Crea a túa tenda online con 20% de desconto

Se estás pensando en montar unha tenda online, ser cliente de ABANCA pode suporche un 20% menos no importe da tenda. Ou incluso o dominio gratis. E tes un ano de proba!

Palbin, o software para ecommerce enfocado ao mundo das redes sociais, ofréceche creares a túa tenda online cun servizo centrado tanto na web como na súa presenza na maior rede social do mundo: Facebook. Agora con ABANCA podes conseguilo cun 20% de desconto.

Diferentes por algo

A túa tenda, un 20% máis barata con ABANCA

Por ser cliente de ABANCA obterás o 20% de desconto na creación da túa tenda online. Grazas ao noso convenio coa empresa tecnolóxica Palbin, por ser o noso cliente poderás beneficiarte dun importante desconto cando crees a túa tenda online. E incluso podes conseguir o teu dominio gratis.

Con este servizo que che ofrece Palbin, podes comezar a montar a túa tenda electrónica xa mesmo. Non terás cota de rexistro, nin terás que darte de alta fiscalmente antes de empezar a vender. E ademais poderás probar a tenda, durante un mes, de xeito completamente gratuíto, para que vexas o fácil que é.

As tarifas de Palbin non teñen prezos ocultos nin letra pequena. Non deberás ter ningún tipo de permanencia, e o seu servizo de atención telefónica é completamente gratuíto, sen cargos adicionais. E ao que esteas convencido do uso da tenda, poderás seleccionar o plan que mellor se adapte ao que queres vender, e conseguir ata un mes gratis se realizas pagamentos anuais. E se es cliente de ABANCA ademais terás un 20% de desconto no prezo final, en calquera dos plans. Como tamén terás o dominio ao teu nome completamente gratis, nos plans pro e premium.

E engádelle agora o teu TPV virtual

Se vas abrir unha tenda online, co TPV virtual de ABANCA podes ofrecerlles aos teus clientes amellor experiencia de compra posible. O TPV virtual de ABANCA é un medio de pagamento seguro e específico para realizar vendas a través da web, que é o complemento necesario da tenda que che constrúa Palbin. O TPV virtual de ABANCA caracterízase por:

  • Seguridade nos pagamentos: integra os protocolos de seguridade 3D-Secure (Verified by Visa e MasterCard SecureCode) para unha maior seguridade nos- teus cobros por internet.

  • Unha ampla gama de tarxetas: admite VISA, Maestro, Mastercard, AMEX, JCB…

  • Tokenización de operacións: para non pedirlles a tarxeta todas as veces aos teus clientes habituais, cun token tes identificado ao teu cliente e a súa tarxeta para sempre.

  • Xestor de subscricións: disporás dunha completa ferramenta que che permitirá xestionar os pagamentos recorrentes dos teus clientes.

  • Servizo multimoeda: poderán pagarche en dólares, euros, libras, yens, francos suízos… na divisa en que teñan a tarxeta.

  • Soporte técnico especializado 24/7.

  • Pagamentos por email: poderás crear desde o TPV virtual un código para incluír nun email e enviárllelo aos teus clientes. Un pagamento sen complicacións, directo.

Queres saber máis? Infórmate con todo detalle das posibilidades e vantaxes que che ofrece o TPV Virtual de ABANCA.