Política de privacidade
- Política de privacidade
- Política de privacidade de clientes
- Política de privacidade de sistemas de videovigilancia
- Política de privacidade de aplicacións móbiles
- Política de privacidade de ABANCA Vida y Pensiones
- Política de Privacidad ABANCA Seguros Generales
- Política de privacidade de ABANCA Gestión de Activos
- Política de privacidade de EPSV
POLÍTICA DE PRIVACIDADE ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A
A continuación informámoste do réxime de protección de datos aplicable a este Sitio Web, independentemente de que sexas ou non cliente de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”). No caso de que xa sexas cliente de ABANCA, ou se deixaches os teus datos persoais nalgún proceso de contratación ou solicitude dalgún dos nosos produtos ou servizos, existe outro documento que contén a privacidade de datos de clientes que debes ler con atención.
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”), con NIF A-70302039 e domicilio social en Betanzos (A Coruña - España), R/ Cantón Claudino Pita, nº 2, CP 15300.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (en diante, tamén “DPD” ou “DPO”), co que poderás contactar, se o precisas, para obter máis información sobre calquera dos puntos incluídos na nosa Política de Privacidade e para facerlle chegar as túas dúbidas, consultas ou reclamacións relacionadas co tratamento dos teus datos persoais, a través do enderezo de correo electrónico privacidade@abanca.com.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
Debemos diferenciar entre as fontes das que proceden os teus datos persoais e as categorías de datos persoais que tratamos:
2.1. Fontes das que proceden os teus datos persoais
-
Datos facilitados por ti de forma directa a través dos formularios de acceso que existen na nosa páxina web (p.ex., acceso á área de cliente).
Ademais, cando visitas este Sitio Web, os nosos servidores almacenan, de forma estándar, información como, p.ex., o enderezo IP e o dominio desde o que se obtén o acceso, a data ou a hora da visita. Por outra banda, certas funcionalidades do noso Sitio Web requiren que facilites información adicional a través do correspondente formulario (p.ex., para solicitar información personalizada sobre os nosos produtos ou servizos, para solicitar unha cita en oficina ou para contactar co Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA). Ditos formularios irán acompañados da correspondente Política de privacidade que resulte aplicable ao tratamento dos datos requiridos nos mesmos.
-
Datos xerados sobre ti derivados da propia xestión, desenvolvemento e mantemento da relación precontractual ou contractual que teñas con ABANCA (incluídas as relacións que teñan como causa as consultas e/ou solicitudes que realices a través deste Sitio Web).
Así mesmo, cando navegas polo Sitio Web, poden instalarse no teu dispositivo distintas cookies, tal e como che explicamos na nosa Política de Cookies. Unicamente se instalarán aquelas técnicas ou estritamente necesarias para o funcionamento do Sitio Web (as demais cookies só se instalarán se nos prestas o teu previo consentimento expreso para iso a través do panel de configuración de cookies correspondente).
2.2. Categorías de datos persoais
En ABANCA tratamos distintos tipos de datos persoais coas finalidades indicadas no apartado 3. “Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?” desta Política de Privacidade.
Co propósito de que dispoñas de información clara e detallada ao respecto, agrupamos os datos persoais que tratamos nas seguintes categorías:
- Datos identificativos: documento de identidade (DNI, pasaporte ou NIE).
- Datos de navegación e comportamento en liña: enderezo IP e hábitos de comportamento nas nosas páxinas web (p.ex. cales son as páxinas que visitas ou como navegas polas distintas seccións do Sitio Web) no caso de que aceptases o uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes; os datos sobre o ISP (dominio do provedor que dá acceso á rede) e a data-hora vinculada ao acceso; así como os códigos ou claves que se utilizan para acceder/operar na Banca Electrónica e a identificación física do dispositivo ou dispositivo móbil (p.ex. IMEI).
Informámoste de que non todas as categorías de datos anteriormente sinaladas son utilizadas para todos os tratamentos previstos nesta Política de Privacidade. No seguinte apartado 3. (“Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?”), no que se describen os diferentes tratamentos de datos realizados por ABANCA, con indicación das súas finalidades e as súas bases xurídicas de lexitimación respectivas, detállase que concretas categorías de datos son utilizadas para cada un deses tratamentos.
Ademais, informámoste de que cando no seguinte apartado 3 se asocia unha categoría de datos persoais a un tratamento determinado, non quere dicirse que todos e cada un dos datos incluídos nesa categoría vaian utilizarse sempre que se realice dito tratamento. En efecto, e por aplicación do principio legal de minimización de datos, tales datos persoais utilizaranse só na medida en que, en función das circunstancias de cada caso concreto, resulten axeitados e pertinentes para cumprir coa finalidade asignada nesta Política de Privacidade ao tratamento correspondente.
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos?
ABANCA poderá tratar os teus datos persoais para:
-
Permitir a navegación polo Sitio Web. Dito tratamento dos teus datos, polo tanto, é necesario para a execución da túa solicitude de navegación ao acceder a este Sitio Web.
Para a consecución desta finalidade poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos de navegación e comportamento en liña.
-
Proceder ao teu acceso como cliente á Banca Electrónica de ABANCA, no caso de que accedas á “Área cliente” do portal principal (https://www.abanca.com), e xestionar as relacións que se orixinen con motivo da túa condición de usuario rexistrado. Ademais, como cliente, ché achega a Política de Privacidade de clientes, na que se recollen de forma detallada os diferentes tratamentos que pode realizar ABANCA e os datos persoais que poden ser utilizados para cada finalidade. A base de lexitimación do tratamento dos teus datos será, en consecuencia, a tramitación e xestión tanto da túa solicitude de acceso, como das consultas, solicitudes e/ou operativa que realices a través da Banca Electrónica na túa condición de usuario rexistrado.
Para a consecución desta finalidade (acceso como cliente á Banca Electrónica de ABANCA) poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos identificativos e Datos de navegación e comportamento en liña.
-
No suposto de que aceptases a descarga de cookies segundo o disposto na nosa Política de Cookies, para: i) analizar a navegación realizada; ii) personalizar o contido do Sitio Web; e iii) realizar publicidade comportamental.
Para a consecución desta finalidade poderemos tratar os datos persoais correspondentes ás seguintes categorías detalladas no subapartado 2.2. (“Categorías de datos persoais”) da presente Política de Privacidade (sen prexuízo da aplicación do principio de minimización dos datos persoais conforme ao que se indica nese mesmo subapartado 2.2): Datos de navegación e comportamento en liña.
-
Anonimizar os teus datos de navegación e comportamento en liña para xerar datos estatísticos anónimos. Para iso, utilizamos ferramentas avanzadas de análise que nos axudan a recompilar e anonimizar información sobre aspectos clave da interacción dos usuarios no Sitio Web. Isto significa que convertimos dita información en datos estatísticos que non te poden identificar de ningunha maneira. Para protexer a túa privacidade, asegurámonos de que as ferramentas avanzadas de análise que utilizamos cumpren coa normativa aplicable en materia de protección de datos vixente en cada momento.
Neste sentido, os datos estatísticos anonimizados que obtemos son tratados sobre a base do interese lexítimo de ABANCA e unicamente para as seguintes finalidades: (i) mellorar a túa experiencia no Sitio Web de maneira que analizamos a información para entender como interactúas no Sitio Web e así optimizar o seu deseño e funcionamento; (ii) medir o rendemento das campañas que levamos a cabo e estratexias en liña para ofrecerche un mellor servizo; e (iii) ofrecer unha experiencia adaptada ás necesidades dos usuarios. Non utilizamos esta información para identificarte persoalmente nin compartimos estes datos anónimos con terceiros.
-
Para as finalidades e coa lexitimación que se indiquen nas Políticas de privacidade dos respectivos formularios web de recollida de datos persoais. Con carácter previo á recollida de datos, informarémoste sobre o tratamento que poderemos efectuar dos datos que facilites a través de ditos formularios, así como sobre as categorías de datos utilizadas.
No seu caso, a través dos citados formularios ABANCA poderá recoller o teu consentimento para remitirte ofertas e promocións por calquera canle electrónica ou non electrónica, de carácter xeral ou adaptadas ao teu perfil, sobre os produtos ou servizos ofrecidos ou comercializados por ABANCA ou polo resto das Empresas do Grupo Económico de ABANCA -cuxas actividades comprenden as de tipo financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento inmobiliario, de formación e de márketing e de servizos de consultoría e asesoramento-, así como de empresas colaboradoras que ofrezan produtos ou servizos financeiros, de seguros, de lecer, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas, servizos e produtos de consumo persoal, etc. En calquera momento poderás revogar o teu consentimento de forma gratuíta mediante o envío dunha mensaxe a bajas@abanca.com ou a atencioncliente@abanca.com.
4. Con quen compartimos os teus datos?
Os datos persoais que nos facilitas na túa navegación polo Sitio Web ou a través dos formularios de recollida de datos poderán ser comunicados a proveedores de ABANCA (denominados encargados do tratamento) para a prestación de determinados servizos en nome e por conta de ABANCA. A este respecto, informámoste que seguimos uns criterios estritos de selección de provedores de servizos e subscribimos con cada un deles o correspondente contrato de encargado do tratamento, no que se establecen as condicións de confidencialidade, seguridade e de tratamento de datos conforme á normativa vixente en cada momento.
Sen prexuízo do anterior, informámoste que os teus datos non serán obxecto de cesión a ningún terceiro para que trate os teus datos persoais cos seus propios fins, salvo que exista unha obriga legal aplicable a ABANCA que requira dita cesión de datos a terceiros ou que ti o consintas expresamente.
En relación coas cookies de terceiros, na nosa Política de Cookies poderás consultar os terceiros que reciben datos persoais mediante cookies a través deste Sitio Web.
5. Está prevista algunha transferencia internacional?
Determinadas sociedades que prestan servizos a ABANCA están situadas fóra da Unión Europea, o que implica a realización de Transferencias Internacionais de Datos. Neste sentido, ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axeitadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel axeitado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento dos teus datos persoais, de acordo co disposto na normativa vixente que resulte de aplicación.
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos e os mecanismos de garantía aplicados, podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidade@abanca.com.
6. Por canto tempo conservades os meus datos?
Os datos persoais serán conservados exclusivamente durante o prazo necesario para: i) permitir a túa navegación polo Sitio Web, xa sexa como usuario rexistrado ou como usuario xeral; ii) analizar a túa navegación, manter a personalización do Sitio Web ou realizar publicidade comportamental (unicamente se aceptaches a categoría de cookies correspondente conforme ao disposto na nosa Política de Cookies); iii) tramitar as solicitudes de produtos, servizos ou información que, no seu caso, formules a través do Sitio Web; e iv) manter, desenvolver e controlar as relacións de negocio que poidamos establecer como consecuencia das túas solicitudes.
No momento en que deixen de ser necesarios para as finalidades para as que foron recollidos, os datos serán bloqueados conforme ao disposto na normativa aplicable, o que implica a identificación e reserva dos datos, adoptando medidas técnicas e organizativas para impedir o seu tratamento, excepto para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, a efectos da atención ou esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só durante os prazos de prescrición legal das mesmas.
7. Cales son os meus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais:
- Dereito de acceso. Podes coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
- Dereito de rectificación. Podes solicitar a modificación dos teus datos cando estes sexan inexactos ou incompletos.
- Dereito de portabilidade. Podes obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
- Dereito á limitación do tratamento. Podes solicitar a limitación do tratamento dos teus datos persoais cando se cumpra algunha das condicións recollidas na lei:
- Cando impugnes a exactitude dos teus datos persoais, durante o prazo no que ABANCA comproba a exactitude dos mesmos;
- Cando o tratamento é ilícito pero te opoñas á supresión dos teus datos;
- Cando ABANCA non precise tratar os teus datos pero ti os necesites para o exercicio ou a defensa de reclamacións; e
- Cando te opuxeses ao tratamento dos teus datos realizado para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.
- Dereito de supresión. Podes solicitar a supresión dos teus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
- Dereito de oposición. Podes solicitar que non tratemos os teus datos persoais (p.ex. para o cesamento do envío de comunicacións comerciais dos nosos produtos) e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados. Así mesmo, podes solicitar o cesamento nos tratamentos amparados no interese lexítimo de ABANCA, nese caso deixaremos de tratar os teus datos, salvo que acreditemos motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que poidan prevalecer sobre os teus dereitos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es).
Para o exercicio de calquera destes dereitos, debes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, CP 15003, A Coruña; ou de correo electrónico a: atencioncliente@abanca.com.
Na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) podes atopar unha serie de modelos que che axudarán no exercicio dos teus dereitos.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, no prazo legal dun (1) mes a partir da recepción do teu escrito. Dito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses en caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. Neste último caso, informarémoste da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.
- Política de privacidade
- Política de privacidade de clientes
- Política de privacidade de sistemas de videovigilancia
- Política de privacidade de aplicacións móbiles
- Política de privacidade de ABANCA Vida y Pensiones
- Política de Privacidad ABANCA Seguros Generales
- Política de privacidade de ABANCA Gestión de Activos
- Política de privacidade de EPSV