As túas compras,
a prazos
ABANCA ofréceche un servizo para aprazares as compras que fagas coa tarxeta de crédito ABANCA, desde o móbil e cun só clic. Manda os gastos onde menos che molesten. Ao instante.
-
Que é?
O servizo de ABANCA que che permite pagar a prazos as túas compras, tanto se as fixeches nun establecemento físico como se mercaches por internet.
-
Que podo aprazar?
Podes aprazar calquera pagamento de máis de 75 € que realices coa túa tarxeta de crédito ABANCA Visa ou Mastercard (excepto Visa Tú, Visa Persoal, Visa Clip, Visa Proxecta e Zona Aberta).
-
Como funciona?
Entra na sección "Apraza as túas compras" da app de ABANCA, selecciona a compra que queiras aprazar, elixe os prazos (entre 3 e 36 meses)…e xa está!
-
É seguro?
Por suposto! Todo se xestiona dende a túa Banca móbil, que conta con chaves de reforzo e sistema de seguridade Touch ID.
Como funciona o servizo de pago fraccionado
Imaxina que estás na tenda de guitarras e queres mercarlle á túa parella ese agasallo que sabes que o/a vai facer feliz (aos veciños non tanto). É unha cantidade grande, e véñenche as dúbidas. Por que non o pagas comodamente, en varios meses, sen preocupacións? Só ti, co teu móbil, sen contarlle a túa vida ao da tenda de guitarras nin chamar o teu banco.
Ou pensa no pagamento do imposto de circulación do coche, que che vén en xaneiro e que te vai pillar a contrapé. Por que non o pagas coa tarxeta e repartes a carga ao longo de varios meses, para que a costa de xaneiro sexa menos costa? Colle o móbil e apprázao agora con nun só clic.
Tamén podes agrupar varias compras no mesmo financiamento. Por exemplo, podes sumar o cargo de pasar a ITV e de comprarlle pneumáticos novos ao coche, todo no mesmo cargo, para que ordees as compras con total liberdade. Pero tamén as podes manter separadas e pagalas a prazos distintos, pondo unha compra a 4 meses e outra a 8 meses, sexa cal for, sempre que os importes estean dentro dos límites que che sinalamos.
Mostrámosche un exemplo
Poderás aprazar todas as compras e gastos que superen os 75 €, e leva conta que as cotas resultantes terán que ser maiores de 25 € ao mes.
Este é un exemplo de como podes financiar unha compra de 1500 € feita cunha Visa Clásica en 12 meses. Se xa es cliente de ABANCA e non pagas comisión de emisión e mantemento pola túa tarxeta é moi fácil!), terías TXN 9%; TAE 9,38%. Pagarás once cotas de 131,18€ e unha última de 131,14€. O importe total a pagar son 1574,12 €, que inclúen 74,12 € de intereses de aprazamento. O custo total de financiamento serían eses 74,12€.
En cambio, se a túa tarxeta non está bonificada, tomando o exemplo anterior terías un TXN 9%; TAE 15,30%. Pagarás once cotas de 131,18€ e unha última de 131,14€. Ademais, aos tres meses de contratación da tarxeta, cobraranse 43€ de comisión de emisión e mantemento da mesma. O importe total a pagar son 1617,12 € e o custo total do financiamento serían 117,12€, que inclúen 74,12 € de intereses de aprazamento e os 43€ de comisión de emisión e mantemento da tarxeta.
E lembra…
-
Podes financiar as compras a prazos, entre 3 e 36 meses.
-
A cantidade de cartos que puedes financiar dependerá dos límites da túa tarxeta de crédito ABANCA.
-
Podes adiar as compras directamente desde a app de ABANCA e dende a banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web, co móbil ou co ordenador. Tamén podes facelo desde as nosas oficinas ou se chamas ao 981 910 522.
-
Podreás meter calquera compra que fagas en España ou en calquera parte do mundo..
Podes aplazar os teus gastos con calquera tarxeta de crédito ABANCA
Doado, e ao momento
-
Que compras podo aprazar?
Podes aprazar calquera compra que realices coa túa tarxeta de crédito ABANCA e que sexa superior a 75 €, tanto se realizas o gasto nun establecemento físico, como se compras por internet.
-
Con que tarxetas funciona o servizo?
APPrázame funciona coa tua tarxeta de crédito ABANCA, Visa ou Mastercard (excepto Visa Tú, Visa Personal, Visa Clip, Visa Proxecta e Zona Aberta) e tamén coas tarxetas de crédito virtuais. Non poderás usar o programa coa tarxeta de débito.
-
Como sei que podo aprazar unha compra?
Cada vez que realices unha compra recibirás unha mensaxe no teu móbil para avisarte de que podes aprazala. Podes escoller o número de cotas que desexes, entre 3 e 36, sempre que as cotas sexan maiores de 25 €.
-
Como podo usar o pago fraccionado?
O xeito máis sinxelo de aprazares as compras é directamente dende a app de ABANCA ou desde a banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web, xa sexa co móbil ou co computador. Tamén podes facelo desde as nosas oficinas ou se chamas ao 981 910 522.