Pagar máis tarde

Sexa o gasto que sexa, poderás repartilo comodamente. Ao teu ritmo!
Os teus gastos, baixo control

Recibos, facturas, pago de impostos… Se un cargo inesperado alterou a túa planificación de gastos, este servizo interésache.

Dispoñible na túa app

Transfire diñeiro da túa tarxeta de crédito á túa conta, sen trámites nin explicacións. Aplicarase unha comisión.

Ti escolles como devolvelo

Poderás seleccionar a forma de pago que máis che conveña.

Na túa conta, ao momento

Abonaremos na túa conta o importe que elixas, que dependerá do dispoñible na túa tarxeta.

Para gozar deste servizo é necesario dispoñer dunha tarxeta de crédito ABANCA.

Como utilizar Pagar máis tarde na app

  1. Abre a túa app e accede á conta na que queres dispoñer do diñeiro.
  2. Fai clic en Operar > Pagar máis tarde e selecciona a tarxeta de crédito de onde sacar os fondos. Tamén poderás acceder facendo clic no banner que verás nos movementos da conta.
  3. Elixe o importe que queres repoñer, que dependerá do dispoñible na tarxeta de crédito, e a modalidade de pago: a prazos, revolving cota fixa ou fin de mes.
  4. Revisa que todo está correcto, e listo! Xa terás o diñeiro na túa conta de forma instantánea.
Poñémosche un exemplo

Imaxina que queres recuperar na túa conta 300 € a partir do crédito dispoñible na túa tarxeta VISA Tú. Contámosche como serían as cotas se o devolves en 6 ou 12 meses.


Prazo1º cotaResto de cotasTotal a pagarComisiónTXNTAE
6 meses63,50€50€313,50€13,50€ (4,5% mín. 4€)0%21,14%(1)
12 meses43€25€318€18€ (6% mín. 4€)0%13,55%(2)

Fracciona as túas compras desde a app

Elixe canto pagar e en cantas cotas, ao instante e sen complicacións.

Aínda non tes tarxeta de crédito?

Se queres gozar destas vantaxes e non tes tarxeta de crédito, é o momento de que coñezas a tarxeta de crédito VISA Tú.

(1) Para unha operación de Pagar máis tarde fraccionada en 6 meses, pagarás en total 313,50 € (TXN 0 %, TAE 21,14 %). A primeira cota sería de 63,50 € (este importe inclúe a comisión do 4,50 %, é dicir, 13,50 €) e as cotas restantes 50 € cada unha. Importe total adebedado = Prezo Total a Prazos = 313,50 € (comisións = custo total = 13,50 € e xuros = 0 €). Para este exemplo representativo, tivo en conta a gratuidade na emisión e mantemento da tarxeta.

(2) Para unha operación de Pagar máis tarde fraccionada en 12 meses, pagarás en total 318 € (TXN 0 %, TAE 13,55 %). A primeira cota sería de 43 € (este importe inclúe a comisión do 6 %, é dicir, 18 €) e as cotas restantes 25 € cada unha. Importe total adebedado = Prezo Total a Prazos = 318 € (comisións = custo total = 18 € e xuros = 0 €). Para este exemplo representativo, tivo en conta a gratuidade na emisión e mantemento da tarxeta.