Investimentos xestionados polos nosos expertos
O noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento encárgase do 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento.
Contamos cun modelo de investimento propio que combina unha estratexia avanzada e personalizada para xerar propostas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente. É importante ter en conta que os produtos contratados neste servizo son fondos de investimento que levan riscos e poden supoñer perdas no capital investido.
Leva un 2% de bonificación
Goza dunha bonificación en efectivo do 2% do importe achegado cun límite máximo de bonificación de 6.000€. Debes realizar un novo investimento de, polo menos, 60.000€, cun compromiso de permanencia de 30 meses. ¡Promoción válida ata o 30 de xuño de 2026!
Carteira ABANCA 360: estratexia de investimento
Estas carteiras contan cun investimento diversificado a través dunha selección de fondos de investimento de ABANCA Xestión de Activos.
Incorpóranse fondos de investimento ABANCA de xestión pasiva que replican índices. Tamén combina investimentos en diferentes fondos por tipoloxía de activo, xeografía ou temática. E, polo menos, o 75% da carteira estará investido en fondos de investimento que promovan características ambientais, sociais ou cun obxectivo de investimento sostible ou de impacto.
Falemos do teu futuro
Se consideras que a Carteira ABANCA 360 se axusta aos teus obxectivos de investimento, o noso equipo de xestores está á túa disposición para proporcionarte toda a información que precises, sen ningún compromiso.
Características da carteira
Perfil de investidor
Horizonte temporal
Capital inicial
Investimento Intelixente
(*) VaR: Valor en risco anual ao 95% de confianza. É unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.
Lembra que poderás dispor do teu investimento solicitando unha cancelación parcial ou total do servizo, ten en conta que o reembolso das participacións nos fondos de investimento tardará uns días desde que o solicites. Se cancelas o servizo antes dos horizontes temporais recomendados pode aumentar o risco de perda do capital investido.
Consulta a información completa sobre os riscos dos produtos de investimento e o resto das características ao final da páxina
Comisións da Carteira
A nosa Carteira ABANCA 360 ten unha comisión fixa anual sobre o patrimonio xestionado en función do perfil da Carteira:
- Perfil Conservador: 0,85% anual sobre o patrimonio xestionado (o que equivale a un 1,03% co IVE incluído).
- Perfil Moderado: 0,95% anual sobre o patrimonio xestionado (1,15% co IVE incluído).
- Perfil Decidido: 1% fixo anual sobre o patrimonio xestionado (1,21% co IVE incluído).
Ademais, hai que sumar os custos propios dos fondos nos que se inviste.
Carteiras ABANCA
Consulta a información sobre sustentabilidade
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA Futuro
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA Responsable
Información sobre sustentabilidade Carteira ABANCA 360
Escóitanos tamen en
En canto á información sobre as principais características e riscos dos fondos de investimento, atópase no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo, que está á súa disposición, xunto co resto da documentación legal esixible, nas oficinas, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMV e nesta web.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e foi elaborada sen ter en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios, sen que poida considerarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros leva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden supoñer perdas no capital investido polo investidor, podendo supoñer a perda total do capital investido. Poderás dispor do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo os posibles gaños ou perdas.
É importante ter en conta o horizonte temporal da carteira xa que solicitar a cancelación do servizo antes de que remate o horizonte recomendado pode implicar que se asuma un maior risco de perda no capital investido.
A natureza e alcance do risco dependerán do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de xuro e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornos políticos, económicos e sociais en xeral.
Condicións da promoción: Oferta válida ata o 30 de xuño para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira abertos ata trinta días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA de acordo coas condicións da promoción. Abonarase en efectivo o 2% do importe captado sempre que se acade o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo") cun máximo de bonificación de 6000€. Investimento mínimo de 20.000€ no caso de Carteira ABANCA 360 e de 60.000€ para as Carteiras ABANCA Equilibrio, Carteira ABANCA Responsable e Carteira ABANCA Futuro e compromiso de permanencia de 30 meses.