
TPV Virtual
Vende a través de
redes sociais e WhatsApp.
-
Fácil de usar
Xestiona cobros por internet e a distancia teñas páxina web de venda ou non.
-
Seguridade nos teus cobros
A nosa pasarela de pagos cumpre os estándares 3D Secure e Comercio Electrónico Seguro.
-
Financia aos teus clientes
Poderás ofrecer financiamento aos teus clientes que fagan compras con tarxetas de crédito de ABANCA.
-
Soporte 24 horas
E se necesitas axuda, podes chamarnos as 24 horas os 365 días do ano.
A túa pasarela de pagos por internet
Poñemos á túa disposición ferramentas que facilitan as vendas a distancia do teu negocio, tanto se tes un comercio electrónico coma se só necesitas unha solución que che permita realizar cobros mentres dura a situación de distanciamento social.
O noso TPV Virtual, xunto con todas as súas aplicacións, é unha solución dixital específica que che permite xestionar cobros de forma segura e a distancia. Con esta pasarela de pago segura e específica os teus clientes poderán facer pagos as 24 horas ao día, os 365 días ao ano e desde calquera lugar, só necesitarán conexión a internet.
Non teño unha páxina web para vender por internet, o TPV Virtual é para min?
Por suposto! Se non dispós dun comercio electrónico para vender por internet ou non podes abordar o seu desenvolvemento neste momento, non te preocupes. O noso TPV Virtual inclúe a funcionalidade Pago Fácil, que permite xestionar cobros online por email ou aplicacións de mensaxería instantánea, entre outros.
Unha das grandes vantaxes desta modalidade online é que non require ningún desenvolvemento informático. E o seu funcionamento é moi sinxelo:
- Desde a consola de administración do TPV Virtual xeras un pago polo importe e concepto que necesites.
- O sistema devolverache unha ligazón e unha clave que terás que enviar ao teu cliente para que finalice o pago. O envío pódelo facer por correo electrónico, aplicacións de mensaxería instantánea ou o medio que máis cómodo che resulte.
- O teu cliente deberá acceder á pasarela de pago seguro, introducir os datos da súa tarxeta, confirmar a operación, e listo!
Desde o panel de operacións poderás consultar o historial das operacións enviadas e o seu estado para controlar en todo momento os cobros completados e pendentes.
TPV Virtual, o teu ecommerce na internet
O TPV Virtual de ABANCA é a solución idónea para xestionar os pagos dos produtos ou servizos que comercializas na túa tenda online. Á parte da opción de pago por email, contámosche moitas das súas outras vantaxes:
- Fácil instalación. Unha vez dado de alta o servizo, enviarémosche as instrucións e claves de acceso específicas para implementar o TPV Virtual no teu ecommerce.
- Garantía de seguridade. Esta pasarela de pagos cumpre os estándares de comercio electrónico seguro e 3D Secure, baseado na autenticación do titular da tarxeta. Tamén conta con filtros para o control da fraude.
- Para unha ampla gama de tarxetas: VISA, Maestro, Mastercard, AMEX, JCB…
- Consola de administración. Terás acceso a un panel para xestionar todas as túas operacións e poderás consultar o estado das cobros, procesar devolucións, consultar informes e moito máis.
- Pago con Bizum. Poderás habilitar Bizum (ABANCA Pay) como opción de pago para que os teus clientes autoricen a operación directamente desde esta aplicación.
- Operacións multimoeda. Poderás ofrecer pagos en divisas distintas ao euro: dólares, euros, libras, yenes, yuans chineses, pesos mexicanos, francos suízos, zlotys polacos…
- Pagos periódicos. Dispoñerás dunha completa ferramenta que che permitirá xestionar os pagos recorrentes dos teus clientes. Lembra que para xestionar os teus pagos periódicos tamén dispós do servizo Appúntame.
- Soporte técnico especializado 24/7
Financiamento para os teus clientes ABANCA
Co TPV Virtual de ABANCA tamén poderás ofrecer financiamento aos clientes da túa tenda online grazas ao noso servizo APRAZOS. Sen papelames nin intermediarios!
Podes fraccionar as compras dos teus clientes de forma instantánea, cando ti o decidas e cunhas tarifas moi competitivas. O servizo APRAZOS de ABANCA é unha ferramenta moi interesante coa que podes multiplicar as túas vendas e marcar a diferenza coa competencia.
Para os pagos que che fagan con tarxeta de crédito ABANCA, podes ofrecer un financiamento a 3, 6, 9, 12, 18, 24 e 36 meses para os teus clientes.
Ademais, a través da plataforma de abancaserfin. com, tamén poderás ampliar as opcións de financiamento de todos os teus clientes, sexan ou non clientes de ABANCA, e para todo tipo de compras. Para gozar deste servizo, deberás dalo de alta na túa oficina. Infórmate sobre o servizo APRAZOS.
Para saber máis...
dúbidas
-
Como podo facer unha devolución co meu TPV?
Se a devolución é dunha operación do mesmo día, pódela devolver a través do teu terminal tramitándoa como unha anulación. Se a operación é de hai días , debes tratala como unha devolución se aínda figura na operativa do TPV.
Podes consultar o manual específico do teu terminal para saberes como realizar unha anulación ou unha devolución.
-
Segues con dúbidas sobre o TPV? Velaquí o manual
Aquí tes o manual do noso TPV, para resolveres calquera tipo de incidencia que teñas con el.
-
O TPV deume un erro e non me imprimiu o ticket. Como podo saber se a operación foi autorizada?
Para comprobar se unha operación se autorizou, debes realizar unha consulta de totais no teu terminal. Podes consultar no manual específico do teu terminal como realizar unha consulta de totais.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG