Custo cero e máxima seguridade
Operacións principais que podes realizar
- Pagos e transferencias: xestión de transferencias (inmediatas/financiadas), recibos, impostos e ficheiros SEPA.
- Cobros e operativa: ingreso de cheques, pagarés, domiciliacións e consulta de estatísticas de TPV.
- Tarxetas de empresa: control de activación, límites e informes de gastos.
- Factoring: administración e cobro de facturas
- Confirming: optimización de recursos no pago a provedores.
- Xestión de operacións de financiamento para exportacións.

Se o prefires, podes consultar os teus gastos e realizar as túas xestións desde o teu móbil.
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Se non podes acceder á túa Banca Electrónica é posible que esteas nunha destas situacións:
- Que as claves que esteas a introducir non sexan correctas.
- Que as claves estean bloqueadas.
Podes solicitar un novo PIN ou a sinatura electrónica en calquera das nosas oficinasAbrirase nunha nova ventá..
Se non tes este servizo, e tes unha empresa ou negocio, acude á túa oficina e solicita que che activen a banca electrónica de empresas.
E se xa tes o servizo activado e todas as chaves, só tes que acceder a través da web.
Para acceder á túa banca electrónica de empresas debes identificarte, por defecto, co teu NIF (Ej.11222333A).
E, se queres, poderás cambialo por un código de usuario composto de 10 caracteres accedendo desde a pestana ‘Utilidades’ > ‘Administración de credenciais’ > ‘Modificar usuario’.
Podes obtelo accedendo á túa banca electrónica de empresasSerás redirixido a outro sitio web e entrando na conta da que queres o certificado, preme en ‘Información e ‘Solicitar’.
Si, a banca electrónica non supón custo ningún, nin de alta nin de mantemento.
Ademais moitas das operacións bancarias que fagas (como as transferencias, por exemplo), son máis baratas se as realizas a través da banca electrónica que se as fas en oficinas. Se queres empezar a utilizalo ou saber máis sobre as súas vantaxes, explicámoscho todo mellor no servizo de banca a distancia desta web.
As transferencias en banca a distancia son totalmente gratuítas se as fas a contas de ABANCA. Para todas as demais tarifas, podes consultar o documento de prezosVer o ficheiro PDF nunha nova ventá
