Recomendacións de seguridade para a banca electrónica

A nosa banca electrónica é unha das máis seguras do mundo, pero sempre pode haber quen tente enganarte. Para evitalo dámosche estes consellos:

1. Escribe ti mesmo o enderezo da web

Escribe o enderezo de ABANCA directamente na barra do teu navegador: https://bancaelectronica.abanca.com. Non accedas nunca á banca electrónica través de ligazóns que aparezan en correos electrónicos nin noutras webs.

ABANCA nunca che vai escribir correos desde os que teñas que acceder á web de banca electrónica. Así que se alguén o fai, non somos nós.

2. Utiliza sempre unha rede segura

Accede sempre que poidas desde o computador da túa casa ou dende o traballo, ou sexa, desde unha rede en que poidas confiar e que só uses ti ou a túa familia. Evita facelo desde cibercafés ou outros computadores públicos.

3. Ao rematar, pecha a sesión

Cuando acabes de facer as túas xestións bancarias na web de banca electrónica, pecha a sesión antes de cerrar a lapela do teu navegador. Pechar a sesión é desconectarte como usuario/a. Se non o fas, alguén que empregue o mesmo computador logo ca ti pode acceder á banca electrónica cos teus contrasinais.

Ademais, para evitares estes despistes, a nosa web de banca electrónica desconéctase automaticamente se ve que levas uns minutos sen facer ren.

4. Actualiza o navegador de cando en vez

Mantén actualizado o navegador para que este incorpore as últimas melloras de seguridade. Para facelo, visita a web do teu navegador e descarga as últimas versións. É rápido e a túa experiencia de internet mellorará moito.

5. Mantén o computador libre de virus

Conserva tu computador limpo e san cun software antivirus. Evita tamén navegar por zonas da web pouco seguras, como páxinas das que non coñezas quen é o autor, ou este non che ofreza seguridade.

6. Contáctanos en caso de duda

Se tes algunha dúbida sobre unha web que parece de ABANCA, ou se ao acceder che solicitan máis chaves das habituais, por favor, chámanos ao 902 121 314 ou ao 981 910 522. Máis vale unha consulta a tempo que andar a laiar despois.