O que facemos pola accesibilidade
En ABANCA traballamos para que todas as persoas poidan acceder aos nosos produtos e servizos de forma sinxela, segura e autónoma. Para iso, situamos a accesibilidade no centro da nosa estratexia e avanzamos nun proceso de mellora continua para cumprirmos os estándares máis altos en todas as nosas canles, xa sexan presenciais ou dixitais.

Caixeiros

Web e app

Oficinas
Accesibilidade nos caixeiros ABANCA
Non queremos que ninguén quede atrás. Por iso traballamos para que todos os nosos caixeiros automáticos sexan fáciles de usar para todas as persoas. Incorporamos novas funcións que fan que operar con eles sexa máis sinxelo, cómodo e seguro.
Interface simplificada
A totalidade da nosa rede de caixeiros automáticos ofrece a opción de configurar un menú simplificado, pensado para os que prefiren unha experiencia máis clara e directa.
- Uso máis sinxelo: ideal se tes pouca experiencia dixital ou prefires unha navegación máis intuitiva.
- Letras máis grandes e menos pasos: para que ver e entender cada opción sexa moito máis fácil.
- Configuración directa desde o caixeiro.

Alto contraste
Os contidos dos nosos caixeiros están deseñados especialmente para persoas con discapacidade visual ou sensibilidade á luz.
- Modo de alto contraste: facilita a lectura das instrucións e opcións operativas con cores máis definidas.


Deseño accesible e sostible

Puntos táctiles en braille

Documentación clara
Accesibilidade na web e na app
Tanto as páxinas web coma a app de ABANCA aplican as directrices da normativa nacional e internacional (WCAG 2.0 - Nivel AA) para cumprir con estes estándares e proporcionarlles altos niveis de accesibilidade a todos os usuarios.
Banca móbil inclusiva
O coidado polo detalle e a nosa filosofía de accesibilidade desde o deseño fan que a nosa app sexa intrinsecamente inclusiva, cumprindo cos estándares máis esixentes.
Ademais, traballamos na mellora continua, da man de Illunion, para lograrmos a certificación de calidade en accesibilidade.

Mellora continua da nosa web
Buscamos facilitar a inclusión financeira a través dun deseño accesible da nosa web, en constante evolución, para atender os máis altos niveis en accesibilidade.
Nos últimos anos, renovamos o deseño, implementando mellorías nos tamaños de textos, a nivel de contraste das cores e coa incorporación do dark mode. Ademais, incorporamos un novo widget de accesibilidade, máis visible e sempre presente, e contamos con opcións de navegación mediante tabulador.

Accesibilidade nas oficinas
En ABANCA cremos nun contorno inclusivo onde todos se sintan benvidos e valorados. Por iso, traballamos para que o acceso ás nosas oficinas sexa libre de barreiras, de maneira que os nosos clientes as poidan utilizar de maneira segura e autónoma; e para brindar unha atención de proximidade, en todo momento.
Preto, sen barreiras
O noso compromiso coa accesibilidade universal tamén se materializa nas nosas oficinas:
-
Eliminamos as barreras físicas: as novas oficinas están deseñadas con entradas amplas e interiores espazosos para facilitar a mobilidade.
-
Asistencia personalizada: a noso persoal está capacitado para brindar asistencia personalizada e adaptada ás necesidades individuais de cada cliente.
