Asistente persoal 24h
O servizo Concierge ocuparase das súas xestións máis habituais, cando e onde sexa. Xa sexa organizar viaxes, alugar vehículos, reservar hoteis, voos ou restaurantes, en calquera lugar do mundo, e mesmo realizar os recados que precise.
Servizos exclusivos en aeroportos
O servizo Mastercard Airport Security Fast Track ofrécelle acceso prioritario no control de acceso e seguridade do aeroporto, o que lle permitirá reducir o tempo de espera e descansar antes do seu voo.
Ademais, esta tarxeta é a chave de entrada a máis de 1.100 salas VIP de aeroportos en todo o mundo. Atlanta, Dubai ou Bilbao. Non importa o país ao que viaxe, a compañía aérea ou o tipo de billete de avión que teña. Só con amosar a súa World Elite poderá acceder a un entorno cómodo, elegante e con servizos exclusivos.
Mastercard Travel Rewards
Mastercard Travel Rewards é un programa que lle permite obter a devolución parcial do seu diñeiro en compras realizadas nunha selección de tendas, físicas e en liña, nos países estranxeiros adheridos ao programa.
Sáquelle o máximo partido á súa tarxeta
Roaming global
Experiencias únicas
Pague co seu móbil
Seguros gratuítos para as túas viaxes e compras
Só por pagar con esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta(1), de forma totalmente gratuíta.
Seguro de accidentes en transporte público
Seguro de asistencia en viaxes
Seguro de roubo de compras
Seguro de danos en compras
Seguro por uso fraudulento da túa tarxeta
Toda a información sobre os seus servizos exclusivos
Para comezar a gozar das vantaxes do servizo Concierge, isto é o que debe facer:
- Rexístrese no servizo. Despois poderá acceder mediante biometría ou gardar o seu contrasinal para acceder directamente.
- Unha vez acceda ao servizo, poderá iniciar unha conversa co seu asistente, facendo clic no botón de chat.
- En canto acceda, asignaráselle un asistente, que lle preguntará como pode axudarlle.
- O asistente pediralle detalles. Se a consulta é inmediata, o canal máis rápido será o chat. Se non, tamén ten á súa disposición un teléfono ou a web.
- O asistente confirmará a solicitude.
- Recibirá a información desexada a través do canal que establecese.
Pode gozar deste servizo a través da aplicación Mastercard Travel Experiences ou desde a súa web.
- Seleccione o aeroporto, número de pasaxeiros e unha data e franxa horaria.
- Acceda ao pase de Fast Track desde a app ou recíbao no seu correo electrónico.
- No aeroporto, vaia á zona de acceso prioritario no control de seguridade, presente o pase, e listo!
Para comezar a gozar deste servizo, deberá rexistrarse aquíSerás redirixido a outro sitio web e introducir os detalles da súa tarxeta MasterCard para asignarlle unha oferta axeitada ao seu perfil.
Atopará as salas VIP dispoñibles nos aeroportos de todo o mundo en:
Goce de Roaming global a través de FlexiRoam:
- En primeiro lugar, deberá acceder á web https://abanca.flexiroam.com e introducir os oito primeiros díxitos da súa Mastercard World Elite e o seu enderezo de correo electrónico.
- A continuación, faga clic en Verify Eligibility. Xeraráse automaticamente un código de acceso que deberá gardar.
- Para ter acceso á conexión, descargue a App de Flexiroam, rexístrese e introduza o código xerado no paso anterior.
- Por último, deberá seleccionar “install the eSIM now” e, dentro do menú de View My Plans, premer Start Plan para comezar a gozar do roaming.
Canto diñeiro necesitas?
Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.
Canto queres pagar cada mes?
Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.
Como calculamos esta simulación?
A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.
Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.
Servizos exclusivos para investidores
Fondos de investimento
Bróker en liña
(1) Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxesVer ficheiro PDF e do seguro por roubo, furto e dano accidental de compras.Ver ficheiro PDF