O TPV para ti

Para xigantes industriais ou para o pequeno comercio. Dentro do teu negocio ou canda ti, vaias onde vaias. Sexas como sexas, temos o TPV perfecto para ti. E cun servizo de atención profesional 24 horas ao día, sete días á semana.

Todo son vantaxes cos TPV de ABANCA:

Ampla gama de tarxetas aceptadas:

VISA, Maestro, Mastercard, AMEX, JCB…

Soporte técnico especializado

24 horas ao día, 7 días á semana (24/7).

Seguimento da súa operatoria

A través de banca electrónica.

Máxima seguridade garantida

Coa tecnoloxía EMV.

TPV Virtual, xestiona os pagos dos teus clientes por internet e sen tenda online

Tanto se queres ofrecer aos teus clientes a posibilidade de pagar por internet sen páxina web como se precisas unha pasarela de pagamentos para a túa tenda online, o TPV Virtual de ABANCA é para ti.

Servizo multidivisa

  • Todos os nosos TPV incorporan por defecto un servizo que permite aos clientes con contas en moedas non euro pagar na súa moeda local.
  • O funcionamento é moi sinxelo. Se un dos teus clientes paga cunha tarxeta vinculada a unha conta en moeda non euro, a pantalla do terminal ofreceralle a opción de elixir a divisa na que quere efectuar o pago.

Ofrécelles aos teus clientes a posibilidade de pagar APRAZOS

Co servizo de compras APRAZOS de ABANCA, deixar que os teus clientes financien as compras contigo é rápido, sinxelo e moi económico. Aumentarás as vendas nunhas condicións moi vantaxosas para ti e para o teu cliente. E estarás sempre cuberto, sen risco de impagamento para ti. Consulta como funciona o programa Aprazos e como te podes beneficiar del cun TPV ABANCA.

Tes dúbidas sobre TPV e produtos da empresa? Nós respondemos

dúbidas

NO BLOG