Descubre a nova app de Bizum
Con Bizum Pay, poderás elixir pagar con Bizum (con cargo directo á túa conta) ou coas túas tarxetas en calquera establecemento físico.
Como activar e comezar a usar Bizum Pay?
Bizum Pay vaiche encantar
- Escolle como pagar as túas compras diarias: con Bizum, directamente desde a túa conta, ou coas túas tarxetas de sempre. Co teu móbil e ao instante
- Paga en tendas físicas: para pagar, desbloquea o teu Android ou fai dobre clic lateral no teu iPhone e achégao ao TPV.
- Todo baixo control: lembra que desde a banca móbil de ABANCA sempre poderás revisar as túas últimas compras.

Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Non, Bizum Pay está deseñado exclusivamente para realizar pagos en comercios. O resto das túas operacións habituais (envíos e solicitudes de diñeiro a amigos ou familiares, doazóns a ONG ou pagos de lotarías), seguirán funcionando como ata agora, desde a túa app de ABANCA.
Non terás que preocuparte! Bizum Pay permite engadir varios métodos de pago polo que, se o pago con Bizum non está dispoñible, poderás elixir manualmente unha das tarxetas bancarias do wallet como método de pago alternativo.
Poderás pagar en calquera comercio que acepte pagos sen contacto (NFC).
Grazas á posibilidade de engadir tarxetas ao teu wallet poderás pagar en calquera establecemento ou mesmo en comercios do estranxeiro, só terás que seleccionar algunha das tarxetas engadidas ao teu wallet cando o establecemento non permita o pago con Bizum (con cargo directo á conta).
