Características deste financiamento
Multiplica as túas vendas dividindo os pagos
Podes fraccionar as compras dos clientes que utilicen tarxetas de crédito ABANCA de forma instantánea e cando ti o decidas. O teu TPV ABANCA trae instalado o servizo APLAZOS, tamén se tes TPV Virtual, unha ferramenta interesante para o teu negocio coa que podes multiplicar as túas vendas e marcar a diferenza coa competencia. E sen risco de impagos xa que nós encargámonos.
Ademais, a través de abancaserfin.comSerás redirixido a outro sitio web poderás ampliar as opcións de financiamento de todos os teus clientes, sexan ou non clientes de ABANCA. Para gozar deste servizo, deberás darte de alta na túa oficina.

Ofrece financiamento co teu TPV ABANCA
Para gozar do servizo APRAZAMENTOS, os teus clientes só teñen que pagar coa súa tarxeta de crédito ABANCA no teu TPV ABANCA, e ti poderás financiarlles as compras a 3, 6, 9, 10, 12, 18, 24 e 36 meses sen xuros para eles (0% TAE).

E todo isto cun custo moi interesante para ti, que variará en función dos meses de aprazamento que elixa o teu cliente para financiar as súas compras: o 1,50% do importe da compra para 3 meses; o 2,50% para 6 meses; o 3,50% para 9 meses, o 3,75% para 10 meses; o 4,25% para 12 meses, o 6% para 18 meses; o 7,75% para 24 meses, e o 9,95% para 36 meses.
Por exemplo, para unha compra de 360€ aprazada en 12 meses, o teu cliente pagaría ao mes unha cota de 30€. O importe total da compra a prazos sería de 360€. TIN 0%, TAE 0%. E o custo do financiamento asumido polo teu establecemento suporía un 4,25% do importe da compra, é dicir, 15,30€.
E lembra que es ti quen decide se quere ou non financiar unha operación!
E aínda máis opcións de financiamento a través de ABANCA Serfin
A través de abancaserfin.com podes ofrecer a todos os teus clientes un servizo de financiamento máis personalizado. Deste xeito poderán financiar todo tipo de compras ata 30.000€ e ata un prazo máximo de 60 meses.

| No teu TPV ABANCA | Desde ABANCA Serfin | |
|---|---|---|
| Importe máximo | O límite da tarxeta | Ata 30.000 € |
| Prazos | Ata en 36 meses | Ata en 60 meses e 85 anos (idade máis prazo de financiamento) |
| Que necesita o teu cliente | Pagarte cunha tarxeta de crédito ABANCA | DNI en vigor e, nalgúns casos, un xustificante de ingresos |
| Quen paga os custos | Ti | Ti, ou o teu cliente, ou entre ambos: ti escolles |
| Que necesitas | TPV | Acceso a internet e unha impresora para o contrato |
| Como o fas | Escollendo a opción de APLAZOS no teu TPV | No teu acceso privadoSerás redirixido a outro sitio web |
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Para accederes á web ABANCA SerfinSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá necesitarás contratar o servizo, gratuíto, na túa oficina ABANCA, onde che proporcionarán un usuario e un contrasinal. Este usuario e o contrasinal son distintos dos que xa tes para a túa web de banca electrónica.
Para ampliar información sobre como financiar aos teus clientes consulta esta guíaVer ficheiro PDF.
Se tes dúbidas sobre as opcións de financiamento, o funcionamiento da web de ABANCA Serfin ou calquera outro tema. Poñemos a túa disposición esta completa guía que resolverá todas as túas dúbidas. Ver ficheiro PDF
Se o prefires tamen podes chamarnos ao 981 910 522 e estaremos encantados de resolver todas as cuestións que se che planteen.
