Faite cliente

Paga desde o teu móbil con Samsung Wallet y ABANCA

TPV contactless

Paga co teu móbil nos establecementos que xa contan con TPV contactless.

Fácil e sinxelo

Non hai que descargar nada. Actualiza o teu terminal Samsung compatible e configura as túas tarxetas ABANCA. E xa.

Pagamentos seguros e cómodos

Con esta tecnoloxía, garantímosche unha total seguridade en todos os pagamentos que fagas.
Descubre paso a paso como funciona

Accede

Arrastra o dedo dende a parte inferior da pantalla cara arriba para accederes ás túas tarxetas ou selecciona a app Samsung Wallet.

Identifícate

Para autorizar os pagamentos, deberás identificarte escaneando o teu iris, a túa pegada dactilar ou introducindo o teu código.

Achega o móbil e paga

Aproxima o teu teléfono ao TPV contacless da tenda e… Noraboa! xa terás feito os pagamentos.
En que dispositivos podo pagar con Samsung Wallet?

Podes consultar o listado de dispositivos compatibles con Samsung Wallet na web de Samsung.

Todo o que necesitas, no teu móbil

Descarga a nosa app de banca a distancia e consulta os teus movementos, activa ou desactiva unha tarxeta, paga recibos só con facerlles unha foto… cando queiras e onde queiras.

¿Tes preguntas? Nós respostas

Dúbidas

Documentación