un aval para alugar esa nave que andabas buscando) ou unha solución a longo prazo que che permita obter a máxima rendibilidade da túa estrutura financeira (unha liña de crédito para optimizar a túa tesouraría, quizais?): temos unha ampla gama de produtos de financiamento, para autónomos, para pemes e micro pemes, para grandes empresas… solucións deseñadas por expertos para expertos.

Cuestión de tempo

Se necesitas un préstamo para o teu negocio non deixes pasar nin un minuto máis. Envía a túa solicitude agora mesmo. Ou, se o prefires, chámanos cando queiras ao número que podes atopar nesta mesma páxina. Necesitas o teu tempo e prefires que nos vexamos cara a cara? Se queres, desde esta mesma web podes solicitar unha cita nunha das nosas oficinas.